Inscricións na actividade de Natación escolar (Concello)

Información para as inscricións e os impresos de Natación escolar para 3º e 4º de primaria, actividade xestionada polo Concello e FEDAPAS. Aquí detallámosvos todo o que tedes que facer se estades interesados.

Horario da actividade
Luns de 17:00-17:45
Desde o 01/10/2019 ata o 29/05/2020

Cotas
A cota será un pago único anual de 53.47 € por participante, que inclúe transporte gratuíto para os participantes desde o centro educativo.
A cobranza pasarase por cargo na conta dada de alta na aplicación o día 20 de setembro aproximadamente.

Preinscrición online (obrigatoria)
Prazo de preinscrición: desde o día 13 ás 22:00 ata o 18 de setembro ás 22:00.
As preinscricións débense realizar como sempre online na aplicación do ANPA.
A orde de confirmación de prazas será a rigorosa orde de preinscrición.

Formalización de inscricións (presencial) 
Aos que vos vaiamos confirmando as inscricións debedes imprimir, encher e asinar os impresos que vos facilitaremos por correo electrónico (tamén dispoñibles en papel no local).
Os impresos entregarédelos asinados no local a semana que vén no seu horario habitual (Luns 16:00-17:00 e xoves 09:00-10:00).
Dado que o podedes encher en casa non será necesario que o entregue o asinante.
Non se admitirán inscricións sen realizar previamente a preinscrición online.

O VENRES 19 enviaranse todos os impresos a FEDAPAS E NON SE ADMITIRÁN MÁIS IMPRESOS NO LOCAL.

Publicacións populares deste blog

APERTURA PREINCRICIÓNS AAEE, RENOVACIÓN FAMILIAS SOCIAS E COMEDOR 2023/24

FESTA ENTROIDO 2024