Adiántase o prato de mañá, pescada á romana, para hoxe e mañá serviremos
a tortilla paisana. A guarnición de ambos os pratos mantense sen
cambios.
mércores, 19 de xuño de 2019
martes, 18 de xuño de 2019
Eventos de fin de curso
Desde o ANPA Milnen@s, facémosvos un pequeno
resumo das actividades de final de curso que levamos a cabo tanto para
as familias socias como para as familias que non son socias. Unha vez
pasada a diversión das exhibicións de fin de curso das nosas actividades
extraescolares, a última semana de curso é tempo de celebración de toda
a comunidade escolar.
Desde o ANPA realizamos a impresión das orlas tanto de 6º de EP, como de último ano de EI, para que cada neno dos devanditos cursos poida levar un recordo material do seu paso polo CEIP.
Ademais, a festa de fin de curso que se celebrará durante toda a mañá do venres, corre tamén a cargo do ANPA, coa colaboración da empresa de lecer educativo Serocio. Teremos unha mañá chea de xogos, inchables, talleres e outras actividades de lecer, nas que participará todo o colexio.
Finalmente, ese mesmo venres tamén en horario de mañá, terá lugar a gradación do alumnado de 6° de EP, un acto semi formal que contará a actuación do Mago Benxamín, contratado tamén polo ANPA.
Esperamos que os pequenos gocen moitísimo!

domingo, 9 de xuño de 2019
Información para as inscricións do novo curso 2019/20
Alta de novos socios
Prazos: dende o 10 de xuño
As familias do
alumnado de novo ingreso no centro que desexen darse de alta na Asociación de
Nais e Pais (ANPA Milnen@s) poden facelo non seguinte ligazón:
https://milnenosgalego.blogspot.com/p/tramites.html dende o 10 de xuño. A
presentación será exclusivamente telemática, aínda que vos podedes pasar
polo local no seu horario habitual para que vos axuden coa tramitación
telemática.
Recordarvos que
os socios pagarán un prezo inferior de comedor, actividades e campamentos e
poderán asistir ás numerosas charlas gratuítas da Escola de Nais e Pais (con
servizo de canguros gratuíto) e ás festas organizadas pola asociación.
Renovación de socios, alta en actividades e comedor
Prazos: dende o 8 de xullo
A presentación será exclusivamente por vía telemática tal e coma se indica no apartado de Trámites. en setembro vos podedes pasar polo local no seu horario habitual para que vos axuden coa tramitación telemática.
martes, 4 de xuño de 2019
Calendario de exhibicións de final de curso
Vos enviamos o calendario de exhibicións de fin de curso. Podedes asistir libremente.
¡Animádevos para ver o ben que traballaron os nosos pequenos!
¡Cambios de última hora!
Judo infantil e 1º de primaria, 16:15
Judo primaria, 17:15
Pandeireta e baile galego serán no SUM (Salón de Usos Múltiples) do CEIP
Horarios e espazos das actividades de fútbol

Subscribirse a:
Publicacións (Atom)