Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Maio, 2021

CAMPACOLES

Estimadas familias, Acabou o prazo de inscrición aos Campacoles. FEDAPAS comunicará ás familias rexistradas a adxudicación de praza. Para calquera dúbida facilitarvos o contacto da Federación. CONTACTO: Federación Provincial ANPAS de centros públicos   C/ Orzán,  21 - 15001  A Coruña  Tel.  981 202 002  /  981 201 877   ocio@fedapascoruna.org   www.fedapascoruna.org  

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS

Estimadas familias, Está aberto o prazo para presentar solicitudes para a participació no fondo solidario de libros de texto e axudas para adquirir libros de texto e material escolar. https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=ED330B&ano=2021&numpub=1&lang=es

CAMPACOLES

Ola familias A Federación Provincial de AMPAS xunto coa Concellería de Educación, organizan un ano máis os CAMPACOLES. Este ano o noso cole foi centro seleccionado para celebrar un deles. A prescrición é 24, 25 e 26 de maio. Publicación de listaxes de admitidas/os: 10 de xuño  Deixámosvos a ligazón e os teléfonos de información e inscrición. Coruna.gal/campamentos2021 www.fedapascoruna.org 981202002 649055939 698158503

NOVAS

Estimadas familias, Os nosos representantes en CONFAPA Galicia, mantiveron unha reunión coa Directora Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade, na que se lles comunicou que se vai proceder ao chamamento dos monitores de comedores xestionados polas anpas, para comezar coa súa vacinación, seguindo a listaxe que lles foi enviada pola Federación, froito do traballo conxunto do personal de Fedapas, das empresas e das ANPAS.

CAMPAMENTOS XUNTA 2021

Estimadas familias, Hoxe abre o prazo para para os campamentos da Xunta de verán 2021. Están destinados a partir dos nados en 2012 con 9 anos cumpridos e ata os nados en 2003 que non cumprisen 18 antes de finalizar o campamento. O prazo de inscrición estará aberto ata o 28 de maio do 2021. Deixámosvos a ligazón con toda a información. http://xuventude.xunta.es/

CAMPAMENTOS VERÁN 2021

Estimadas familias, Temos boas noticias, comunicóusenos que o noso centro será sede dun dos CAMPACOLES este verán. Hoxe día 20 de maio do 2021 publícase a oferta de campamentos de verán que realiza o concello da Coruña, entre os que se atopa o que se realizará no noso centro Manterémosvos informados. https://www.coruna.gal/educacion/gl/programas/detalle-programa/campacoles-2020-21/contenido/1453656978756?argIdioma=gl
Feliz día dás Letras Galegas familias!! Este ano lembramos á poeta e tradutora Xela Arias, unha voz transgresora e comprometida que renovou a poesía galega. Deixámosvos a ligazón do videoclip da canción baseada no seu poema Darío a Diario ,versos de amor por Xela ao seu fillo Darío. Proxecto musical da Banda dá Loba. Gozade do día!   https://music.youtube.com/watch?v=iNdZbXZUYGU&feature=share

CAMPAMENTOS XUNTA VERÁN 2021

  A próxima semana, abre o prazo de inscripción para os campamentos de verán da Xunta, dirixidos a nenas e nenos de 9 a 17 anos de idade.

RECORDATORIO

  Lembrade que o próximo martes de 18 de maio, festivo elixido polo centro, non haberá actividade lectiva.

LEMBRANZA A EMILIA PARDO BAZÁN

Hoxe 12 de maio lembrouse a Emilia Pardo Bazán no centenario de súa morte. O acto consistiu nunha lectura colectiva na Real Academia Galega que fixeron nenas e nenos de 6º de Primaria: Lidia, Rocío, Daniel, Sara e Lucía. ¡Noraboa! Podedes atopar máis información no blogue da biblioteca do colexio  bibliotecaepb.blogspot.com

Presentación ANPA

Ola familias! Somos a nova ANPA do CEIP Emilia Pardo Bazán. Na Asemblea Xeral Extraordinaria que se celebrou o 29 de abril de 2021, votouse unha nova Xunta Directiva, tras a disolución da Xunta anterior. Con ganas e ilusión aceptamos o reto de comezar a nosa actividade en colaboración con toda a comunidade educativa, da que ademais do equipo de dirección e do profesorado formades parte todas as familias. Podedes contactarnos a través dos seguintes medios:  - No noso correo electrónico (medio de contacto preferente):  milnenos@gmail.com  - No nosos Blogue: MILNEN@S( milnenosgalego.blogspot.com )  - Podedes chamarnos ao número 619335580 en horario: 15:45 -18:45 de luns a venres.    (Agradécese o contacto telefónico só para urxencias). A actual Xunta Directiva para os dous próximos cursos 2021/2022 e 2022/2023 está formada polas seguintes persoas socias da ANPA:   -Presidenta: Eva Louzán Caamaño    -Vicepresidenta: Melania Gelato Fandiño    -Tesoureiro: José Luis Rodriguez Iglesias    -Se