Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Setembro, 2021

UN GRAN DIRECTOR

Queridas familias, Perdemos un dos grandes.  Deixa un gran legado e unha lembranza imborrable. GRAZAS XOSÉ MANUEL, NOSO ETERNO DIRECTOR. D.E.P. O despedimos con esta carta que escribiron os seus  compañeiros: Este curso despedimos como director a alguén que nos regalou compartindo con todos nós, o seu cariño, a súa paciencia e a súa alegría....Este curso 2018/2019, o noso director Xosé Manuel, renuncia ao cargo. Egoístamente sentímolo moito porque a persoa que dirixiu este trasatlántico que é o CEIP Emilia Pardo Bazán deixa a dirección e quedamos un pouco orfos. Gustaríanos que seguira sendo esa luz que con mestría guiounos estés últimos anos. Pero ao mesmo tempo alegrámonos porque agora lonxe das responsabilidades e desgustos da dirección, poderá facer realidade proxectos que seguramente tivo que deixar aparcados no seu momento, é sobre todo, a súa familia poderá gozar da súa presenza sen ter que compartilo con esa moza, sempre existente, que é a dirección dun colexio de máis de 600 a

XOVES NEGRO

Dende a AMPA, queremos dar apoio ao movemento do XOVES NEGRO que está facendo a comunidade educativa do noso colexio, polos recortes na ensinanza pública. Pedimos que levedes ás vosas crianzas vestidas de negro este xoves. Son xestos moi pequenos, pero xuntos podemos conseguir algo moi grande.

RECORTES, NON

Como xa saberedes, o noso colexio vese afectado polos recortes en educación, tocándonos directamente ao non dotarse dun mestre en Educación Física que por catálogo nos corresponde. Aínda que a directiva do colexio está facendo o imposible para reclamalo, non é suficiente. A nosa cativada está tendo clases de Educación Física porque os mestres do noso colexio decidiron sacrificar ás súas horas, mover ás súas quendas e cubrirse horarios entre eles para que todas as crianzas poidan ter esta clase. A clase de robótica tívose que suspender por este motivo. Agora é o noso turno, temos que facernos oír. Varias ANPAS de distintos colexios da cidade comezaron movementos de protestas aos cales nos unimos, este mércores día 29.  PEDIMOS QUE CADA UN DOS VOSOS FILLOS E FILLAS, LEVE UN GLOBO NEGRO OU DE COR CUNHA TIRITA (Representando que esiximos dereitos, non parches) PEGADA, E O ATE NA CANCELA DO COLEXIO, quen non poida, pedimos que o faga na tarde/ noite anterior. Por favor, fagamos algo para d

Visita Bárbara Veiga

Estivo de visita no noso centro a xornalista e fotógrafa de nacionalidade brasileira, Bárbara Veiga, para contarlles ao alumnado de sexto de EP a sua loita por causas mediambientais. Gracias por esta iniciativa a  Biblioteca EPB

VIII Carreira ENKI Galicia (sábado 23 de outubro)

VIII Carreira  ENKI Galicia (sábado 23 de outubro) O profesorado e a ANPA do Emilia Pardo Bazán, anímanvos a participar na VIII Carreira ENKI Galicia. Terá lugar o vindeiro 23 de outubro en horario de tarde. Se vos animades, inscribídevos a partir de mañá 24 as 14:00 horas na seguinte ligazón, poñendo como nome do equipo “Emilia Submariña”. Inscricións Carreira ENKI 2021 Iremos contando máis cousas polo blogue e redes sociais da ANPA. O Emilia é todo un exemplo de integración e inclusión, así que temos que estar na ENKI.  ANIMARVOS!!!

LISTADOS ADMITIDOS ACTIVIDADES CENTROS CÍVICOS

Xa saíron as listas de admitidos e a lista de garda das actividades que ofrecen os Centros Cívicos. Aquí vos deixamos o ligazón para a súa comprobación. Centro Cívico Os Rosais Centro Cívico Labañou Lista de garda Centro Cívico Os Rosais. Lista de garda Centro Cívico Labañou Listados restos Centros Cívicos Coruña Reclamacións Días 22 e 23 de setembro a través do 010 en horario de 11:00 a 13:30h e de 16:00 a 18:00. Prazo de inscricións: Días 24, 27 e 28 setembro.

AVISO ⚠️

Estimadas familias lembrade os seguintes puntos: -As autorizacións teñen que ser enviadas cun mínimo de 24h ao mail da ANPA, de non ser así, enténdese coma urxencia inmediata e débese comunicar á coordinadora de extraescolares e comedor directamente no seu móbil ( 637764388 ). Mentres as vosas crianzas están en extraescolares e comedor, están baixo a nosa responsabilidade, e tomámonos moi en serio a seguridade dos nosos milnen@s. -Moi importante é manter as distancias de seguridade, e non formar aglomeracións á hora de deixar ou recoller á cativada. Hai que intentar ser máis áxiles e non quedar na porta do colexio unha vez entregado o alumno. Para calquera dúbida, consulta ou comentario, coma sempre, estamos á vosa disposición.

APLICACIÓN EMILIA PARDO BAZÁN

Atopamos unha aplicación para pasear pola nosa cidade coa escritora que dá nome ao noso colexio. Con esta aplicación é posible saír a camiñar pola cidade e atoparse con  Emilia Pardo Bazán , e escoitar da súa voz as historias dos lugares máis emblemáticos que marcaron a súa vida e tamén a súa obra. A aplicación chámase “ A Coruña de Emilia Pardo Bazán” O programa informático está dispoñible para Android e Apple. Funciona coa tecnoloxía de realidade inmersiva, como un sistema GPS que ao abrir a cámara en determinados puntos permítenos coñecer a cidade que ela viviu e que relataba nos seus libros.  Esperamos que a gocedes!

SÉGUENOS

Lembrámosvos que podedes seguirnos nas redes sociais para estar ao día e non perdervos nada.

BIBLIOTECAEPB

A nosa biblioteca xa está traballando a lume de biqueira!! Onte 16 de setembro celebrou o nacemento de Emilia Pardo Bazán. Anímannos a que coñezamos máis sobre a autora dando un paseo pola casa museo Emilia Pardo Bazán                                               

BONO COIDADO

Aínda podes beneficiarte do bono coidado! Coma xa publicamos no mes de agosto, o prazo de solicitude está aberto ata o 30 de setembro.⁣ É unha  axuda que atende as necesidades de conciliación producidas entre o 1 de xaneiro e o 14 de setembro de 2021, de carácter puntual ou durante os períodos de vacacións escolares.⁣ Lembrade que non se teñen en conta os ingresos da unidade familiar, senón a necesidade de conciliación.⁣ Podedes consultar todos os requisitos no seguinte vínculo: https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=BS412A

O ANPA Milnen@s é noticia

Deixámosvos a ligazón da reportaxe publicada onte na Voz de Galicia cunha entrevista á presidenta do Anpa milnen@s, Eva Louzán. https://www.lavozdegalicia.es/noticia/coruna/2021/09/15/ampa-pieza-vital-conciliacion-dia-dia-centros-educativos/0003_202109H15E4991.htm

XORNADA DA BICICLETA

   ANCAS Galicia convídannos a participar no día da bicicleta que organiza Decathlon. Será na chaira de Riazor, domingo 19 de Setembro ás 11:30 h. Farase unha marcha non competitiva con saída e chegada na chaira de Riazor, o circuíto estará adaptado a todas as idades, cun circuíto máis curto para os máis pequenos (sobre 1,6 km) e un circuíto un pouco máis longo para os máis maiores (sobre 9 km). Percorrerase o paseo marítimo da Coruña durante 1 hora e media, despois na mesma chaira, os máis pequenos terán xogos e faremos un sorteo de agasallos entre todos os participantes. É obrigatorio o uso de casco e seguir as indicacións da organización para participar no evento. Durante todo o percorrido é obrigatorio o uso de máscara e manter a distancia de seguridade co resto de participantes, especialmente durante os reagrupamientos da marcha ciclista. Os nenos que utilicen ruedines deben obrigatoriamente completar o percorrido curto. É necesario cubrir a inscrición en: https://experienciadep

CARREIRA ENKI.

Proxecto ENKI comeza os preparativos da oitava edición da carreira de obstáculos 2021. A entidade organizará unha carreira virtual e unha presencial o 23 de outubro. Próximamente máis información en ENKI e no noso blogue. TODOS A XOGAR!

AVISO COMEDOR/MADRUGADORES

Darvos o aviso que volve a estar aberto o prazo para novas inscricións para o comedor e madrugadores  a través da aplicación de Jardanay Recordarvos que debedes cubrir as autorizacións  do comedor na aplicación de Jardanay.

MENÚ COMEDOR

Xa temos o menú do comedor do primeiro trimestre do curso 2021/22. Podédelo consultar no apartado comedor do noso blogue ou na seguinte ligazón: Menú primeiro trimestre.

AVISO IMPORTANTE

Ante as dúbidas que puideron xurdir no primeiro día de madrugadores, comedor e actividades extraescolares, queremos facer chegar uns puntos importantes a ter en conta: Os servizos de madrugadores e comedor, mantéñense cós mesmos horarios e nas mesmas quendas que no ano pasado.  As entradas e saídas a actividades extraescolares, mantéñense nas mesmas localizacións que o ano pasado. Esta información está detallada no noso blog. Durante o periodo de adaptación de 4º EI os nenos e nenas inscritos a comedor que necesiten quedarse a comer no colexio, deberán estar as 13h:45 na porta de acceso ao mesmo ( o portalón que está ao final do colexio, ao lado do local da ANPA).  Para as crianzas de último turno de periodo de adaptación, é o persoal de comedor quen se pasa a recollelos de forma excepcional nas súas aulas e os traslada a comedor. Unha vez finalizado o periodo de adaptación, o persoal de comedor recollerá a todas as nenas e nenos que se queden a comer no seu horario habitual.   Con res

GRAZAS!!

Dende esta Anpa, queremos agradecer a todas as familias que doaron os seus libros para que outras familias puidesen beneficiarse.  Grazas á vosa colaboración, conseguimos achegar os libros a case todas as familias que o solicitaron. Os datos resultantes foron os seguintes: Un 70% das familias que o solicitaron tiveron cuberta a súa demanda ao 100%. Un 15% cubriu parcialmente a súa solicitude A pesar do esforzo non se puido dar cobertura ao 15 % restante. Os libros máis demandados foron os de 3º de primaria (Valores, Inglés e Sociais), que foron os que non resultaron suficientes para acadar todas as solicitudes. Nos libros de 4º de primaria só quedou sen atender a demanda do libro de Inglés. Dende esta ANPA, por todo isto só podemos dicir: GRAZAS!!

PROXECTO DIXITAL

 O alumnado de 5º de EP traballará este ano por primeira vez con libros dixitais, dentro do proxecto E - Dixgal. Podedes consultar toda a información na página web do CEIP Emilia Pardo Bazán.

COMENZA O COLE!!

  Estimadas familias: O próximo 9 de setembro comeza o curso 2021/22 e tamén as actividades extraescolares e os servizos de comedor e madrugadores. Recomendamos que a cada neno se lles faga un horario coas actividades as que van a participar para que ao comenzo do curso non haxa erros. Toda a información no apartado de  actividades extraescolares  do blog. Información importante a ter en conta do comedor e madrugadores, pode consultarse no apartado Comedor e madrugadores do blog. A aplicación de Jardanay volverá estar operativa a partir do día 10 de setembro para solicitar praza en comedor e madrugadores con inicio no mes de outubro. Para calquera dúbida, suxerencia ou aclaración, estamos á vosa disposición. Bo inicio de curso!

BECAS COMEDOR ANPA

Bases da convocatoria de 6 axudas de comedor ANPA Milnenos-Jardanay para o curso escolar 2021-2022. O obxectivo e financiar os gastos de comedor de 6 socios/as da ANPA seleccionados durante todo o curso escolar 2021/2022. Aquí vos deixamos as  BASES

INICIO DO CURSO 2021/22

O curso 2021/22 comenza o vindeiro 9 de setembro. Na web do colexio está publicado o documento con horarios, normas de organización e funcionamento. Enlace del documento  Calendario escolar  Calendario reuniones inicio de curso

CENTROS CÍVICOS

Para a vosa información : Inscrición nas actividades socioculturais dos centros cívicos.   Realizarase preferentemente en liña os días 2, 3 e 4 de setembro (xoves, venres e sábado). O número de teléfono ao que poderán chamar todas aquelas persoas que non teñan acceso a Internet (as preinscricións serán preferentemente en liña) será o 881 150 191 en horario de 10.00 a 14.00 h e de 16.00 a 20.00 h os días 2, 3 e 4 de setembro. Convocatoria de setembro 2021.

Información urxente sobre actividades extraescolares

  Estimadas familias, Anteriormente a esta comunicación, envióusevos mail informativo e publicáronse no blog da Anpa os prazos para comunicar as baixas das actividades extraescolares, que serán como máximo o 26 de cada mes. Isto é, calqueira actividade que se queira cancelar ten que ser entre o 1 e o 26 de cada mes, ambas as datas incluídas, pois pola contra teremos igualmente que pasar a correspondente cobranza. Algunhas familias están cancelando actividades extraescolares nestes últimos días, pasado o 26, polo cal cremos que non se debeu entender ben o correo que remitimos, polo que pedimos desculpas. Con todo, o prazo para cancelar as actividades antes do inicio do curso escolar, e antes de que se pasen os recibos será excepcionalmente (e só este mes) mañá día 1 de setembro ata as 23:59 horas. Tedes ata ese momento para cancelar as suscricións ás actividades extraescolares que non queirades iniciar. Para calquera dúbida, consulta ou comentario, coma sempre, estamos á vosa disposició