Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Xullo, 2014

Banco solidario de libros de texto

Xa rematou o prazo para doar e solicitar libros do banco solidario de libros de texto e aínda quedan algúns libros dispoñibles, dalgúns cursos e materias, incluíndo libros de lectura de 1º de  Primaria . Se estades interesados en recibilos, enviade un correo especificando: nome do alumno/a, curso, libros que solicitades e n.º de socio do  ANPA (se aínda non renovastes para o curso 2014/2015, podedes facer a renovación  pagando a cota no banco e enviando o xustificante por correo electrónico). Para pedir os libros podedes usar a  folla de solicitude . Iremos adxudicando os libros entre os socios da  ANPA  por orde de chegada das solicitudes. Cando fagades a solicitude recibiredes un correo o antes posible indicando se hai suficientes libros para atender a vosa petición, e se é o caso poderedes recollelos en setembro.