O día 16 de setembro xa foron confirmadas todas as actividades que arrincan, así como notificadas todas as familias das actividades canceladas.
A única actividade pendente de confirmación de inscrición é fútbol. Estamos á espera de solución final por parte do Club Deportivo Os Rosales (unificar, aumentar o prezo ou cancelar a actividade) debido ao baixo número de rexistrados. Esperamos ter confirmación canto antes.
Toda a información no apartado de actividades.
O vindeiro 26 de xullo faremos apertura de inscricións das actividades extraescolares. Coma sempre, a preinscrición será para familias socias e debe facerse a través da aplicación. Non esquezades marcar tamén o seguro e a declaración responsable. Atoparedes toda a información das AAEE ofertadas no noso blog e RRSS con anterioridade a abrir o prazo para poder organizarvos. Coma en anteriores anos, a renovación como familia socia será automática, excepto para o alumnado de sexto que xa promocionou. Neste caso non tedes que facer nada, darásevos de baixa de forma automática. Aquelas familias que, non sendo de 6º, non queiran seguir sendo socias da ANPA, deberán enviar un escrito a milnenos@gmail.com antes do 15 de agosto expresando este desexo. Por favor, revisade a información para asegurarvos de que todos os menores están rexistrados no curso que lles corresponde e os datos de contacto das familias están correctos. A alta en comedor, madrugadores e servizo de cambiadores, farase a tr