Suspensión temporal de actividades no pavillón (fútbol, baloncesto e ximnasia rítmica) polas novas restricións
Sentimos comunicarvos que debido ás novas restricións non podemos celebrar as actividades desenvolvidas no pavillón, dado que o Concello non nolo permite.
As actividades afectadas son fútbol, baloncesto e ximnasia rítmica.
Esgrima desenvolverase ao aire libre no cuberto, polo que non se suspende.
Por iso, mañá xoves día 21 esas tres actividades xa non se desenvolverán ata novo aviso. Iremos informando aquí de todas as novidades.
O resto de actividades non se verán afectadas.