Abertas as inscricións en AAEE

Informámosvos que xa están abertas as inscricións para as AAEE do próximo curso.
Comedor estará dispoñible en canto Jardanay abra a súa aplicación, pero nestes momentos aínda non se pode.
Temas importantes a ter en conta este ano:

  • Case todo está no aire pola alerta por COVID. Esperamos ter todo claro por parte das consellerías competentes e poder arrincar todos os nosos servizos con garantías.
  • Este ano será obrigatorio “asinar” unha declaración responsable antes de asistir ás actividades. A forma de asinala será lela no blogue e aceptala a través da preinscrición nunha actividade “DECLARACIÓN RESPONSABLE”. Aos que xa vos apuntastes a esta actividade… mellor esperade a tela dispoñible para poder lela e ter claro todo o que implica. Non se trata de que neste punto deleguedes ou confiedes plenamente nos nosos criterios. Este ano será fundamental que todos coñezades os protocolos e responsabilidades compartidas de obrigado cumprimento.
  • O protocolo e a declaración, xunto con toda a información, colgarase no apartado do blogue dedicado ao COVID. Tede paciencia porque levamos todo o verán traballando nel e xa estamos en proceso de revisión.
  • Como xa vos informamos en múltiples ocasións, este ano a inscrición terá efectos económicos desde o primeiro día de curso. É dicir, se estades rexistrados pero non ides asistir ata outubro, cobrarásevos igual o mes de setembro.
  • Volvemos lembrar que a renovación de socios é automática.


Publicacións populares deste blog

APERTURA PREINCRICIÓNS AAEE, RENOVACIÓN FAMILIAS SOCIAS E COMEDOR 2023/24

FESTA ENTROIDO 2024