Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Marzo, 2021

Reclamación da vacinación do persoal non docente nos centros escolares públicos

Coma sempre, os 240 alumnos que asisten a actividades extraescolares e os 300 de comedor non parecen importarlle ás autoridades dentro das súas competencias.  Agradeceríamos a máxima difusión para defender os nosos dereitos e a seguridade da nosa contorna educativa. Reclamación á Consellería de Educación  Descargar o PDF Contestación da Consellería de Educación Descargar o PDF Reclamación á Consellería de Sanidade Unha vez coñecimos a inclusión  dos traballadores nos Centros Escolares nos procesos de vacinación,  decatámonos con sorpresa, preocupación e tristura que,  unha vez máis, enténdese que o persoal que atende aos nosos fillos e fillas no tempo de xantar e de actividades extraescolares non son considerados "persoal esencial" pola Consellería de Educación. Isto significa que, a diferenza dos Centros concertados no que sí están sendo vacinados  como persoal non docente, os nosos educadores, porque esa é a denominación correcta, non son considerados persoal dos Centros m

Eleccións 2021. Lista definitiva de candidatos

Informarvos que a lista definitiva confirmase sen cambios Ana M. Martínez Blanco Beatriz Taboada Pernas Bibiana Canosa Do Río Estefanía Fernández Piñeiro Eva Louzán Caamaño José Luis Rodríguez Iglesias Lida  Monroy Pérez María Brión García María Casas Mariña Melania  Gelato Fandiño Nuria García Tajes Pilar Pérez Sangiao Sonia  Seija Ramos

Día Internacional da Muller

Aproveitamos que hoxe é o Día Internacional da Muller para ensinarvos unha análise que fixemos do papel das mulleres na educación na contorna da ANPA. Esperamos que vos guste. Grazas a todas! O papel da muller na educación na ANPA Milnen@s (PDF)

Eleccións 2021. Lista provisional de candidatos

Unha vez finalizado o prazo de presentación de candidaturas para a renovación da xunta directiva do ANPA, recibimos 13 solicitudes integradas todas na mesma candidatura. Por este motivo, garántese a continuidade do ANPA e non será necesario realizar votación. A lista provisional é a seguinte: Ana M. Martínez Blanco Beatriz Taboada Pernas Bibiana Canosa Do Río Estefanía Fernández Piñeiro Eva Louzán Caamaño José Luis Rodríguez Iglesias Lida  Monroy Pérez María Brión García María Casas Mariña Melania  Gelato Fandiño Nuria García Tajes Pilar Pérez Sangiao Sonia  Seija Ramos As datas para o cambio de directiva serán as seguintes: 8 e 9 de marzo: prazo para presentar reclamacións. 10  marzo: publicación da lista definitiva 29 de abril: Asemblea Xeral para a toma de posesión dos cargos a nova directiva En nome da actual directiva, grazas por darnos a substitución e permitirnos descansar. Grazas tamén a todos os que vos ofrecestes a axudar sen formar parte da directiva. Sen vós, isto non sería