Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Xuño, 2022

FESTA FIN DE CURSO

 VOLTA A FESTA DE FIN DE CURSO!! De man da ANPA e en colaboración con Jardanay @jardanay.comedores A FESTA será en horario escolar o próximo luns 20 de xuño. Programa: Para os máis pequenos Actuación de migallas @migallasteatro Animación da man de Parkilandia @parkilandiafiestas Pintacaras da man de Parkilandia  Globoflexia da man de Parkilandia. Para os máis maiores Actuación do mago David Maestro @davidmaestromago Ximkana da man de Parkilandia @parkilandiafiestas Animación da man de Parkilandia  E se chove  que chova , temos un plan B!!

CORAX

Os máis pequenos fixeron a súa primeira excursión de maiores o pasado luns 6 de xuño, foron a Corax e viron moitos animais, comeron e xogaron moito. Visita a  página web do cole  e poderedes ver unha boa reportaxe.

DOCUMENTAL INTEGRADO MÉRGULLATE

A Nosa rapazada, finalizou o Documental Integrado Mérgullate! No mes de outubro comezaron o traballo de investigación que desenvolveu todo o centro ata este mes de xuño. Aprenderon sobre fauna e flora mariña, a influencia dos mares e océanos na arte, que deportes se poden practicar neles, eventos na historia e algúns descubrimentos, a tecnoloxía que está a ser utilizada, seres mitolóxicos…. Aquí vos presentan o Documental "O noso oceanográfico", no que o alumnado explica parte do traballo e aprendizaxes que realizaron durante o curso. Non deixedes de ver a  web do proxecto  donde irán pendurando o que se fixo durante o curso.