Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Maio, 2022

FONDO SOLIDARIO LIBROS E MATERIAL 2022/23

Convocatoria do fondo solidario de libros de texto e axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, ESO e educación especial para o curso escolar 2022/23 Información

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2022

Hoxe é o día das letras galegas, celebración para homenaxear a persoas que destacaron pola achega literaria ao idioma galego. Dende 1963, cada 17 de maio a Real Academia Galega adica este día a unha personalidade distinta. Este ano ao escritor Florencio Delgado Gurriaran. A AMPA do Emilia quere animar a que todos os nenos e nenas falen galego e cóideno como un tesouro, unha parte imprescindible para seguir SENDO GALEGOS E GALEGAS. Coa colaboración da comunidade educativa e participación de personaxes recoñecidos dentro da televisión, xornalismo, música, arte, deporte, educación, cinema e teatro, así como os nosos heroes os bombeiros e personal sanitario, elaboramos con moito agarimo e ilusión este vídeo para dicirvos que:  NENAS E NENOS DO EMILIA FALADE GALEGO! Grazas a todos os que adicástedes o  voso  tempo para participar neste vídeo, e grazas Sonia pola súa montaxe. David Amor (Actor/Humorista) Guadi Galego (Cantante) Leandro Lamas (Pintor) Sergio Pazos (Actor y cómico) Uxia Lambon

CAMPAMENTOS VERÁN 2022

Comeza o Campamento de Verán máis divertido e inclusivo organizado por ENKI e a ANPA do CEIP Emilia Pardo Bazán na Coruña. Se o pasas ben na Carreira ENKI, Imaxínate nun campamento! Toda a información en: -Páxina de CAMPAMENTOS do blogue. - Información ENKI Queremos tamén informar, que este ano, FEDAPAS davos a opción de CAMPACOLES con sede no CEIP San Pedro de Visma. Neste caso, as prazas son 45, tendo preferencia as inscricións do alumnado dese centro. Aínda non temos a información confirmada para poder ofrecela, só que sería nas mesmas datas, en horario de 10h a 14h con posibilidade de mañanceiros e comedor, ampliando horario de 08:30 a 15h:30, o alumnado beneficiario da beca comedor do concello está exento da cota do campamento, mais non do resto de servizo En canto teñamos datos mais precisos, tamén volos faremos saber. Para calquera dúbida, consulta ou suxerencia, estamos á vosa disposición

XORNADAS DE BIBLIOTECA E FAMILIA

Ábrese  a inscrición para a 3° xornada de Biblioteca e familia coa narración oral da man de Paula Carballeira o martes 31 de maio ás 17h na biblioteca do centro. Haberá 60 prazas para esta actividade. Formulario inscrición

SEMANA DAS LETRAS GALEGAS

Arranca a semana das letras galegas!   Dentro dos nosos festexo do día das letras galegas, onte montamos una exposición de instrumentos na entrada del colexio grazas a colaboración de Cantigas na Terra, sobre todo a un dos  compoñentes que é papá do colexio.  Involucráronse moitísimo os mestres de música, que tiveron reunión con eles para facelo  máis en consenso. O cole, vai levar a todas as clases, incluido infantil, de "mini excursión" a ver a exposición e falarlles  de cada instrumento. Grazas Cantigas da Terra, grazas Álex, e grazas  @epb  por facelo posible.

CIENCIA NA RUA

O sábado 7 de maio o parque de Santa Margarita encherase coas actividades do Día da Ciencia na Rúa HORARIO: De 11 a 19 horas ORGANIZA: Organizado Organizado por Museos Científicos Coruñeses-Concello da Coruña, Asociación de Amigos da Casa das Ciencias e Cátedra EMALCSA-UDC. Coa colaboración da Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía - Ministerio de Ciencia e Innovación. . Toda a información 

SORTEO LETRAS GALEGAS

Celebramos o día das letras galegas! A ANPA @milnenos en colaboración con distintas editoriais galegas sortea varios lotes de libros en galego adaptados a infantil e primaria. Para participar debes ser familia socia da ANPA e estar ao corrente dos pagos. Só se entregará un lote por unidade familiar.  Segue estes pasos para participar no sorteo:  Segue a nosa conta de Instagram @milnenos  Segue a conta de Instagram do colexio @epbcole  Sube un debuxo do colexio feito pola túa crianza e etiquétanos no mesmo. Poderedes se queredes deixar os debuxos no buzón do local da ANPA e serán expostos nun mural nas instalacións de comedor/ mañanceiros, pero tedes que colgalos no instagram para poder participar. Todas as crianzas que queiran poden deixar os debuxos pero só os que estén subidos e etiquetados participarán no sorteo. O prazo para participar rematará o domingo 15 de maio ás 23:59. O sorteo realizaráse a través dunha aplicación que elexirá de forma aleatoria ás familias gañadoras. Non se