Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Outubro, 2021

SAMAÍN

  Na páxina web do colexio podedes facer un xogo para aprender sobre a festa de Samaín. Feliz ponte!

INCIDENCIA PATINAXE

Coma sabedes, o mestre de patinaxe, comunicou a súa intención de rescindir a colaboración profesional coa nosa cativada. Ao ser con tan pouco marxe de tempo, non puidemos avisar ás familias, pero garantimos que estiveron pasándoo moi ben con Lucía, a coordinadora de AAEE e estiveron sempre atendidos e vixiados por voluntarias da ANPA como reforzo. Tanto hoxe coma venres desta semana, na quenda de patinaxe, podemos ofrecer o mesmo. Quen precise conciliar e pasalo moi ben con Lucía, ahí estaremos. Para a vindeira semana, esperamos poder retomar con normalidade as clases de patinaxe, eso sí, cun novo mestre do que xa vos iremos informando. Aquí vos dedicamos algunas das obras de arte que fixeron. Son uns artistas!!

DOAZÓN

Estimadas familias, O alumnado da actividade de baloncesto 🏀.... Está de sorte! Grazas á xenerosa doazón dun particular a nosa ANPA, recibirán esta semana un balón de agasallo para que poidan practicar e gozar do baloncesto.

DEREITOS NON PARCHES

 Baixo a lema a piques de estoupar e con pancartas e globos, reunímonos este luns na Coruña ante o edificio administrativo da Xunta en Monelos. Reclamamos as carencias de persoal que sufrimos e que afectaban especialmente á atención á diversidade.

ENKI-EQUIPO EMILIA SUBMARIÑA

EQUIPO EMILIA SUBMARIÑA! Xa queda pouco para a carreira máis divertida e solidaria de Galicia. A cita será o sábado 23 de outubro en horario de 16:00 a 19:30. O noso equipo “ EMILIA SUBMARIÑA ” levará como distintivo unha pañoleta laranxa, pero como somos un grupo moi animado disfrazarémonos de calquera cousa que teña que ver coa fauna mariña. O punto de encontro será a Praza de María Pita e faremos un percorrido de 2,46 Km. Poderedes recoller os vosos dorsais o xoves e o venres no Corte Inglés de  Ramon e Cajal nas franxas horarias que elixades nas instrucións que vos mandaron ao adquirir os dorsais. Selecciona mediante esta ligazón o horario que máis te conveña:   https://forms.gle/ hjNqtTczHzZWJKph8 Lembrarvos que o uso da máscara que cubra nariz e boca será obrigatorio durante todo o evento. Os menores de 6 anos están exentos así como as persoas que teñan un xustificante que lles exima da súa utilización. É de obrigado cumprimento a presentación do certificado de vacinación /

CONCENTRACIÓN 26 DE OUTUBRO

DEREITOS, NON PARCHES O 29 de setembro, familias de varios centros da Coruña e comarca inzamos as nosas escolas para denunciar a situación na que nos puxo un ano máis a Consellería de Educación ao non dotar do persoal que precisamos para que todo o alumnado con Necesidades Específicas de Apoio Educativo estean atendidas como precisan:. - No CEIP Valle Inclán de Oleiros cómpre unha persoa de Pedagoxía Terapéutica e mais media xornada de Audición e Linguaxe. - No CEIP Vila de Rutis e no CEIP Labaca están sen a especialista de Pedagoxía Terapéutica que lles corresponde por catálogo. - No CEIP Ría do Burgo precisan que a especialista de Audición e Linguaxe volva estar a xornada completa e que se incorpore unha Pedagoga Terapéutica para cubrir as novas necesidades. - No CEIP A Rabadeira reduciuse unha especialista de Pedagoxía Terapéutica. Este curso, ademais, varios centros comezaron o curso sen poder ofrecer especialistas de materia e mesmo profesorado titor para todo o seu alumnado,

MERENDAS SAUDABLES

Comprometidos coa saúde! Aquí vos deixamos  o plan de merendas que se marca para educación infantil, para que se afagan a comer de todo e sempre é máis fácil se ven aos seus compañeiros. En primaria é libre pero sempre pode servir de referencia

DÍA MUNDIAL DA SAUDE MENTAL

Para dar visibilidade ao tema da saúde mental, a Fundación Salma, organizou na chaira que hai detrás do aparcamento da Torre de Hércules unha exhibición de voo de cometas. As familias que queiran, poderán participar coas súas propias cometas. A Fundación Salma tamén distribuirá algunhas e terá unha mesa-taller onde os máis pequenos poderán elaborar as súas propias. O acto terá lugar de 12:30 a 14:00 h, e estará amenizado polo gaiteiro Santiago Lage. Convídannos a compartir unha xornada agradable en compañía, e a manifestar, coa súa presenza, a necesidade de mellorar o estado en que se atopa a saúde mental na nosa Comunidade, especialmente no sector de infanto-xuvenil.   

MERGÚLLATE

O Proxecto Documental Integrado (PDI) deste ano  do noso cole, se chama "Mergúllate!". Estará adicado á investigación sobre diversos aspectos sobre os mares e océanos. Terán especial importancia os Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable 2030 (ODS2030). O número 14 fai mención directa á vida submarina e á conservación dos mares e océanos e os recursos mariños.Ao longo do curso as nosas crianzas irán coñecendo moitos deles a través de diferentes actividades. Qué sabemos dos océanos?? Están a buscar unha imaxe ao proxecto para identificar todas as actividades que poidamos facer na colexio. Necesitan das vosas ideas, escollerase o que mellor identifique o tema e os valores de coidado do medio ambiente e respecto pola natureza. Todas as vosas achegas publicaranse no  Blog da biblioteca EPB Mergulládevos!!

APERTURA BIBLIOTECA EPB

A biblioteca volverá abrir para o alumnado o vindeiro luns 4 de outubro . Hoxe apareceron nas aulas unhas mochilas vermellas, un misterio da nosa biblioteca ....preguntade a vosas crianzas!!! Todas as novidades, e como reservar libros  no  blogue biblioteca EPB  e nas  redes sociais