Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: 2018

Nova sesión da Escola de Nais e Pais sobre acoso escolar

O mércores 9 de xaneiro comezamos o novo ano con unha charla sobre acoso escolar. Apuntádevos coma sempre a través da aplicación. PREVENCIÓN DO ACOSO ESCOLAR (BULLYING, CIBERBULLYING, ...) Datos das sesións 09/01/2019 18:00-20:00 no SUM (Salón de Usos Múltiples) do colexio Inscrición: só para socios/as. A través da  aplicación do ANPA .  Servizo de canguros para os nenos: alta a través da  aplicación do ANPA . Poñente Patricia Gómez Salgado

Participación de lotería entregada por Jardanay

Informámosvos que coma cada Nadal Jardanay entrega ao ANPA unha participación de Lotería de Nadal de 10 euros do número este ano 47.808. O premio no seu caso integraríase nos fondos do ANPA Moita sorte!

Mercadillo de Nadal o domingo 16 de decembro

O 16 de decembro, de 11:00 a 17:00, na Praza Elíptica do barrio celebrarase o mercadillo de Nadal. Coincidindo ademais coa carreira popular do barrio, haberá música e baile para todos. ¡Animádevos a participar!

3 de decembro, día internacional de persoas con discapacidade

O 3 de decembro é o Día internacional de Persoas con Discapacidade. COGAMI (confederación galega de persoas con discapacidade) e os Bolechas visitaron o noso colexio para continuar sensibilizándonos neste tema e presentarnos á Unidade Didáctica: " Os Bolechas e a discapacidade ". Os nenos e as nenas de 1º e  2º de primaria participaron en obradoiros dende circuitos con obstáculos en cadeiras de rodas ata actividades cos ollos tapados para descubrir os obxectos polo tacto e polo olfacto e tamén facendo chapas e debuxos dos Bolechas. Ligazón á noticia completa

URXENTE: Cambios e cancelacións nas actividades do pavillón xoves e venres

Comunicámosvos que as seguintes actividades ven afectadas polo peche do pavillón este xoves e venres, debido a que se usará para un torneo deportivo. Indicamos xunto con cada actividade o lugar onde se deberá desenvolver. Tédeo en conta para as recollidas e entregas de nenos, xa que en todos os casos realizaranse no patio cuberto do colexio azul. 29 NOVEMBRO (Xoves) Derívase ao patio cuberto do CEIP -  Vóleibol 16:00-17:00 - Fútbol iniciación (2011/12) 16:00-17:00 Cancélase: - Fútbol  benxamín (2009/10) 17:00-18:00 Derívase a actividade ao  SUM (Salón de Usos Múltiples) do CEIP: -  Ximnasia rítmica (1º) 16:00-17:00 -  Ximnasia rítmica (2º a 6º) 17:00-18:00 30 NOVEMBRO (venres) Derívase a actividade ao  SUM (Salón de Usos Múltiples) do CEIP: - Bádminton (6º) 16:00-17:00 Derívase ao patio cuberto do CEIP -  Básket iniciación (2011/12) 16:00-17:00 Cancélanse: -  Básket  benxamín (2009/10) 17:00-18:00 -  Básket alevín (2007/08) 17:00-18:00

Campamento de Nadal 2018 (actualizado)

Debedes pasar polo local do ANPA para encher o díptico de  Fedapas (tamén dispoñible no local), O persoal contratado pola Federación de Anpas (Fedapas) que acudiu a recoller as inscricións "esixe" que o pagamento da inscrición se realice no local en efectivo, polo que debedes ter a dita previsión en conta para evitar ter que pasar dúas veces polo local . As datas e horas de apertura do local son as seguintes: Luns 3 de decembro de 09:00 a 10:00 e 16:00 a 17:00 Martes 4 de decembro de 09:00 a 09:30 e 16:00 a 16:30 Mércores 5 de decembro de 09:00 a 09:30 e 16:00 a 16:30 Dispoñemos de tres períodos de campamento, que podedes seleccionar nas actividades filtrando por “CAMPA” 26,27 e 28 de decembro 2, 3 e 4 de xaneiro 7 de xaneiro Os prezos de todos os servizos están indicados no díptico. Díptico de  FEDAPAS, formulario e información adicional

Mobile Week Coruña

Xuntamos programa da Mobile Week Coruña que vaise celebrar na Coruña e outras localidades. Unha actividade interesante para os nenos, xóvenes e adultos, relacionada coas novas tecnoloxías. https://drive.google.com/open?id=1FfJ449KOGuBIKKgmpbTeV39zc_yl6Enu

Escola de nais e pais do CEE Nosa Señora do Rosario

Desde o Colexio de Educación Especial Nosa Señora do Rosario nos informan da creación da Escola de Nais e Pais do seu centro. Debido a que o colexio tamén funciona como centro de recursos de educación especial da zona, convidamos a participar a aquelas familias interesadas en coñecer o Programa de inclusión social Patios e Parques Dinámicos, na que contaremos coa presencia da súa autora, Gey Lagar. A charla será venres 23 de novembro. Documento informativo  (PDF)

Formación: atención a urxencias sanitarias para familias

A Consellería de Educación, a través da Rede de Formación, están a desenvolverse actividades dirixidas ás familias do alumnado con diversas temáticas e formatos. Entre elas vai levarse a cabo o curso “Atención a urxencias sanitarias para familias”. A temporalización está establecida para levalo a cabo nas datas do 26-27-28 do mes de novembro. En documento adxunto especifícanse todos os datos e características do mesmo. Carta atención urxencias sanitarias nais e pais

Escola de Nais e Pais: menores e internet (22 de novembro)

O vindeiro xoves, 22 de novembro, de 18:00 a 20:00 faremos no colexio unha nova sesión da Escola de Nais e Pais. A temática será " Menores e internet ". Nesta sesión Santiago Reboyras, Inspector do Corpo Nacional de Policía e Xefe do Grupo de Delincuencia Económica e Tecnolóxica, presentará de forma amena as ameazas ás que os nosos fillos están expostos na rede e no uso das novas tecnoloxías. O uso do móbil, internet, as redes sociais, os videoxogos, o ciberacoso, o sexting ou as novas formas de pederastia na rede, supoñen un escenario verdadeiramente incerto e complicado que fai que ás veces non sexamos conscientes de determinados riscos ou, simplemente, que non saibamos ben como responder ante determinadas situacións. A nosa obriga como pais é coñecer as ameazas existentes e as recomendacións para evitar que se materialicen nos nosos menores. A xornada, coma sempre, é gratuita para socios, e teredes á vosa disposición servicio de canguros (tamén gratuíto). Datas: 22/11/20

Novo éxito da Volta ao Cole no CEIP Emilia Pardo Bazán

Un ano máis, un novo éxito na tradicional Volta ao Cole, organizada pola asociación Unoentrecienmil ( https://unoentrecienmil.org/ ) a favor da cura contra a leucemia infantil. Este ano as familias aportaron un euro solidario por cada alumno que participou, ao que se lle engade un euro aportado pola ANPA Milnenos por cada socio renovado este ano, un total de 464 euros adicionais. https://www.laopinioncoruna.es/coruna/2018/10/27/cuatro-colegios-corren-leucemia-infantil/1341843.html Vémonos o ano que ven nunha nova iniciativa solidaria.

VI edición dos Xogos Escolares

A Concellaría de Cultura, Deporte e Coñecemento convoca a VI edición dos XOGOS ESCOLARES. O Xogos Escolares son torneos deportivos dirixidos ao alumnado desde 2º de Educación Primaria até ESO de centros educativos da cidade, e teñen como obxectivo xeral incluír a competición como parte da formación e do desenvolvemento deportivo e persoal do alumnado. Para a edición do curso 2018/2019, que se realizará dende novembro de 2018 a abril de 2019, os Xogos Escolares contarán coas seguintes modalidades deportivas: Baloncesto (Primaria) Balonmán (Primaria) Tenis (Primaria) Xadrez (Primaria) Hockey Sala (Primaria e Secundaria) Atletismo (Primaria e Secundaria) Esgrima (Primaria) Rugby (Primaria e Secundaria) Fútbol Gaélico (Secundaria) INSCRICIÓN DO ALUMNADO Prazo de inscrición: Do 9 de outubro ata o 5 de novembro de 2018, a través da web www.coruna.es/deportes MÁIS INFORMACIÓN Servizo Municipal de Deportes. xogosescolares@coruna.es  ou no teléfono 981 189 800 Ext. 25037

Xornada de Lectura e Comprensión Lectora - Leoben

A Biblioteca Ágora convídavos á segunda edición da Xornada de Lectura e Comprensión Lectora - Leoben.  O 26 de outubro presentan a 5 oradores e dous talleres prácticos que abordan a comprensión lectora dende o punto de vista das ilustracións. O programa atópase en adxunto. Para contactar por correo electrónico ou ao 981 18 98 86.

Colaboradores para participar na IV Edición da Volta ao Cole

O vindeiro venres, día 26 de outubro de 2018, o CEIP participa na IV Edición da Volta ao Cole, e a tal efecto necesitamos colaboradores para os postos de control e seguridade distribuidos polo percorrido. Os interesados enviade un correo a milnenos@gmail.com indicando nome, apelidos e número de teléfono de contacto . Na páxina web do colexio figura a información ao respecto da edición deste curso. PERCORRIDO: Saída polo portalón de entrada ao colexio de educación primaria, xiro á esquerda e baixada pola beirarúa ata a subida polas escaleiras da gardería. Na cima xírase a esquerda e pásase por diante do edificio azul. Continúase pola beirarúa e baixase por diante da tetería, ao final cóllese polo atallo do xardín para dirixirse de novo á entrada ao Centro. O horario previsto de saída do colexio serán as 11:00 h. Grazas pola vosa colaboración.

Escola de Nais e Pais: obradoiro de disciplina positiva

Co comezo do novo curso, a Escola de Nais e Pais arranca de novo . Este ano imos tentar facer obradoiros de temáticas diferentes as do ano pasado, pero como non pode ser doutra maneira, xa que foi moi solicitado, o primeiro obradoiro que ofertaremos será de Disciplina Positiva. Recordámosvos un pouco de que trata a DISCIPLINA POSITIVA. Ofrece respostas e ferramentas prácticas para dirixir os retos diarios dos nosos nenos cara momentos de aprendizaxe para a vida. Baseada na amabilidade e a constancia, céntrase na procura de solucións e o manexo respectuoso das emocións por que ensina e motiva ós nenos a que descubran as súas propias capacidades. Aporta un clima de cooperación nos fogares e nas aulas e guía ós nenos no desenvolvemento de habilidades como o autocontrol, a resolución de conflitos, a empatía e a tolerancia, o respecto por si mesmos e os demais, etc. A poñente será María Soto, facilitadora certificada pola Positive Discipline Association, membro de Disciplina Positiva E

Comezo da actividade Listen & Speak

Hoxe día 4 de outubro empézase a impartir o programa  Listen  and  Speak. No noso centro fórmase un grupo de 3º e 4º de primaria en horario de 16:00 a 17:00 horas os martes e xoves e non hai alumnos/ as suficientes, polo momento, para impartir o segundo grupo de 5º e 6º de 17:00 a 18:00 polo que este segundo grupo queda cancelado ata novo aviso.

Novo aula de robótica grazas á colaboración de Indra

Este curso estreamos aula de robótica, grazas á doazón de equipos feita pola empresa tecnolóxica Indra . A situación da actividade de robótica era crítica pola obsolescencia e mal funcionamento dos equipos dispoñibles para a mesma. Para mostra, un exemplo da aula do ano pasado Agredecemos a colaboración de Indra, de Nuria e Lázaro para as xestións e o transporte do material e do CEIP para a súa preparación e instalación na rede. O resultado o tendes no resto das fotos. ¡Moitas grazas a todos!

Publicada a lista de admitidos do programa Listen and Speak Primaria

Acábase de facer pública a lista de admitidos en Listen and Speak. Importante, a formalización da matrícula debe realizarse no local da ANPA a semán que ven no horario habitual o luns e o xoves. Máis información na seguinte ligazón da web do concello . Listaxe admitidos programa Listen and Speak Primaria  (PDF) Folleto informativo  (PDF)

Xornada Formativa para Nais e Pais no Centro Comercial Os Rosales (28/09/2018)

Organizado polo Centro Comercial Os Rosales e a Asociación Veciñal, Cultural e Deportiva Os Rosales celebrarase unha xornada formativa gratuíta para nais e pais sobre “Como afrontar a Volta ao Cole co noso fillos”, na que se tratarán aspectos sobre como utilizar a intelixencia emocional. Xornada práctica formativa impartida pola especialista en Psicoloxía Positiva aplicada Marta Gómez Montero. Venres, día 28, ás 19:00 horas na aula de cociña situado na Planta alta xunto a Correos. Necesaria a inscrición previa no 981128118. Prazas limitadas.

Grupos de alumnado e entrega anticipada de material

O CEIP Emilia Pardo Bazán ven de publicar na súa páxina web novidades sobre inicio de curso: Datas de entrega do material escolar do alumnado de educación infantil e primeiro ciclo de educación primaria. Grupos de alumnado no curso escolar 2018/19

Horario do local

Abriremos o local excepcionalmente SÓ para novos socios e socias o luns 10 de 10 a 12 da mañá. A partir do día 12 o horario do local do Anpa será o mesmo que o ano pasado  (luns de 4 a 5 e xoves de 9 a 10)

A volta ao cole

Indicámosvos información interesante a falta de poucos días para a volta ao colexio. O perídodo do campamento de setembro é dende o luns 3 ao luns 10 (só quedan 2 prazas vacantes). Achegamos cronograma das actividades do mesmo no PDF adxunto O curso escolar empeza o mércores día 12 En breve informarase de todas as actividades que arrincan e da información máis relevante para iniciar o curso Cronograma de actividades do campamento de setembro

Unidos pola cura da leucemia infantil

Este ano seguiremos co noso compromiso dende o ANPA coa ONG Unoentrecienmil . Despois das vacacións ampliaremos información sobre a volta ao cole contra a leucemia infantil.

Programa Listen and speak

Achegamos folleto sobre o programa Listen and speak, con información sobre os horarios e días, recordando que a partir deste próximo luns poderá facerse a inscrición. Os folletos en papel serán enviados pola Federación de ANPA, que conta que nos próximos días podan estar entregados en todos os centros participantes. Folleto Listen and speak

Representantes do Concello visitan as obras de reforma da zona de xogos do colexio azul

O alcalde, Xulio Ferreiro, visitou esta mañá, xunto á e ao edil de Xustiza Social, Silvia Cameán, e de Rexeneración Urbana, Xiao Varela, o centro Emilia Pardo Bazán, onde as obras de renovación comezaron a semana pasada. Máis información á nova en www.coruna.gal .

Exhibicións AAEE fin de curso

Grazas a todos os asistentes ás exhibicións de actividades extraescolares de fin de curso e grazas a todos os monitores polo gran esforzo realizado este ano. ¡Feliz verán a tod@s!

Listados provisionais de bolsas de comedor

A próxima semana, a partir do día 27 de xuño, a lista provisional de admitidos/as e excluídos/as estará dispoñible para a vosa consulta: Nas oficinas dos rexistros municipais situados na Praza de María Pita, nº 1, no Fórum Metropolitano (Rúa Río de Monelos, nº 1) e no Centro Ágora (Lugar dá Gramela, nº 17).  Nos taboleiros de anuncios dos Centros Cívicos Municipais. Na dirección web do taboleiro de anuncios e edictos do Concello ( https://sede.coruna.gob.es/opensiac/action/infopublica?method=enter&edictos=true ) Na páxina web municipal da área dos servizos sociais municipais (www.coruna.es/serviciossociales) e No teléfono de información cidadá 010. Na lista de excluídos/as indicaranse as familias ás que se lle require documentación, as que teñen a documentación completa, e as que teñen a bolsa denegada e o motivo da mesma. Nos casos de requerimento da documentación, os interesados teñen un prazo máximo de 10 días hábiles para emendar a documentación requirida, advertíndos

Vacantes en campamento

Sobre as vacantes de prazas en campamentos, informámosvos que as 3 primeiras semanas están esgotadas e que nas 3 semanas seguintes a situación actual é a seguinte (partindo de máximo de 45-50 prazas):     16-20 de xullo: 44 prazas ocupadas     23-31 de xullo: 42 prazas ocupadas     3-10 de setembro: 46 prazas ocupadas O prazo para estas semanas estará aberto ata a semana anterior ao comezo de cada unha das 3 semanas aínda con vacantes (para socios a través da aplicación, para non socios no local ou por  mail)

Información sobre o peche de actividades extraescolares e exhibicións

As actividades do Concello rematarán o día 31 de maio (non resultando aplicable ao noso centro) As actividades do Anpa continuarán ata o XOVES 21 DE XUÑO (incluído). O venres 22 non haberá actividades e preparase o colexio azul para o campamento de verán As exhibicións de CLAUSURA (e partidos de pais/nais contra fillos/as en fútbol e baloncesto) serán nas seguintes datas, no horario habitual da clase: Fútbol Iniciación: luns 18 de 16 a 17 hs Fútbol Benxamín: mércores 20 de xuño, de 16 a 17h Fútbol Alevín: mércores 20 de xuño, de 17 a 18h Baloncesto: Partidos de pais/nais contra fillos/as: todas as categorías, venres 15 de xuño de 16 a 18 hs (BASKET INICIACIÓN de 4 a 5; BASKET BENXAMIN E ALEVIN de 5 a 6) Badminton: pais/nais contra fillos/as, martes 19 de xuño de 16 a 17 hs Ximnasia: Exhibición no pavillón deportivo, o xoves 21 de xuño ás 4:30 (NA PISTA CENTRAL) Patinaxe: luns 18 de xuño de 16:00 a 18:00 para os grupos de luns e mércores 20 de xuño, de 16 a 18 hs

Xornada de Portas Abertas do Centro Oceanográfico da Coruña

Será este próximo sábado 16 de xuño no Centro Oceanográfico da Coruña. É unha xornada adicada á divulgación das actividades científicas que alí se realizan e que o público poderá coñecer a través de diferentes obradoiros ao longo do día relacionados co mundo do océano. Tamén haberá actividades para os nenos, e os concursos de debuxo e de reciclaxe de lixo mariño coa que poderán gañar diversos agasallos. Ademais, haberá agasallos directos para todos os nenos que completen a ruta dos diversos talleres temáticos.

Ciberseguridade no contorno educativo (18 de xuño)

No Centro de Formación e Recursos (CFR) da Coruña vai celebrarse a última sesión da actividade de formación do profesorado “A educación a debate” que, como sabedes, están abertas para nais e pais dado o interese que teñen as temáticas que se tratan. Esta última sesión será:"CIBERSEGURIDADE NO CONTORNO EDUCATIVO" Lugar : Salón de Actos no edificio da UNED, r/ Educación, 3 Data e hora : luns 18 de Xuño de 18:30 h a 20:30 h. Relatores : Victor Salgado Seguín (Pintos & Salgado “Avogados”) Privacidade nas redes sociais  Octavio Sucasas Noval (Aseduc “Educador”): Internet: Anxo ou Demo

Escola de Verán da OMIC para nenas e nenos de 4 a 10 anos

Dende a Oficina Municipal de Información ó Consumidor/a (OMIC) nos informan dun programa educativo totalmente gratuito que se desenvolverá do 2 ó 30 de Xullo nas Aulas da OMIC (R/ Costa da Palloza, nº8, A Coruña) conformado por actividades lúdicas e educativas arredor do Consumo Responsable. Haberá dúas quendas de participación do 2 ó e do 16 ó 30 de Xullo. E en cada quenda haberá dous grupos de nenas e nenos (de 4 a 6 anos e de 7 a 10). E o horario será de 9:00 a 13:30. A preinscrición será do 11 ó 21 de Xuño e o 22 realizarase o sorteo de prazas. Para preinscribirse hai que entrar na páxina www.coruna.es/omic Para máis información podedes chamar ó 981.189.920 ou escribir un correo electrónico a omic@coruna.es Descarga da información práctica Descarga do cartel

Gala de fin de curso do Clube Rítmica Milenium

Comunicamos a celebración da gala de fin de curso do Club e Rítmica Milenium, onde invítase a participar aos alumnos e alumnas da actividade extraescolar de ximnasia rítmica. Realizarase o domingo 17 de xuño en xornada de tarde.

Actividade "A educación a debate"

O mércores 6 de xuño, no Centro de Formación e Recursos (CFR) desenvólvese a actividade de formación do profesorado "A educación a debate", aberta a nais e pais. Carta do director

Comunicado de CONFAPA sobre as reválidas

Remitimosvos no arquivo adxunto o modelo de xustificante de ausencia a clase no día de celebración das reválidas, así como o comunicado de CONFAPA coa valoración e posicionamiento sobre estas probas. Comunicado de CONFAPA Xustificación de ausencia

Evento en la biblioteca: BARRIO OS ROSALES, TI VALES

Prepárate para facernos gozar das túas habilidades artísticas en 5 minutos + 2 minutos para preparación da actuación e escenario! Onde e cando? Biblioteca Municipal Os Rosales 25 de maio ás 18 h Quen pode participar? Calquera membro da familia de todas as idades. Se queres mostrar as túas habilidades en grupo, máximo 3 persoas. Como participar? Cubrir unha “folla de habilidades”, a partir do 2 de maio ata o 12 de maio, dispoñible nos mostradores da biblioteca. Esperámoste!

Solicitude de postos no mercadillo do 27 de maio

A continuación detallámosvos a información sobre o mercadillo que se celebrará o 27 de maio no barrio dos Rosales. DATA. domingo 27 de maio LUGAR: no mesmo parque!  (esperemos que non chova!) Achegamos as bases e o modelo de solicitude, que debedes enviar cuberto en caso de estar interesados. Indicade a lonxitude do voso posto e enviaranvos a localización. DIFERENZA CON ANOS ANTERIORES: Non podemos marcar os postos ata que limpen a zona porque a noite anterior hai concerto, Non se poderá acceder ata as 10.00, que será cando se remate de marcar onde vai cada número de posto. A cambio vos  podeis quedar máis tempo durante o día. Bases do rastrillo 2018 Formulario de solicitude Ligazón a Facebook: https://www.facebook.com/rosales.asociaciondevecinos/photos/a.819839861457116.1073741831.812129775561458/1656522077788886/?type=3&theater

Data de fin de natación escolar

O Servizo municipal de Deportes informa que na semana do 28 ao 31 de maio finalizarán as actividades de NATACIÓN ESCOLAR, polo que esa semana será de portas abertas, para que os pais que desexen, poidan ir presenciar as clases de natación no horario habitual.

Pandeireta e baile moderno o 2 e 3 de maio

Cara a celebración da XXII Mostra de Actividades Culturais do Fórum Metropolitano, como xa vos avisaron os monitores, as actividades nas que participamos na mostra son as seguintes: Pandeireta e baile tradicional: mércoles 2/05/2018, 18:15-19:15 Baile moderno infantil e primaria: xoves 3/05/2018, 17:00-18:00 Ese día as dúas actividades indicadas non se imparten, xa que o monitor e os alumnos estarán na Mostra facendo gala das súas dotes artísticas. Polo tanto, tende en conta: Serán as nais e pais os que deben levar aos nen@s ao Fórum Metropolitano Haberá que estar no recinto media hora antes da representación En baile moderno non hai ningunha vestimenta especial Normas xeráis O público non poderá entrar ou saír do auditorio até a finalización do bloque, xa que o que se pretende é ver as actuacións que presentan outras ANPAS cos seus nenos e nenas, non só as do noso centro. Por razóns de seguridade e en cumprimento da normativa vixente, non se permite a entrada dos carros

Actividade "A educación a debate"

No Centro de Formación e Recursos (CFR) da Coruña continúan có desenvolvemento da actividade de formación do profesorado “A educación a debate”. Esta actividade está aberta para nais e pais dado o interese que para eles teñen as temáticas que se tratan. A vindeira sesión será: "RELACIÓN FAMILIA E ESCOLA, UNHA COMUNICACIÓN NECESARIA" Lugar: Salón de Actos no edificio da UNED, r/ Educación, 3 Data e hora: Luns, 24 de abril, de 18:30 a 20:30. Relatores: Santiago Sobrino Josenje (Inspector de Educación) Marta Peña Area (Orientadora IES Miraflores - Oleiros) María Victoria Suárez Taibo (Directora CEIP Recimil - Ferrol)

Plantacións de árbores dirixidas a familias con nenos e nenas entre 6-12 anos

Dende a Concellería de Medioambiente do Concello da Coruña nos informan das plantacións de árbores dirixidas a familias con nenos e nenas entre 6-12 anos, que se celebrarán nos próximos días, por se fora de interese. Nas plantacións farase un pequeno obradoiro coas familias participantes de 45 min de duración, e cada familia adoptará algunha das árbores que se planten. Para participar, só hai que enviar cumprimentando a inscrición que se achega adxunta ao correo medioambiente@coruna.es É importante que se indique a zona verde onde queren participar. Parque de San Diego - Xoves, 5 de abril – ás 17.00 Praia das Lapas - Venres, 6 de abril – ás 17.00 O Ventorrillo - Sábado, 7 de abril – ás 12.00 Labañou - Xoves 12, de abril – ás 17.00 Xardíns Maestranza – Venres, 13 de abril – ás 17.00 Paseo do Parrote. Peirao das Ánimas - Sábado, 14 de abril – ás 12.00 Moitas grazas pola vosa participación

Bolsas de comedor 2018/2019

O Concello de Coruña convoca as bolsas de comedor para o curso  2018/2019 Ligazón: http://bop.dicoruna.es/bopportal/publicado/2018/03/15/2018_0000002009.pdf Prazo de presentación: 10 días hábiles dende a publicación no BOP

V Gala Internacional de Patinaxe Artistico

Desde a Federación Galega de Enfermidades Raras, despois de catro anos, volven organizar a V Gala Internacional de Patinaxe Artistico! Este ano celebrarase o domingo 18 de marzo no Palacio dos Deportes da Coruña ás 17:00 h. Coa presenza de Campións do Mundo nas modalidades de individual masculino, feminino e parellas mixtas, Campións de Europa, Campións de España e grupos show, non vola podedes perder! Podedes adquirir as vosas entradas na web de  Fegerec (10€) (www.fegerec.es) na sede ( C/ Solis s/n A Coruña,  Eiris de Arriba,  detras do  CHUAC), ou nos teléfonos: 981 234 651 | 691 011 855 Tamén poderedes adquirilas en Tenda Skate& Roller ( R/San Francisco, 21) e en Gravados  Fg ( R/Juan Montes, 28), ademais a semana do 12-17 de marzo estaremos no CC 4 Camiños! A recadación  destinarase ao programa sociosanitario que a Federación ofrece a persoas  que padecen unha enfermidade rara.

Recuncho do Xogo en Semana Santa nos centros cívicos municipais

Actividades lúdicas para nenos e nenas de 4 a 12 anos, que se realizarán nos centros cívicos municipais durante os días 26, 27 e 28 de marzo de 2018. Horario xeral: de 10:00 a 13.30 h. Nos Centros Cívicos de Artesanos, Labañou e Novoboandanza, Palavea, Cidade Vella, Santa Margarita, Pescadores, San Diego, Eirís, Sagrada Familia, Elviña e A Silva Horario ampliado: de 9.00 a 14.30 h. O horario ampliado so se realizará nos centros de Castrillón, Mesoiro, Monelos, Monte Alto, Mallos e Rosales. Precio público da Actividade Horario xeral: 7 € Horario ampliado: 11 €    Preinscrición: 3, 5 e 6 de marzo (sábado, luns e martes) Horario preinscrición: de 11:00 a 13:00 h e de 17:00 a 20:00 h Sorteo: 6 de marzo  ás 20:15 h, en cada centro cívico. Exposición pública de listados de admitidos/as e de reservas: o día 19 de marzo Inscrición: 20, 21 e 22 de marzo  no mesmo horario que a preinscripción. Para nenos e nenas con necesidades educativas especiais ou discapacidade, en grao que non lles impida

Proceso de admisión 2018/2019: Información para as famlias

Xornada de Portas abertas curso 2018/2019: O luns 5 estaremos no Salón de Usos Múltiples  de 4 a 6 da tarde para resolver as dúbidas das futuras familias  do CEIP Nesta entrada fixaremos a información relevante para o proceso de admisión para o Curso 2018/2019. Iremos completandoa progresivamente: - Información normas admisión concello A Coruña/Xunta:  ENLACE NORMAS - Información dirección  CEIP:  ENLACE CEIP - Memoria de Actividades directiva Anpa 2015/2017:  ENLACE MEMORIA INFO ACTIVIDADES ANPA: - Madrugadores: 7:30 a 9:00 ( http://anpamilnenos.blogspot.com.es/p/comedor-e-madrugadores.html ) - Comedor: de 14:00 a 16:00 ( http://anpamilnenos.blogspot.com.es/p/comedor-e-madrugadores.html ) - Cota anual do Anpa (15 euros) - Cota actividades (en xeral 12 euros/mes para actividades de 1 día - 16 euros/mes para actividades de 2 días) - Actividades Extraescolares: de 16:00 a 18:00 - Xestión en liña de todos os trámites para actividades, madrugadores e comedor - Actua

Cambio no menú do xoves 15

Para a volta da festividade de entroido, Xoves 15, procedeuse a un cambio no menú. Os nenos e nenas gozaran do seguinte menú: 1º Prato: Crema de Verduras 2º Prato: Pescadilla á romana con xudías ao forno Sobremesa: Froita

Cambio no menú do venres 9

Jardanay infórmanos dun cambio no menú dos nenos para mañá Venres 9 de Febreiro. O cambio só afecta ao primeiro prato, polo que os nenos e nenas poderán gozar do seguinte menú: 1º Prato: Pasta con tomate 2º Prato: Pescada rebozada con ensalada de leituga e tomate Postre: Iogur

Gañadores Concursos carteis 2018

En primeiro lugar, moitas gracias a todos/as os participantes. Os premios entregaranse o venres na festa. Os traballos premiados son: Na categoría de 3º a 6º de Primaria: Elena Guillamón Nieto Na categoría de Infantil e 1º e 2º de primaria: Uxía Iglesias Ferreirós

Normas de inscripción festa de Entroido 9 de febrero

DATA: 9 DE FEBREIRO Pavillón de Cocheras-Labañou (17:00 a 20:00) 1.- A inscrición na actividade da festa realizarase en primeiro lugar a través da aplicación informática a partir de mañana venres día 19 de xaneiro (buscando a palabra "entradas" localizarédelas rápidamente) Hai 2 ACTIVIDADES NA QUE PODEN INSCRIBIRSE AS FAMILIAS. Unha vez inscritos, enviarase un mail a cada Familia que servirá de entrada (identificará nominativamente e deberá levarse o día da festa) en función da modalidade elixida: unha invitación que incluirá aos nenos/as socios e a un titor/a ou, unha invitación que incluirá aos nenos/as socios e a DOUS titores/as Se os titores que os acompañen á festa non fosen os designados na actualidade (pai/nai), debedes avisar ao Anpa por mail Debido a que este curso o noso número de nenos/as socios excede de 470 (e máis de 800 pais/nais) e o aforamento do pavillón é inferior a 500, non poderán participar familias non socias nin doutros centros educativos 2.- O r

Xogos Escolares, Curso 2017-2018

A Organización dos Xogos Escolares, Curso 2017-2018, infórmanos do comezo da V Edición da competición, que se desenvolverá nas modalidades de: ​​​  ​Atletismo (pendente data de inicio)  Baloncesto  Balonmán  Esgrima  Hockey Sala  Tenis  Xadrez A semán prevista para o comezo das actividades, será a do luns 22 de xaneiro de 2018, excepto a modalidade de Atletismo, pendente de data, á espera da finalización das obras de mellora na Pistas Universitarias de Elviña. Nos próximos días, informarase dos distintos Calendarios e Regulamentos da Competición. Lembrámoslles que toda a información respecto diso, poderana consultar e descargar na páxina web municipal, accedendo á seguinte ligazón: Xogos Escolares 2017-2018

Preinscripción para as actividades de xaneiro a maio nos centros cívicos

Informamos que a preinscrición para as actividades de xaneiro a maio nos centros cívicos comeza hoxe día 8 de xaneiro e finaliza o 10 de xaneiro no horario que se indica no folleto. Podedes consultar os folletos informativos a continuación. Boletín Os Rosales Boletín Pescadores Boletín Labañou