Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Xuño, 2021

Cambio no menú de comedor

Estimadas familias,  Desde JARDANAY, comunícannos un cambio no menú de comedor para mañá, coa intención de facelo un pouco máis festivo, e nos informan que adaptarán os diferentes menús ás alerxias e intolerancias alimentarias , sendo este o resultante:   1) Para o alumnado que fai uso do COMEDOR:  Menú anterior Primeiro prato: espaguetis boloñesa. Segundo prato: tortilla española con ensalada de leituga, millo e olivas. Sobremesa: iogur. Novo menú Primeiro prato: crema campera. Segundo prato: pizza artesá de xamón e mozzarella. Sobremesa: danonino. 2) Para o alumnado que ten a opción de  JARDANAY NA CASA :  Menú anterior: Primeiro prato: patacas á rioxana. Segundo prato: lombo ás finas herbas con champiñóns e xudías. Sobremesa: iogur. Novo menú: Primeiro prato: crema campera. Segundo prato: filete de polo ás finas herbas con espirais ó vapor. Sobremesa: danonino. Esperamos que sexa do voso agrado, e que as nenas e nenos o disfruten!!! Saúdos!

MATRÍCULA 2021/22

Esta semana ábrese o prazo de formalización da matrícula para as nenas e nenos  que comenzan no colexio. Farase na secretaría do cole dende o 21 ao 30 de xuño  no horario de 9:00 a 14:00 horas. http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipemiliapardobazancoruna/  

CAMPACOLES

 Informarvos co prazo para o pago da inscrición nos Campacoles  é do 11 ao 15 de xuño. 

FONDO DE LIBROS

FONDO   SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR. ED330 B O prazo para a presentación de solicitudes finaliza o día 22 de xuño de 2021(este incluído). Lembrade que é tanto para os cursos 3º, 4º, 5º e 6º de primaria como para a ESO. As nenas e os nenos que comecen  no instituto poden presentar as solicitudes na secretaría do centro en horario de 9:00 a 14:00 ademáis de xeito telemático. Deixámosvos as ligazóns con toda a información e accesos de presentación de solicitudes. https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=ED330B&ano=2021

REVISTA DO EMILIA

 Xa temos a REVISTA 2020/21 do Emilia  Pardo Bazán. Noraboa polo gran traballo. Na web do cole podedes vela. http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipemiliapardobazancoruna/

BIBLIOLAB

    Convertiuse a BiblioLab nun estudio de radio no que os nenos/as de 5° fixeron varias entrevistas. Previamente prepararan algún corte nos recreos. Proximamente en Emilia na Onda o resultado  https://bibliotecaepb.blogspot.com/?m=   https://www.instagram.com/p/CM449SrDB0h/?utm_source=ig_web_button_share_sheet https://twitter.com/bibliotecaEPB?s=08

O ABANO DE EMILIA

 Familias mirade o traballo que fixeron as nosas nenas e os nosos nenos para conmemorar o centenario da morte de Emilia Pardo Bazán. Está no corredor de entrada do colexio.  Tedes todos os detalles no blog da biblioteca. https://bibliotecaepb.blogspot.com/2021/06/o-abano-de-emilia.html?m=1

XORNADAS DE PORTAS ABERTAS DE FÚTBOL E BALONCESTO

Ola familias, Durante o mes de xuño o Club Deportivo Os Rosales iniciará xornadas de portas abertas nas actividades de fútbol e baloncesto para os alumnos de 6ºde infantil a 6ºde primaria. Este ano para cumprir o protocolo de Covid 19, as nais, pais ou titores legais deberán pedir cita a través do correo cdlosrosalesbaloncesto@gmail.com