Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Maio, 2020

Programas de conciliación do verán 2020

A Federación Provincial de ANPAS, conxuntamente co Concello da Coruña, pretende levar a cabo unha proposta de actividades multidisciplinares para este período vacacional. A oferta terá unha estrutura semellante aos Campacoles de edicións anteriores, pero neste caso exclusivamente para as familias (ambos proxenitores ou familias monoparentais) que xustifiquen a necesidade de conciliar , xa que éste é o eixo principal desta proposta. O Colexio Azul do noso CEIP é unha das ubicacións aprobadas para o programa. PREINSCRICIÓN: 27, 28 e 29 de maio.  Toda a información sobre as preinscricións, condicións e quendas está no seguinte PDF. Información completa do programa