Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Outubro, 2018

Novo éxito da Volta ao Cole no CEIP Emilia Pardo Bazán

Un ano máis, un novo éxito na tradicional Volta ao Cole, organizada pola asociación Unoentrecienmil ( https://unoentrecienmil.org/ ) a favor da cura contra a leucemia infantil. Este ano as familias aportaron un euro solidario por cada alumno que participou, ao que se lle engade un euro aportado pola ANPA Milnenos por cada socio renovado este ano, un total de 464 euros adicionais. https://www.laopinioncoruna.es/coruna/2018/10/27/cuatro-colegios-corren-leucemia-infantil/1341843.html Vémonos o ano que ven nunha nova iniciativa solidaria.

VI edición dos Xogos Escolares

A Concellaría de Cultura, Deporte e Coñecemento convoca a VI edición dos XOGOS ESCOLARES. O Xogos Escolares son torneos deportivos dirixidos ao alumnado desde 2º de Educación Primaria até ESO de centros educativos da cidade, e teñen como obxectivo xeral incluír a competición como parte da formación e do desenvolvemento deportivo e persoal do alumnado. Para a edición do curso 2018/2019, que se realizará dende novembro de 2018 a abril de 2019, os Xogos Escolares contarán coas seguintes modalidades deportivas: Baloncesto (Primaria) Balonmán (Primaria) Tenis (Primaria) Xadrez (Primaria) Hockey Sala (Primaria e Secundaria) Atletismo (Primaria e Secundaria) Esgrima (Primaria) Rugby (Primaria e Secundaria) Fútbol Gaélico (Secundaria) INSCRICIÓN DO ALUMNADO Prazo de inscrición: Do 9 de outubro ata o 5 de novembro de 2018, a través da web www.coruna.es/deportes MÁIS INFORMACIÓN Servizo Municipal de Deportes. xogosescolares@coruna.es  ou no teléfono 981 189 800 Ext. 25037

Xornada de Lectura e Comprensión Lectora - Leoben

A Biblioteca Ágora convídavos á segunda edición da Xornada de Lectura e Comprensión Lectora - Leoben.  O 26 de outubro presentan a 5 oradores e dous talleres prácticos que abordan a comprensión lectora dende o punto de vista das ilustracións. O programa atópase en adxunto. Para contactar por correo electrónico ou ao 981 18 98 86.

Colaboradores para participar na IV Edición da Volta ao Cole

O vindeiro venres, día 26 de outubro de 2018, o CEIP participa na IV Edición da Volta ao Cole, e a tal efecto necesitamos colaboradores para os postos de control e seguridade distribuidos polo percorrido. Os interesados enviade un correo a milnenos@gmail.com indicando nome, apelidos e número de teléfono de contacto . Na páxina web do colexio figura a información ao respecto da edición deste curso. PERCORRIDO: Saída polo portalón de entrada ao colexio de educación primaria, xiro á esquerda e baixada pola beirarúa ata a subida polas escaleiras da gardería. Na cima xírase a esquerda e pásase por diante do edificio azul. Continúase pola beirarúa e baixase por diante da tetería, ao final cóllese polo atallo do xardín para dirixirse de novo á entrada ao Centro. O horario previsto de saída do colexio serán as 11:00 h. Grazas pola vosa colaboración.

Escola de Nais e Pais: obradoiro de disciplina positiva

Co comezo do novo curso, a Escola de Nais e Pais arranca de novo . Este ano imos tentar facer obradoiros de temáticas diferentes as do ano pasado, pero como non pode ser doutra maneira, xa que foi moi solicitado, o primeiro obradoiro que ofertaremos será de Disciplina Positiva. Recordámosvos un pouco de que trata a DISCIPLINA POSITIVA. Ofrece respostas e ferramentas prácticas para dirixir os retos diarios dos nosos nenos cara momentos de aprendizaxe para a vida. Baseada na amabilidade e a constancia, céntrase na procura de solucións e o manexo respectuoso das emocións por que ensina e motiva ós nenos a que descubran as súas propias capacidades. Aporta un clima de cooperación nos fogares e nas aulas e guía ós nenos no desenvolvemento de habilidades como o autocontrol, a resolución de conflitos, a empatía e a tolerancia, o respecto por si mesmos e os demais, etc. A poñente será María Soto, facilitadora certificada pola Positive Discipline Association, membro de Disciplina Positiva E

Comezo da actividade Listen & Speak

Hoxe día 4 de outubro empézase a impartir o programa  Listen  and  Speak. No noso centro fórmase un grupo de 3º e 4º de primaria en horario de 16:00 a 17:00 horas os martes e xoves e non hai alumnos/ as suficientes, polo momento, para impartir o segundo grupo de 5º e 6º de 17:00 a 18:00 polo que este segundo grupo queda cancelado ata novo aviso.