Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: 2019

Cambio de menú venres 20 de decembro 2019

En lugar de caldo galego, servirase ensalada variada (leituga, tomate, cenoria, millo e olivas). O segundo prato seguirá sendo o mesmo (pizza artesá de tomate, xamón e  mozarella). Para os alérxicos, servirase sopa de letras. Desculpade as molestias.

Boletíns de actividades xaneiro - maio 2020 do CC Labañou e CC Rosales

Bos días, achegamos boletíns informativos de actividades socioculturais da convocatoria de decembro relativa ao período de xaneiro a maio, dos centros cívicos arriba indicados, para a súa difusión e información. A preinscrición será o 19, 20 e 21 de decembro. Boletín Labañou Boletín Los Rosales

Circular informativa para as familias non beneficiarias da bolsa comedor do Concello da Coruña

Enviámosvos unha circular de  Jardanay para informarvos do procedemento que se vai a seguir para efectuar as cobranzas pendentes polo uso do comedor aos pais que solicitaron a bolsa comedor do  Concello da Coruña e finalmente non foron beneficiarios dela. Como sabedes, debido ao atraso na publicación das bolsas por parte do  Concello, en  Jardanay decidimos axudar de forma extraordinaria ás familias financiando o comedor aos solicitantes, cunhas condicións (presentación da copia da solicitude da bolsa) e ata a publicación das diferentes listaxes. Lembrámosvos que cada caso é diferente e que estamos a estudar cada situación en particular. Efectuaremos as eventuais cobranzas de dúas maneiras: 1) Débeda de setembro e outubro - mediante unha carta de pago enviada ás familias  pagadera ata o 28 de febreiro. 2) Débeda de novembro - mediante a factura domiciliada habitual de novembro, xa emitida. Circular de Jardanay

Local do ANPA pechado o luns 16

O luns 16 de decembro o local permanecerá pechado no seu horario habitual de 16:00 a 17:00 dado que ningún membro da directiva pode acudir ese día. Desculpade as molestias.

Mercadillo solidario do barrio o 22 de decembro

A Asociación Veciñal Cultural e Deportiva Os Rosales retoma o mercadillo con moitas novidades!! Será o domingo 22 de decembro NO CENTRO COMERCIAL ROSALES (planta superior). Necesitan coñecer a vosa participación para ir colocando os postos ao longo dos corredores e no interior dalgún local baleiro. Achegamos as bases dos postos e as follas de inscrición. Bases rastrillo de nadal Documento de solicitude

ENP: Disciplina Positiva en decembro

Xa está aberta a inscrición nos obradoiros de Disciplina Positiva. Datos das sesións Primeira edición: 13/12/2019 16:00-20:00 no SUM (Salón de Usos Múltiples) do colexio 14/12/2019 10:00-14:00 na aula de cociña do CC Los Rosales (a carón da oficina de Correos) Inscrición: só para socios/as. A través da  aplicación do ANPA .  Servizo de canguros (só venres) para os nenos: alta a través da  aplicación do ANPA .

Modificacións nos menús de comedor

Información de Jardanay: Seguindo as recomendacións publicadas o pasado 29 de outubro pola Axencia Española de Consumo e Seguridade Alimentaria (AECOSAN) referente ao consumo de peixe por parte de menores por presenza de mercurio, queremos comunicarvos que imos retirar do menú deste trimestre uno dos nosos pratos, a caldereta de cazón. Circular informativa

Asemblea Xeral Ordinaria o 27 de novembro

DÍA: Mércores 27 de novembro do 2019 LUGAR: Salón de Usos Múltiples do CEIP Emilia Pardo Bazán HORA: 19:00 en primeira convocatoria. 19:15 en segunda convocatoria ORDE DO DÍA: 1.- Información da Xunta directiva sobre actividades realizadas e proxectos 2.- Comedor, campamentos, madrugadores e actividades extraescolares. 3.- Información sobre subvencións solicitadas e recibidas. 4.- Estado das contas do ANPA. 5.- Propostas de cambios o curso que ven: renovación automática de socios, incremento de cotas para cubrir o custo do encargado de AAEE 6.- Rogos e preguntas

A Volta ao Cole

Un ano máis, a Volta ao Cole, organizada pola asociación Unoentrecienmil ( https://unoentrecienmil.org/ ) a favor da cura contra a leucemia infantil, acaba un novo éxito de participación. Este ano os alumnos aportaron un euro por participante, ao que o ANPA Milnenos aporta un euro adicional por cada socio renovado na data do evento. En total, 400 euros adicionais aportados polo ANPA . https://www.laopinioncoruna.es/coruna/2019/10/26/carrera-escolar-leucemia-infantil/1446845.html https://www.lavozdegalicia.es/noticia/coruna/2019/10/26/eloi-gana-carrera-leucemia/0003_201910H26C12993.htm Vémonos o ano que ven nunha nova iniciativa solidaria.

Concesión das becas comedor ANPA-Jardanay

A concesión das becas se retrasa ata que o Concello resolva definitivamente as súas becas de comedor, que este anovan moi retrasadas, xa que ambas son incompatibles e polo tanto consideramos necesario ter a dita información antes de resolver. Desculpade as molestias.

Magosto o 31 de outubro

Se chove que chova

"Os piratas do Emilia" xa estamos preparados para a nosa prticipación en ENKI carreira pola integración, o vindeiro sábado 19 de outubro, e seremos máis de 220. Quedaramos na Praza de Azcárraga ás 16:00 para ir todos xuntos e tentaremos "ensaiar" algúns gritos de guerra para animar a carreira, tamén facer algunha fotografía. A vestimenta de Piratas é libre pero, para "uniformarnos" levaremos todos un pano laranxa na cabeza . Avisade a todos os que saibades qeu se inscribiron neste equipo do colexio. Neste link está toda a información: http://www.enkiproyecto.com/eventos/galicia-2019 . MOITAS GRAZAS POLA VOSA PARTICIPACIÓN

Espazo para os deberes no comedor

A partires do vindeiro xoves 17 de outubro haberá un espacio habilitado para que os nenos que o desexen poidan facer os deberes despois de comer, no horario de comedor, custodiados por un monitor. Como este espacio e tempo son reducidos realizaranse quendas de 15 minutos para cada ciclo de primaria quedando da seguinte maneira: 14:30 - 14:45   5º e 6º de primaria 14:45 - 15:00   3º e 4º de primaria 15:00 - 15:15   1º e 2º de primaria

Sesión Escola de Nais e Pais: Merendas responsables e sostibles

Invitámosvos á primeira sesión da ENP deste ano. Datos das sesións 25/10/2019 18:00-20:00 no SUM (Salón de Usos Múltiples) do colexio Poñentes Emma Enríquez. Nutriciona Contidos Veremos a forma de mellorar a alimentación dos nosos fillos dende as merendas, diminuindo á súa vez os residuos para coidar o noso entorno. Inscricións Todas as sesións son gratuítas para socios/as do ANPA Milnenos e doutras ANPAs da cidade. Tamén serán gratuítas para a EIM Los Rosales. Temos servizo de canguros gratuito para nenos/as de 4º de EI en adiante. Socios ANPA Milnenos Preinscrición a través da aplicación do ANPA segundo se indica no apartado de Trámites do blogue. Débese facer tamén a preinscripción no servizo de canguros si se desexa Socios doutras ANPAs da cidade e EIM Los Rosales Presincrición por correo electrónico a milnenos@gmail.com indicando número de asistentes e si se fará uso do servizo de canguros

Dereitos, non parches! Acción en redes sociais

Son máis de 12 os centros nos que se reduciu o profesorado en especialidades como Audición e Linguaxe, Pedagoxía Terapéutica, ademais de orientadores/as e Auxiliares Técnicos Educativos (coidador@s). Despois dos primeiros movementos, con unha concentración e as primeiras aparicións en medios de comunicación, a Xunta de Galicia moveu ficha revisando a situación nos colexios demandantes e poñendo algúns parches que consideramos totalmente insuficientes. ¡Descargade todo o manifesto e apoiade a iniciativa nas redes sociais! Dereitos, non parches! (Descargar PDF)

Ampliación da actividade de pandeireta

Dado que a actividade de baile  galego cancelouse por falta de interese entre as familias, procedemos a unificar baile  galego con  pandeireta. O horario quedaría o de pandeireta actual, pero ampliando os seus contidos para abarcar tamén baile  galego.

Concentración en contra dos recortes en persoal de atención á diversidade

O mércores 9 de outubro, ás 11:00 da mañá, diante do Edificio Administrativo de Monelos, convocámosvos a todos a participar na concentración en contra dos novos recortes de personal, especialmente de atención á diversidade, en colexios da Coruña e a súa área metropolitana. É un tema moi grave que como xa sabedes afecta ao CEIP Emilia Pardo Bazán a a moitos outros. ¡O que poida que se achegue para apoiar a toda a comunidade escolar! Máis información sobre este tema: https://www.lavozdegalicia.es/noticia/coruna/coruna/2019/10/05/nace-coruna-ampa-pionera-ninos-necesidades-especiales/0003_201910H5C5996.htm  https://www.laopinioncoruna.es/coruna/2019/10/06/inicio-curso/1441290.html

Preinscripción Listen and Speak Primaria (segunda rolda)

Xa está aberta a segunda rolda do prazo de preinscrición do programa Listen and Speak, que como sabedes faise a través da páxina web do Concello. A inscrición, al igual que outros anos, débese facer de forma online. O prazo da inscripción é do 1 ao 11 de outubro. As prazas adxudicaranse por orde de inscricion. A páxina web para a inscrición neste programa é a seguinte: https://www.coruna.gal/educacion/gl/actualidade/novas/detalle-noticia/inscricion-listen-and-speak-primaria-segunda-rolda/suceso/1453704151339?argIdioma=gl Coa primeira rolda non acadamos o mínimo para comezar a actividade, polo que quedamos á espera da segunda para saber si sae adiante ou non.

Bolsas/becas de comedor de Jardanay e ANPA Milnenos

Na seguinte ligazón podedes acceder á información das 6 bolsas de comedor que convoca o ANPA Milnenos en colaboración con  Jardanay: Bases da convocatoria Supoñerán para as familias beneficiarias ter gratis o importe de comedor todo o curso para algún dos seus fillos/as

Actualizacións de estado nas actividades (24/09/2019)

Actualizamos o estado das inscricións nas actividades extraescolares no que respecta a setembro. Actividades CANCELADAS de forma definitiva por falta de inscritos Fun English 1 e 2 primaria Percusión Robótica infantil Bádminton 6 infantil e primaria Baile galego Baile moderno 2 a 6 primaria Ioga Musica 1 e 2 primaria Clube de idiomas luns Clube de idiomas mércores Clube de idiomas xoves Actividades DUDOSAS Fútbol alevín 5 e 6 primaria (3 preinscritos) Actividades con listas de espera Outras actividades xa teñen lista de espera, polo que se algunha familia ten claro que vai cancelar algunha inscrición debedes comunicalo canto antes para dar aviso ao seguinte na lista de espera. Podedes consultar o documento coas listas de espera en actividades coas iniciais de cada alumno, para coñecer o posto que ocupades na mesma: Listas de espera en actividades

Nota informativa sobre bolsas de comedor 2019-2020

Listaxe provisional: http://www.coruna.gal/servizossociais/gl/detalle-contido/lista-provisional-de-bolsas-comedor-curso-2019-2020/suceso/1453704377024?argIdioma=gl As listaxes provisionais publicadas teñen a función de requirir a documentación que falta ou a que sexa aclaratoria para emendar a solicitude.  Para as solicitudes que aparecen denegadas abrirase un prazo para presentar as alegacións que se consideren por parte das persoas interesadas, coa publicación da segunda listaxe (listaxe predefinitiva). As alegacións que non se presenten neste prazo, non se admitirán por consideraranse fóra de prazo. No caso de que algunha persoa solicitante queira acceder ao seu expediente e valoración deberá solicitalo mediante escrito presentado no rexistro municipal. No caso de precisar asesoramento sobre calquera destes trámites poden poñerse en contacto coa educadora social do centro cívico que lle corresponda indicando que se trata dunha consulta sobre as bolsas comedor. Informaci

VI Carreira ENKI Galicia (sábado 19 de outubro)

O profesorado e o ANPA do Emilia Pardo Bazán , así coma os representantes da ANPANEE, animanvos a participar na VI Carreira ENKI Galicia Terá lugar o vindeiro 19 de outubro. Se vos animades, inscribidevos na seguinte ligazón, poñendo como nome do equipo “ Os piratas do Emilia ”: http://www.enkiproyecto.com/index . Iremos contando mais cousas pola web do colexio e o polo blogue do ANPA. O Emilia é todo un exemplo de integración e inclusión, así que temos que estar na ENKI. ANIMADEVOS!!!

Inscricións na actividade de Natación escolar (Concello)

Información para as inscricións e os impresos de Natación escolar para 3º e 4º de primaria, actividade xestionada polo Concello e FEDAPAS. Aquí detallámosvos todo o que tedes que facer se estades interesados. Horario da actividade Luns de 17:00-17:45 Desde o 01/10/2019 ata o 29/05/2020 Cotas A cota será un pago único anual de 53.47 € por participante, que inclúe transporte gratuíto para os participantes desde o centro educativo. A cobranza pasarase por cargo na conta dada de alta na aplicación o día 20 de setembro aproximadamente. Preinscrición online (obrigatoria) Prazo de preinscrición: desde o día 13 ás 22:00 ata o 18 de setembro ás 22:00. As preinscricións débense realizar como sempre online na aplicación do ANPA . A orde de confirmación de prazas será a rigorosa orde de preinscrición. Formalización de inscricións (presencial)  Aos que vos vaiamos confirmando as inscricións debedes imprimir, encher e asinar os impresos que vos facilitaremos por correo electróni

Información de ANPANEE (Asociación de Nais e Pais de Alumnos con Necesidades Educativas Especiais)

Procedemos á difusión dunha nova asociación de nova creación ANPANEE (Asociación de Nais e Pais de Alumnos con Necesidades Educativas Especiais) e vos animamos a inscribirvos e colaborar neste proxecto tan interesante e necesario. Achegamos os folletos informativos e as fichas de inscrición. Carta de presentación Ficha de inscrición

Posta en marcha das rutas A.N.C.A.S.

Achegamos a información da posta en marcha do camiño escolar seguro A.N.C.A.S, coa finalidade de que o alumnado poda desfrutar dun camiño á escola saudable e sostible e, como non, en compañía de outros/as nenos/as. Descargar documento informativo en PDF 

Preinscripción Listen and Speak Primaria

Xa está aberta a primeira ronda do prazo de preinscrición do programa Listen and Speak, que como sabedes faise a través da páxina web do Concello. A inscrición, al igual que outros anos, débese facer de forma online. O prazo da inscripción é do 3 ao 18 de setembro. As prazas adxudicaranse por orde de inscricion. A páxina web para a inscrición neste programa é a seguinte: https://www.coruna.gal/educacion/es/actualidad/noticias/detalle-noticia/inscripcion-listen-and-speak-primaria-primera-ronda/suceso/1453704150753 A lista de persoas admitidas para a primeira ronda publicaranse na web educativa do Concello o 23 de setembro.

Listaxes provisionais do programa de bolsas de comedor 2019/2020

Hoxe 4 de setembro de 2019, publícanse nas oficinas dos rexistros municipais, taboleiros de anuncios dos centros cívicos municipais, no enderezo web do taboleiro de anuncios e edictos do Concello da Coruña, na páxina web municipal da área dos servizos sociais e no teléfono de información cidadá 010 do Concello da Coruña, as listaxes provisionais de admitidas/os e excluidas/os da convocatoria do Programa de bolsas de comedor do Concello da Coruña para o curso 2019-2020. Nesta listaxe indícanse as causas de exclusión e concédese un prazo de 10 días hábiles para emendar a documentación as persoas que teñan un requerimento dela  que será do 5 ó 18 de setembro de 2019, ambos os días incluídos. A información pódese obter na web municipal de servizos sociais ( www.coruna.es/serviciossociales ), no teléfono 010 de información cidadá e nos centros cívicos municipais.

Preinscricións en actividades

Ao longo dos próximos días iranse confirmando as preinscricións de actividades e renovacións. Lembrarvos que aínda hai moitas familias que non seguiron correctamente as instrucións de inscrición. Revisade en especial os seguintes puntos: Todo alumno nalgunha actividade debe estar inscrito no SEGURO de forma obrigatoria Todo alumno débese inscribir nunha das opcións de MATRÍCULA en función do número de actividades inscritas  Toda familia que asista a algunha actividade ou comedor debe estar inscrita en RENOVA, pola contra aplicaránselle os prezos de non socios en todos os servizos Lembrarvos que os cargos se farán a partir de outubro, nunca antes. As preinscricións confirmadas con estado “Inscrito” garanten a praza na actividade, a condición de que a actividade non se cancele por falta de alumnos. As que estean en estado “Lista de espera“ poderán chegar a confirmarse na medida na que outros alumnos inscritos déanse de baixa. Nestes momentos temos as seguintes actividades

Renovacións, altas e información do curso 2019/2020

Información xeral Este ano todos os trámites serán exclusivamente por vía telemática . A partir de setembro, no horario de apertura habitual do local vos poderemos explicar como realizar os distintos trámites no odenador do local, pero todos os trámites terédelos que facer co voso usuario e contrasinal persoal. Para evitar problemas, recomendámosvos non usar Internet Explorer en ningún caso. Se é posible, agradecémosvos que os pagos se fagan por domiciliación bancaria, xa que as transferencias xérannos un traballo adicional importante. O pago en efectivo este curso non se admitirá en ningún caso . Renovación de socios Xa tedes aberta na aplicación do ANPA a renovación de socios do curso 2019/2020, seguindo as instrucións do apartado de trámites do blogue: https://milnenosgalego.blogspot.com/p/tramites.html NOTA IMPORTANTE : PARA A CORRECTA RENOVACIÓN HAI QUE SELECCIONAR NO DESPREGABLE DO CURSO NA PARTE SUPERIOR DA PANTALLA O CURSO 2019-2020. A confirmación das preinscricións ser irá f