Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Febreiro, 2014

Festa do entroido: grazas!!!

Queremos agradecer a todas as familias que foron á festa de onte a súa colaboración para que o pavillón quedase limpo e recollido ao rematar, a Carlos e Cris (pais do cole), por conseguir as filloas,  a Jardanay por prepararnos o chocolate   e a Eroski polos biscoitos... Aproveitamos para avisar de que quedou esquecido no pavillón un gorro de disfrace vermello cunha flor. Deixámolo en conserxaría no  cole  por se queredes recollelo.

HOXE, FESTA DO ENTROIDO!!!

Aforo completo!!! Xa no quedan invitacións para a festa de entroido... *Lembrade que está PROHIBIDO o USO DE SPRAYS, PETARDOS E SIMILARES dentro de todo o recinto. *AXUDADE A MANTER LIMPO O PAVILLÓN DURANTE A FESTA. A directiva da anpa agradece a vosa colaboración para que o pavillón quede recollido e limpo ao rematar. *Non se poderá aparcar na explanada diante do pavillón, o espazo estará ocupado polos vehículos da organización da festa.

Reunión no IES Rafael Dieste

A Anpa do IES Plurilingüe Rafael Dieste invita as familias d@s alumn@s de 6º de primaria do CEIP Emilia Pardo Bazán a unha reunión informativa que se celebrará no Salón de Actos do IES o día 27 de febreiro ás19:30 horas, coa finalidade de informar sobre as  características e servizos do Centro en ESO e Bachalerato. O prazo de presentación de solicitudes para os centros de Secundaria vai do 1 ao 20 de marzo. Cada alumn@ só pode presentar unha única solicitude no centro onde solicita praza en primeiro lugar.

La Voz de Galicia, 26-02-2014

Piden un permiso laboral  para  que los padres puedan  ir a las  tutorías de sus hijos Un manifiesto respaldado por todas las ANPAs, sindicatos  y  patronal de la enseñanza reclama seis horas en cada curso R. R. GARCÍA Redacción / La Voz    26 de febrero de 2014   05:00 2  votos Los padres también deben involucrarse en la actividad escolar.  CASAL «Horario de tutorías: miércoles, de doce a una». Avisos como este, o con otras horas igualmente imposibles, son los que reciben los padres nada más empezar el curso. Por un lado, los profesores insisten cada vez más en la necesidad de reunirse con los padres de alumnos para seguir su evolución académica y personal, pero por otro los interesados chocan con un muro muchas veces infranqueable: en la mayoría de las familias ya trabajan los dos miembros de la pareja y sus horarios son incompatibles con las tutorías. Es un querer y no poder. Como quiera que la relación entre profesores y padres es «determinante pa

Obras de ampliación

AS OBRAS DE AMPLIACIÓN DO COLEXIO INICIARÁNSE EN BREVE Novas A Consellería de Cultura e Educación adxudica por preto de 1,7 millóns de euros a ampliación do CEIP Emilia Pardo Bazán e comezará as obras nas próximas semanas   A ampliación permitirá dar resposta ás necesidades educativas do barrio coruñés dos Rosales, coa creación de nove aulas, unha sala de usos múltiples, un comedor, unha nova zona de administración e dúas unidades de apoio   Mér, 19/02/2014 - 10:26     A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria acaba de adxudicar a obra de ampliación do CEIP Emilia Pardo Bazán, na Coruña, á UTE Vías y Construcciones S.A. Petrolam A Veiga S.L., por un importe de preto de 1,7 millóns de euros. Tras este trámite, está previsto que as obras comecen nun prazo duns 20 días, en canto se asine o contrato coa empresa adxudicataria. Deste xeito cúmprese co compromiso formalizado diante da comunidade educativa deste cent

Boas novas sobre a ampliación

Como sabedes, onte fixemos unha concentración ás portas do colexio para pedir o comezo das obras do novo edificio, tantas veces anunciadas e que aínda non comezaron.  Tras a concentración, a Xunta emitiu un comunicado  público no que asegura que as obras de ampliación comezarán en 20 días:   http://www.edu.xunta.es/web/node/11766 A información aparece en varios medios: http://radiocoruna.com/informativos-radio-coruna/la-comunidad-escolar-del-emilia-pardo-bazan-protesta-por-el-retraso-de-las-obras-de-ampliacion/gmx-niv14-con17115.htm La Voz de Galicia: http://www.lavozdegalicia.es/noticia/coruna/2014/02/19/educacion-adjudicara-viernes-obras-emilia-pardo-bazan/0003_201402H19C6995.htm La Opinión: http://www.laopinioncoruna.es/coruna/2014/02/20/medicina-protesta/813550.html El Ideal Gallego: http://www.elidealgallego.com/articulo/coruna/final-cuento-nunca-acabar/20140219232245174765.html Esperamos que esta vez sexa a definitiva! Grazas a tod@s

Por outra saída da crise

ASOGA (Alianza Social Galega), na que está integrada CONFAPA-GALICIA, convoca manifestacións en varias localidades para o 27 de febreiro:

La Voz de Galicia, 19 de febreiro de 2014

Educación adjudicará el viernes  las obras  del  Emilia  Pardo Bazán Los trabajos se iniciarán en un plazo de quince o veinte días ANA LORENZO A CORUÑA / LA VOZ    19 de febrero de 2014   05:00 0  votos Ya hay fecha definitiva. Después de varios años de espera y de multitud de anuncios fallidos sobre el inicio de las obras, la Consellería de Educación confirmaba ayer que este viernes adjudicará las obras de ampliación del colegio Emilia Pardo Bazán, cuyos trabajos podrían iniciarse en el plazo de quince a veinte días, sobre mediados del mes de marzo. Con este proyecto se da respuesta a una de las reclamaciones más importantes del colectivo educativo coruñés, ya que desde hace años se venía reclamando la ampliación de este colegio, que se había quedado pequeño para atender a la gran demanda de alumnos, puesto que está situado en el barrio de Los Rosales, una de las zonas de la ciudad con mayor número de alumnos en edad escolar. El proyecto que se ejecutará e

Protestamos contra o atraso nas obras do colexio

O pasado decembro, a Anpa enviou un texto a diferentes medios de comunicación sobre o atraso nas obras de ampliación do centro, que xa acumulan un retardo de anos, aínda que foron anunciadas por última vez nun acto no colexio no mes de abril. Podedes velo na web do cole neste enlace . A noticia foi publicada pola Opinión, El Ideal Gallego, La Voz de Galicia e Radio Coruña Cadena Ser.  O dito atraso foi denunciado tamén polo Grupo Parlamentar da Alternativa Galega de Esquerda (EU-ANOVA) no Parlamento de Galicia, e polo BNG e EU-Os Verdes no Concello.  (Podedes ler as noticias e ver toda a información neste blogue, na etiqueta "Obras"). Ao día seguinte da aparición da noticia nos medios de comunicación, o conselleiro de Educación, Xesús Vázquez, anunciou que se estaban ultimando os trámites para a adxudicación das obras. Pero xa transcorreron outros dous meses e as obras seguen sen comezar. Por iso, dende a ANPA Milnen@s queremos mostrar públicamente a nosa protesta polo

Gran festa do Entroido!!! Xoves, 27 de febreiro

Socios: 4 invitacións. Traede o voso carné de socio. Non socios: 4€/entrada. Reparto de invitacións e entradas no local da ANPA: luns de 16 a 17, xoves de 9 a 10. Recollede as vosas entradas ou invitacións anticipadas para evitar colas o día da festa e asegurarvos a entrada (aforo limitado)!! *Lembrade que está PROHIBIDO o USO DE SPRAYS, PETARDOS E SIMILARES dentro de todo o recinto. *AXUDADE A MANTER LIMPO O PAVILLÓN DURANTE A FESTA. A directiva da anpa agradece a vosa colaboración para que o pavillón quede recollido e limpo ao rematar. *O día da festa non se poderá aparcar na explanada diante do pavillón, o espazo estará ocupado polos vehículos da organización da festa.

Nova alerta laranxa - 14 de febreiro

A Axencia Estatal de Meteoroloxía e Meteogalicia alertan dun fenómeno meteorolóxico adverso de nivel  laranxa , por  fortes rachas de vento, durante toda a xornada do día 14 de FEBREIRO de 2014 ,  que afectará aos centros situados en toda Galicia agás aos situados no Sur de Lugo, Montaña e Miño de Ourense, onde o nivel de risco será amarelo. Ante a devandita situación de risco, a Comisión Escolar de Alertas acordou a  SUSPENSIÓN DAS ACTIVIDADES NO EXTERIOR  das instalacións dos centros educativos situados en toda Galicia agás no Sur de Lugo, Montaña e Miño de Ourense, con seguimento das condicións climáticas. Para o caso de que as circunstancias da localidade onde se atopa o centro supuxesen un risco superior ao declarado inicialmente e pasase a unha declaración de nivel vermello, ou existisen circunstancias que o aconsellasen, os/as directores/as poderán adoptar as decisións oportunas respecto da suspensión da actividade docente. A información meteorolóxica poderá ser consultad

Concurso de carteis do Entroido 2014

Xa temos gañadores do concurso de carteis do entroido 2014:    Primeiro premio: Noa Peteira Díaz, 4 anos Segundo premio: Martín Alvar Fraguio, 7 anos Terceiro premio: Lucía Souto Otero, 10 anos Os premios entregaranse durante a festa do día 27 de febreiro. Parabéns para @s premiad@s e moitísimas grazas a tod@s @s participantes!! Nesta  Galería de fotos  podedes ver todos os traballos d@s nos@s artistas. O xurado tívoo moi difícil para decidir!!!

Charla informativa no IES Salvador de Madariaga

O próximo martes 11, ás 19.00, no Centro IES Salvador de Madariaga realizarase unha xornada de portas abertas dirixida a todas as familias do CEIP EMILIA PARDO BAZAN que teñen fillos en 6º de Primaria. O prazo de preinscrición e reserva de praza no Centro asignado remata o 15 de febreiro.

Nova alerta meteorolóxica - Xoves 6 de febreiro

A Comisión Escolar de Alertas determina a suspensión das actividades no exterior dos centros educativos de toda Galicia este xoves 6 pola alerta laranxa Espérase un fenómeno meteorolóxico adverso por rachas de máis de 110 quilómetros por hora Mér, 05/02/2014 - 13:06 A Comisión Escolar de Alertas acaba de determinar – polo fenómeno meteorolóxico adverso de nivel laranxa- a  suspensión das actividades no exterior das instalacións dos centros educativos de toda Galicia este  xoves 6 de febreiro , por mor dun fenómeno meteorolóxico adverso  por rachas de máis de 110 quilómetros por hora, con nivel de alerta laranxa. Aínda que non se suspende a actividade docente nin o transporte escolar , a Comisión Escolar de Alertas recomenda o seguimento das condicións meteorolóxicas nas catro provincias galegas. Polo tanto, igual que o martes, o s monitores de actividades extraescolares non realizarán os traslados no exterior do colexio .  Para fa
A Comisión Escolar de Alertas determina para mañá  martes, 4 de febreiro, a suspensión das activ idades no exterior das instalacións dos centros educativos na provincia da Coruña , por un fenómeno de rachas de vento de nivel laranxa. Acordouse a non suspensión da actividade docente.  Por este motivo o alumnado permanecerá no interior dos edificios durante toda a xornada escolar. Os monitores de actividades extraescolares non realizarán os traslados no exterior do colexio .  Para facilitar a súa realización, o día 4 as activid ades de Ximnasia rítmica e Aerozumba  serán no  Salón de Usos Múltiples do colexio  no horario habitual da actividade.  As actividades de  baloncesto e hockey  terán lugar no pavillón, pero  os monitores non se encargarán dos traslados . @s nen@s que necesiten quedar no colexio despois de comedor ou doutras actividades e non poidan ser trasladad@s polas familias, teñen a posibilidade de acodir excepcionalmente ás actividades que se realizan neses hor