Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Xullo, 2020

Datas de apertura de inscricións de novos socios, actividades e comedor

Como xa sabedes, este será un novo curso complicado. Por iso, dado que os protocolos de funcionamento aínda non están pechados, atrasamos as datas habituais de inscricións ás que vos indicamos a continuación. Estamos a traballar xa no protocolo do ANPA para adaptarnos aos protocolos do CEIP e das Consellerías. Iremos informando no propio blogue. Datas estimadas. Altas de novos socios: 3 de agosto Inscricións no servizo de comedor: 17 de agosto Inscricións en actividades extraescolares: 17 de agosto Lembrámosvos que este ano a renovación dos actuais socios é automática. Se non queredes que vos renovemos debedes enviar un correo a milnenos@gmail.com avisando antes do 1 de agosto.

Protocolos COVID-19 para o curso 2020/2021

Achegamos a resolución das consellerías de Educación e Sanidade pola que se aproba o protocolo de adaptación ao contexto da COVID-19 para o curso 2020/2021. Protocolo Consellerías (versión 22/07/2020) Protocolo Consellerías (versión 14/07/2020) Achegamos asimesmo a comunicación de CONFAPA-Galicia na que se expoñen as críticas ao mesmo. Comunicado CONFAPA Por parte do ANPA Milnenos, estamos a traballar, xunto coas empresas que xestionan cada servizo, no noso propio protocolo de cara ás actividades extraescolares, comedor e madrugadores, do cal seredes informados puntualmente. Aproveitamos para pedir voluntarios que nos axuden tanto na revisión do protocolo coma nos intercambios de actividades para garantir o seu cumprimento. Se estades interesados en colaborar enviade un correo a milnenos@gmail.com e vos engadiremos ao grupo de traballo. Moito ánimo a tod@s!

¡Apoiemos o comercio local!

Xunto coa Asociación de veciños e veciñas do barrio e o ANPA CEIP de Prácticas A Coruña participamos na campaña de apoio ao comercio local para promover a compra de libros de texto nas librarías do barrio. Queremos as rúas con vida, con comercios abertos e non con locais pechados, porque un barrio con xente nas rúas é un lugar máis seguro para os nosos fillos e fillas e tamén unha cidade máis interesante na que vivir. Apoia o comercio local e compra os libros de texto nas librarías de barrio!