Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Maio, 2023

Solicitudes das bolsas para a compra de libros e de material escolar 2023/24

A Xunta abre este sábado o prazo de solicitude das bolsas para a compra de libros e de material escolar, que aumentan para axudar ás familias ante a inflació n As familias poderán presentar a documentación entre o 20 de maio e o 21 de xuño, preferiblemente por vía electrónica ou tamén no seu propio centro educativo Toda la información

CAMPACOLES 2023

  INFORMACIÓN CAMPACOLES VERÁN 2023 O VINDEIRO DÍA 22 DE MAIO ABREN AS INSCRICIÓNS Trasladamos de forma literal a información que nos fan chegar dos campamentos de FEDAPAS para este verán Un ano mais, a Federación Provincial de ANPAS vai poñer en marcha o seu programa CAMPACOLES, que baixo o formato de campamento urbán ofrece a posibilidade de manter unha cobertura horaria similar á do período escolar coa ampliación de servizos como madrugadores​ (con ou sen almorzo)​ e comedor. Adiantámosvos as principais características deste programa estival de recreación, que se desenvolverá de luns a venres en horario de 10 a 14 horas, desde o luns​ 26​ de xuño ata o venres 28 de xullo, distribuído en 5 quendas semanais de campamentos con temáticas diferentes. QUENDAS   Quenda 1: Do 26 ao 30 de xuño. Quenda 2: Do ​3 ao 7 de xullo. Quenda 3: Do 10 ao 14 de xullo. Quenda 4: do 17 ao 21 de xullo. Quenda 5: do 24 ao 28 de xullo. SERVIZOS COMPLEMENTARIOS Madrugadores: de 8:30 a 10:00h. Comedor: de 14:0

DÍA DAS LETRAS GALEGAS

Hoxe é día de celebrar a nosa lingua, a nosa fala , o noso patrimonio. Dende a Ampa milnen@s quixemos facer unha homenaxe a ese patrimonio cunha exposición dos nosos traxes típicos galegos. Moitas grazas a deputación e a todas as persoas que nos deixaron cada traxe e cada complemento. Feliz día das letras galegas!!

Exposición Buxaiverso (O Universo das Buxainas)

Do 9 de ao 26 de Maio no Fórum Metropolitano de A Coruña, terá lugar a exposición Buxaiverso (O Universo onde se agochan as buxainas). Nesta exposición quixemos descubrir algún deses currunchos onde viven, sen que, ás veces, notemos a súa presencia: na pintura de distintas épocas, na literatura de tódolos tempos, na música, na filatelia, na ciencia, nos avións, nos barcos e na vida cotiá (na bicicleta, nos coches...) e por suposto tamén nos xogos. Neste buxaiverso poderás ver buxainas de distintos tipos, materiais e procedencia...e incluso obxetos que aparentan ser buxainas pero que nono son. Tamén aparecerán fotografías de buxainas e perinolas, nas que contarán as sús historias, só aos que se deixen levar pola maxia xiroscópica. E para rematar, este Buxaiverso non podería ser tal se non apareceran as buxainas no seu estado ideal que é, bailando. E deso terás que encargarte tí, ainda que nós te botemos unha mán. O sábado día 13 de Maio, de 12 a 14 horas, no mesmo lugar, celebraremos