Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Setembro, 2018

Novo aula de robótica grazas á colaboración de Indra

Este curso estreamos aula de robótica, grazas á doazón de equipos feita pola empresa tecnolóxica Indra . A situación da actividade de robótica era crítica pola obsolescencia e mal funcionamento dos equipos dispoñibles para a mesma. Para mostra, un exemplo da aula do ano pasado Agredecemos a colaboración de Indra, de Nuria e Lázaro para as xestións e o transporte do material e do CEIP para a súa preparación e instalación na rede. O resultado o tendes no resto das fotos. ¡Moitas grazas a todos!

Publicada a lista de admitidos do programa Listen and Speak Primaria

Acábase de facer pública a lista de admitidos en Listen and Speak. Importante, a formalización da matrícula debe realizarse no local da ANPA a semán que ven no horario habitual o luns e o xoves. Máis información na seguinte ligazón da web do concello . Listaxe admitidos programa Listen and Speak Primaria  (PDF) Folleto informativo  (PDF)

Xornada Formativa para Nais e Pais no Centro Comercial Os Rosales (28/09/2018)

Organizado polo Centro Comercial Os Rosales e a Asociación Veciñal, Cultural e Deportiva Os Rosales celebrarase unha xornada formativa gratuíta para nais e pais sobre “Como afrontar a Volta ao Cole co noso fillos”, na que se tratarán aspectos sobre como utilizar a intelixencia emocional. Xornada práctica formativa impartida pola especialista en Psicoloxía Positiva aplicada Marta Gómez Montero. Venres, día 28, ás 19:00 horas na aula de cociña situado na Planta alta xunto a Correos. Necesaria a inscrición previa no 981128118. Prazas limitadas.

Grupos de alumnado e entrega anticipada de material

O CEIP Emilia Pardo Bazán ven de publicar na súa páxina web novidades sobre inicio de curso: Datas de entrega do material escolar do alumnado de educación infantil e primeiro ciclo de educación primaria. Grupos de alumnado no curso escolar 2018/19

Horario do local

Abriremos o local excepcionalmente SÓ para novos socios e socias o luns 10 de 10 a 12 da mañá. A partir do día 12 o horario do local do Anpa será o mesmo que o ano pasado  (luns de 4 a 5 e xoves de 9 a 10)