Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Outubro, 2019

A Volta ao Cole

Un ano máis, a Volta ao Cole, organizada pola asociación Unoentrecienmil ( https://unoentrecienmil.org/ ) a favor da cura contra a leucemia infantil, acaba un novo éxito de participación. Este ano os alumnos aportaron un euro por participante, ao que o ANPA Milnenos aporta un euro adicional por cada socio renovado na data do evento. En total, 400 euros adicionais aportados polo ANPA . https://www.laopinioncoruna.es/coruna/2019/10/26/carrera-escolar-leucemia-infantil/1446845.html https://www.lavozdegalicia.es/noticia/coruna/2019/10/26/eloi-gana-carrera-leucemia/0003_201910H26C12993.htm Vémonos o ano que ven nunha nova iniciativa solidaria.

Concesión das becas comedor ANPA-Jardanay

A concesión das becas se retrasa ata que o Concello resolva definitivamente as súas becas de comedor, que este anovan moi retrasadas, xa que ambas son incompatibles e polo tanto consideramos necesario ter a dita información antes de resolver. Desculpade as molestias.

Magosto o 31 de outubro

Se chove que chova

"Os piratas do Emilia" xa estamos preparados para a nosa prticipación en ENKI carreira pola integración, o vindeiro sábado 19 de outubro, e seremos máis de 220. Quedaramos na Praza de Azcárraga ás 16:00 para ir todos xuntos e tentaremos "ensaiar" algúns gritos de guerra para animar a carreira, tamén facer algunha fotografía. A vestimenta de Piratas é libre pero, para "uniformarnos" levaremos todos un pano laranxa na cabeza . Avisade a todos os que saibades qeu se inscribiron neste equipo do colexio. Neste link está toda a información: http://www.enkiproyecto.com/eventos/galicia-2019 . MOITAS GRAZAS POLA VOSA PARTICIPACIÓN

Espazo para os deberes no comedor

A partires do vindeiro xoves 17 de outubro haberá un espacio habilitado para que os nenos que o desexen poidan facer os deberes despois de comer, no horario de comedor, custodiados por un monitor. Como este espacio e tempo son reducidos realizaranse quendas de 15 minutos para cada ciclo de primaria quedando da seguinte maneira: 14:30 - 14:45   5º e 6º de primaria 14:45 - 15:00   3º e 4º de primaria 15:00 - 15:15   1º e 2º de primaria

Sesión Escola de Nais e Pais: Merendas responsables e sostibles

Invitámosvos á primeira sesión da ENP deste ano. Datos das sesións 25/10/2019 18:00-20:00 no SUM (Salón de Usos Múltiples) do colexio Poñentes Emma Enríquez. Nutriciona Contidos Veremos a forma de mellorar a alimentación dos nosos fillos dende as merendas, diminuindo á súa vez os residuos para coidar o noso entorno. Inscricións Todas as sesións son gratuítas para socios/as do ANPA Milnenos e doutras ANPAs da cidade. Tamén serán gratuítas para a EIM Los Rosales. Temos servizo de canguros gratuito para nenos/as de 4º de EI en adiante. Socios ANPA Milnenos Preinscrición a través da aplicación do ANPA segundo se indica no apartado de Trámites do blogue. Débese facer tamén a preinscripción no servizo de canguros si se desexa Socios doutras ANPAs da cidade e EIM Los Rosales Presincrición por correo electrónico a milnenos@gmail.com indicando número de asistentes e si se fará uso do servizo de canguros

Dereitos, non parches! Acción en redes sociais

Son máis de 12 os centros nos que se reduciu o profesorado en especialidades como Audición e Linguaxe, Pedagoxía Terapéutica, ademais de orientadores/as e Auxiliares Técnicos Educativos (coidador@s). Despois dos primeiros movementos, con unha concentración e as primeiras aparicións en medios de comunicación, a Xunta de Galicia moveu ficha revisando a situación nos colexios demandantes e poñendo algúns parches que consideramos totalmente insuficientes. ¡Descargade todo o manifesto e apoiade a iniciativa nas redes sociais! Dereitos, non parches! (Descargar PDF)

Ampliación da actividade de pandeireta

Dado que a actividade de baile  galego cancelouse por falta de interese entre as familias, procedemos a unificar baile  galego con  pandeireta. O horario quedaría o de pandeireta actual, pero ampliando os seus contidos para abarcar tamén baile  galego.

Concentración en contra dos recortes en persoal de atención á diversidade

O mércores 9 de outubro, ás 11:00 da mañá, diante do Edificio Administrativo de Monelos, convocámosvos a todos a participar na concentración en contra dos novos recortes de personal, especialmente de atención á diversidade, en colexios da Coruña e a súa área metropolitana. É un tema moi grave que como xa sabedes afecta ao CEIP Emilia Pardo Bazán a a moitos outros. ¡O que poida que se achegue para apoiar a toda a comunidade escolar! Máis información sobre este tema: https://www.lavozdegalicia.es/noticia/coruna/coruna/2019/10/05/nace-coruna-ampa-pionera-ninos-necesidades-especiales/0003_201910H5C5996.htm  https://www.laopinioncoruna.es/coruna/2019/10/06/inicio-curso/1441290.html

Preinscripción Listen and Speak Primaria (segunda rolda)

Xa está aberta a segunda rolda do prazo de preinscrición do programa Listen and Speak, que como sabedes faise a través da páxina web do Concello. A inscrición, al igual que outros anos, débese facer de forma online. O prazo da inscripción é do 1 ao 11 de outubro. As prazas adxudicaranse por orde de inscricion. A páxina web para a inscrición neste programa é a seguinte: https://www.coruna.gal/educacion/gl/actualidade/novas/detalle-noticia/inscricion-listen-and-speak-primaria-segunda-rolda/suceso/1453704151339?argIdioma=gl Coa primeira rolda non acadamos o mínimo para comezar a actividade, polo que quedamos á espera da segunda para saber si sae adiante ou non.