Publicacións

Mostrando publicacións desta data: maio, 2014

Axudas para a adquisición de libros de texto 2014-2015

Dende o luns 2 de xuño e ata o mércores 2 de xullo de 2014  pódese entregar na Secretaría do Colexio a  solicitude  e demáis documentación para acceder ás axudas destinadas a compra dos libros de texto de primaria para o curso 2014-2015. Información sobre os requisitos e a documentación na web do colexio  ou en  http://www.edu.xunta.es/web/gratuidadesolidaria .

Contacontos solidario

Imaxe
Como anunciamos neste blog, o  sábado 3 de maio houbo no barrio  un contacontos organizado pola Fundación Síndrome de West para dar a coñecer @s nen@s  a existencia das enfermidades raras e a importancia da investigación. Aquí tedes algunhas fotos dese día. Seguiremos contándovos iniciativas deste tipo que podan xurdir.

Novas deportivas

Imaxe
Os equipos de fútbol sala do Emilia Pardo Bazán participaron recentemente en varios encontros amistosos, onde destacaron as  ganas de pasalo ben e o respecto á s regras do xogo e aos "rivais". No blogue do club deportivo Los Rosales ( http://clubdeportivoaroseira.blogspot.com.es/ ) podedes atopar información sobre todos eles.   Copa LIDL Amistoso co CEIP Zalaeta Amistosos co Calvo Sotelo

Noraboa, campionas!!!

Imaxe
As rapazas do equipo alevín feminino de Baloncesto do Emilia quedaron  CAMPIONAS da Copa Primavera da Federación Coruñesa de Baloncesto 2013/2014. ¡Felicidades! No blogue do Club Deportivo Los Rosales ( http://clubdeportivoaroseira.blogspot.com.es/ ) podedes atopar información moi ampla sobre todo o relacionado co fútbol sala e o baloncesto.

Os Rosales en Festas 2014 - Colaboración co Banco de alimentos

Imaxe

Pequebasquet Carballo

Imaxe
O 17 de maio celebrouse en  Carballo  o día do  pequebasquet , no que participaron moit@s xogadores dos equipos de Prebenxamíns do  cole . Foi unha grande experiencia para tod@s. Grazas a tod@s por participar. Aquí poñemos algunhas fotos de mostra, pero se queredes conseguir máis podedes descargalas no local ou pedirnos o enlace para descargalas de internet.

Festas de Os Rosales e Torneos deportivos 2014

Imaxe
Dende a Xunta Directiva da Asociación de Veciños  Los Rosales  invítannos ás Festas de  Os Rosales  os próximos días 29 de maio a 1 de xuño, e tamén nos animan a participar nos torneos de fútbol,  basket  e voleibol os días 7 e 8 de xuño. Podedes poñervos en contacto con eles no correo avvrosales@gmail.com ou no enderezo que vén nos arquivos de cada deporte. Bases fútbol sala Bases ping-pong Bases basket Os Rosales en bici Concurso de tartas

Mercado dos Cantóns, 31 de maio

Imaxe
O día 31 de maio os alumnos de 6º de Relixión estarán no mercado dos Cantóns vendendo os produtos realizados nas súas cooperativas. Aquí tedes unha mostra:

CAMPAMENTOS DE VERÁN 2014

Nesta época empeza a chegarnos información sobre campamentos de verán. Como o ano pasado, volvemos crear a pestana "Campamentos de verán" para ir poñendo toda a información que nos chegue.

Acollemento familiar - Cruz Vermella

O día 15 de maio é o Día internacional da Familia. Con este motivo, Cruz Vermella está a difundir o seu programa de Acollemento Familiar. Máis información en www.acollementofamiliar.org

Campamentos deportivos Deputación A Coruña 2014

Imaxe
Campamentos deportivos 2014 Deputación A Coruña Data: Dende o 13/07/2014 ata o 19/07/2014 Data de inscrición: Dende o 08/05/2014 ata o 19/05/2014 Entrada: 85 €, no número de conta que indique a Deputación da Coruña. O pago farase efectivo unha vez confirmada a praza. Requisitos: Nenos e nenas nacidos nos anos 2004, 2003, 2002, 2001 e 2000. As solicitudes de preinscrición faranse na páxina web de Deportes www.coruna.es/deportes  Para as solicitudes de preinscrición non é necesario presentar ningún documento nin ficha, só cubrir os datos na web do Concello da Coruña. Engadir ó meu móbil A Deputación Provincial da Coruña convoca campamentos deportivos para nenos e nenas residentes en calquera municipio da provincia. 40 prazas para o Concello da Coruña. Servizo Municipal de Deportes do Concello da Coruña - Palacio de Deportes de Riazor - Cidade Deportiva da Torre  - Polideportivo do Barrio das Flores Teléfono de información: 010

NORMAS PARA A MOSTRA DE ACTIVIDADES DE FORUM

POLO BO FUNCIONAMENTO DA XVIII MOSTRA, e tratando de evitar calquera problema que poida xurdir por falta de información, recordámosvos o seguinte:  O público non poderá entrar ou saír do auditorio até a finalización do bloque, xa que o que se pretende é ver as actuacións que presentan outras ANPAS cos seus nenos e nenas, non só as do noso centro e non molestar aos artistas  que xa están en escena.  Cumprir os horarios establecidos en cada bloque, tendo en conta que cada ANPA estará no vestíbulo do Forum 30 minutos antes do comezo da actuación.  Os participantes non sairán do recinto de camerinos ata que finalice o bloque. Estarán acompañados da ANPA e/ou monitor correspondente, e serán entregados ás súas familias no vestíbulo.

Concurso de Contos (Biblioteca Municipal Os Rosales)

Bo día,   Dende a Biblioteca Municipal Os Rosales comprácenos anunciarlles a Entrega de Premios do VI Concurso de Contos, que terá lugar o  venres 30 de maio ás 19h no salón de actos do Centro Cívico .   Aproveitamos para comunicarlles que o prazo de entrega de traballos  amplíase ata o día 15 de maio .   Animamos aos participantes e a todos vos a asistir a este acto que é a festa da imaxinación do barrio.   Moitas grazas e un saúdo.

Mostra de actividades culturais no Forum Metropolitano

Imaxe
A semana próxima terá lugar a mostra de actividades culturais 2014, na que participan 22 colexios de Coruña, entre eles o noso cunha mostra dalgunhas actividades extraescolares organizadas pola Anpa. Aquí tedes o programa: Dende o día 13 haberá unha exposición de traballos feitos en Artes plásticas e fotografías das distintas actividades de creatividade (as organizadas por Axiña). O xoves 15 ás 19 horas haberá un stand de degustación de productos feitos na clase de cociña. E o día 16 teremos unha exhibición de Judo (ás 18 h.) e de Teatro e Zumba ás 19 h. As familias deben entrar en cada bloque de actuacións e non poden saír ata que rematen todas, é dicir, de 18 a 19 ou de 19 a 20 h.  (Nota: informáronnos de que non se pode pasar con carriños de bebés, que terán que quedar fóra.) Ás 20:30 será a clausura da Mostra. Agradecemos aos pais e nais que asistan a súa colaboración para recoller a exposición ao final do acto.