Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Decembro, 2022

Partido Leyma Basquet Coruña 21/12/2022

  Estimadas familias Leyma Basquet Coruña xoga este mércores 21 de decembro un partido contra o Club Deportivo Estela de Cantabria, ás 20:00 horas. Todas aquelas familias que queirades asistir ao partido de xeito gratuito, tedes que cubrir o formulario web que deixamos aquí, indicando o voso mail e o número de entradas que precisades (por favor, pedide con sentidiño): Solicitude de entradas para Basquet Coruña (google.com) É OBRIGATORIO que cada persoa que acuda, peque ou maior, ten que levar un peluche, que o clube doará posteriormente a Cáritas ( ¡Lluvia de peluches en #OFornodeRiazor! | Noticias | Basquet Coruña (basquetcoruna.com) ) Por cuestións organizativas só se terán en conta as peticións realizadas estrictamente a través do formulario , desde agora ata mañan día 20 ás 12:00 da mañán. Animádevos!

Convite obra de teatro A Nena que quería navegar

Desde a Concellería de Igualdade, Benestar Social e Participación, a través do Centro de Información ás Mulleres (CIM), convidámosvos a participar na última das actividades que se desenvolverán en torno ao 25 de novembro, Día Internacional contra a Violencia de Xénero. Neste caso contaremos cunha representación de teatro: “A Nena que quería navegar” , a cargo da Compañía Redrum Teatro. Trátase dunha representación para público familiar que trata de visibilizar e abordar as consecuencias do acoso escolar a través de técnicas de reforzo positivo e aumento da autoestima. Espectáculo optimista, colorista, emocionante e reflexivo no que se mesturan distintas disciplinas como os monicreques, o teatro de obxectos, as vídeo proxeccións e a música en directo. Data: 17 de decembro Horario: 18:30 a 19:10 h. Lugar: salón Actos Centro Cívico de Os Mallos Entrada libre e de balde ata completar aforo

CARTAS DE NADAL PARA RESIDENCIA DE MAIORES

Prezadas familias, Esta vez vimos cunha petición moi especial... Na residencia La obra de la Señora, temos moitos avós e avoas aos que lles farían moita ilusión recibir unha felicitación de Nadal da man dos nosos nenos e nenas. Trátase da residencia que temos en fronte do recinto escolar, e vimos a pedir que toda a cativada que queira e poida colaborar, achegue ao recinto de comedor, onde temos habilitada unha caixa do correo para tal efecto, o que máis desexe facer chegar a todas esas persoas maiores que estes días ao mellor non teñen quen os poida visitar, ou que de seguro lles fará moita ilusión recibir de parte da nosa cativada. Vale todo: postal, debuxo, carta... e se pode ser, acompañado dalgunha palabra de ánimo. Grazas milnen@s por colaborar!!

CONVOCATORIA ACTIVIDADES CENTROS CÍVICOS XANEIRO-MAIO 2023

 Boas familias, Xa está a convocatoria de actividades nos centros cívicos da Coruña e en concreto das actividades programadas nos centros cívicos de Labañou e Rosales. Achegamos tamén o ligazón web onde poden ampliar a información. https://www.coruna.gal/serviciossociales/es/noticias/detalle-noticias/convocatoria-de-actividades-enero-2023/suceso/1453820165364  

TALLERES E FESTAS NADAL NOS CENTROS CÍVICOS

Aquí tedes ainformación sobre as festas e talleres de Nadal que terán lugar nos centros cívicos da Coruña. A inscrición é gratuíta e realízase no centro no que se celebra a festa ou o taller. CARTEL TALLERES INFANTIS NADAL CARTEL FESTAS NADAL

CAMPAMENTO TECNOLÓXICO 2022

Arkitas Robótica organiza campamentos tecnolóxicos en Coruña e en Perillo do 26 o 30 de decembro e do 2 ao 5 de xaneiro. Información e inscricións en www.arkitas .es 

CAMPACOLES NADAL 2022

Informásmosvos que a Federación Provincial de ANPAs., poñerá en marcha o programa Campacoles neste período de Nadal, nos seguintes centros educativos: CEIP Juan Fernández Latorre CEIP María Barbeito CEIP San Francisco Javier CEIP San Pedro de Visma A inscrición será do luns 12 ao mércores 15 de este mes no seguinte enlace www.fedapascoruna.org/inscripciones Adxuntamos díptico informativo coa información do programa:  DÍPTICO

NAVIDAD NO COMEDOR

Xa ule a Nadal! Gustaríanos facervos unha proposta: que toda a cativada saque a súa vena artística e que aquelas nenas e nenos que queiran, traian unha bola de nadal ou adorno navideño (que poden decorar eles mesmos) e acercalo ao servizo de mañanceiros ou comedor a partir do vindeiro luns, para adornar con esas manualidades a árbore de Nadal que teremos dispoñible nese espacio. Aquel alumnado que non acuda ao servizo pero queira igualmente colaborar coas súas creacións, por favor contactádenos para ver como podemos quedar para recoller os adornos. Animádevos a participar! Esperamos as vosas creacións.

POSTAL NAVIDEÑA CLUB DEPORTIVO LOS ROSALES.

O Clube Deportivo dos Rosais está na procura da mellor postal navideña para desexar unhas felices festas este ano. Piden a vosa axuda. As instrucións son as seguintes: Fai un debuxo de Navidad (ou varios), tendo en conta que no clube se xoga ao fútbol e ao baloncesto. Transforma o teu debuxo ou debuxos nunca postal. Pon o teu nome e faino chegar o teu entrenador ou no correo do clube: clubdeportivolosrosales@gmail.com