Remitimosvos no arquivo adxunto o modelo de xustificante de ausencia a clase no día de celebración das reválidas, así como o comunicado da Federación e CONFAPA coa valoración e posicionamiento sobre estas probas.
Xustificación de ausencia
Comunicado
venres, 24 de maio de 2019
mércores, 22 de maio de 2019
martes, 21 de maio de 2019
Convocatoria de axudas para libros para o próximo curso
ORDE do 3 de maio de 2019 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos, para o curso escolar 2019/20 (código de procedemento ED330B)
Información completa
Información completa
mércores, 15 de maio de 2019
XV xornada de nais e pais, educar en igualdade
A Secretaría Xeral da Igualdade está organizando a XV XORNADA DE NAIS E PAIS, EDUCAR EN IGUALDADE: COEDUCACIÓN E PREVENCIÓN DA VIOLENCIA DE XÉNERO DESDE AS FAMILIAS para as nais e pais e as súas fillas e fillos.
Xuntamos o programa das xornadas. Tamén contarán cun servizo de atención a menores baixo petición, para atender aos cativos e ás cativas entre 12 meses e 10 anos.
Para intentar facilitar a asistencia ás familias, ó profesorado e o público en xeral, esta actividade formativa celebrarase nas catro provincias nas seguintes datas:
Achegase o cartel e folleto informativo onde figura o programa e os datos do formulario de inscrición, que tamén se atopan dispoñibles na páxina web http://igualdade.xunta.es/
Cartel interactivo
Programa
Solicitude

- A CORUÑA | 31 DE MAIO | 17:00 h - 20:30 h, Delegación Territorial da Xunta de Galicia (Praza Luis Seoane, s/n).
- LUGO | 1 DE XUÑO | 10:00 h - 13:30 h, Delegación Territorial da Xunta de Galicia (Ronda da Muralla, 70).
- PONTEVEDRA | 7 DE XUÑO | 17:00 h - 20:30 h, Delegación Territorial da Xunta de Galicia (Avenida Fernández Ladreda, 43).
- OURENSE | 8 DE XUÑO | 10:00 h - 13:30 h, Delegación Territorial da Xunta de Galicia (Avenida da Habana, 79)
Achegase o cartel e folleto informativo onde figura o programa e os datos do formulario de inscrición, que tamén se atopan dispoñibles na páxina web http://igualdade.xunta.es/
Cartel interactivo
Programa
Solicitude
martes, 14 de maio de 2019
O cambio a secundaria e clausura da ENP o día 29 de maio
necesitamos a vosa asistencia para a clausura da ENP deste ano. Esperamos que poidades reservar un oco para o último evento para nais e pais do curso.
Datos das sesións
Poñentes
Xoel Graíño González (ex-alumno do CEIP)
Elisa Vázquez Vázquez (PT do Departamento de Orientación do IES Salvador de Madariaga)
Nais contando experiencias de primeira man
Dirección do CEIP e persoal do ANPA
Contidos
A primeira parte trátase dunha xornada especialmente dirixida aos nenos e nenas de 6º de primaria e ás súas familias. Recomendamos por iso que nesta actividade participen os nenos e nenas e as súas nais e pais.
Datos das sesións
- Sesión: 29/05/2019, 18:00-20:00
- Ubicación: SUM (Salón de Usos Múltiples) do colexio de primaria
- Inscrición: dispoñible a través da aplicación do ANPA
- Servizo de canguros para os nenos: alta a través da aplicación do ANPA.
Poñentes
Xoel Graíño González (ex-alumno do CEIP)
Elisa Vázquez Vázquez (PT do Departamento de Orientación do IES Salvador de Madariaga)
Nais contando experiencias de primeira man
Dirección do CEIP e persoal do ANPA
Contidos
A primeira parte trátase dunha xornada especialmente dirixida aos nenos e nenas de 6º de primaria e ás súas familias. Recomendamos por iso que nesta actividade participen os nenos e nenas e as súas nais e pais.
Data de fin de natación escolar
Dende o Servizo municipal de deportes, infórmannos que a Campaña de Natación Escolar rematará na semana do 27 ao 31 de maio.
Nesa semana celebrarase unha xornada de portas abertas para que nais e pais que desexen, poidan acudir pola sua conta á piscina, no horario da actividade.

luns, 6 de maio de 2019
Cociña nos coles: acto xoves 9 no Centro Cívico de Novo Mesoiro
Cociña nos coles é un grupo de veciños da cidade da Coruña pertencentes á PLATAFORMA POR UNHA ALIMENTACIÓN RESPONSABLE NA ESCOLA e preocupados pola próxima construción dun novo colexio público de educación infantil e Primaria no barrio de Novo Mesoiro (A Coruña) e que NON terá COCIÑA NIN COCIÑEIROS OU COCIÑEIRAS.
Actualmente son 10 os centros educativos da cidade da Coruña e da súa comarca con COCIÑA IN SITU E COCIÑEIROS/AS que participan, en colaboración co GDR Mariñas-Betanzos, nun proxecto de ECOCOMEDORES iniciado fai 3 anos e que comeza a replicarse en outras zonas da provincia da Coruña. Entre outras promove: o consumo diario de verdura de tempada, de proximidade e ecolóxica, favorecendo a economía local, o desenvolvemento rural e a vinculación entre a agricultura local e familias, ou o consumo de pescado fresco e de proximidade.
Pais e nais, mestres e mestras, colectivos veciñais, sindicatos, Anpas, cociñeiros e cociñeiras, ata alcaldes, comparten que a calidade do servizo de comedor está directamente ligada á compra de produtos de proximidade e ó cociñado in situ e non estamos dispostos a perder un dos nosos mellores logros como sociedade.
Precisamos obter apoios de todas aquelas entidades e persoas que pensan que un colexio sen cociña nin cociñeiros/as non é posible e por iso invitámosvos a acompañarnos no acto de presentación desta proposta que terá lugar o próximo xoves 9 de maio ás 16’30h no Centro Cívico de Novo Mesoiro na Coruña.
Tamén vos invitamos a asinar e difundir a nosa petición dirixida á Xunta de Galicia:
https://www.change.org/p/conseller%C3%ADa-de-educaci%C3%B3n-xunta-de-galicia-por-la-construcci%C3%B3n-de-un-nuevo-ceip-de-novo-mesoiro-a-coru%C3%B1a-con-cocina-y-cocineros

Subscribirse a:
Publicacións (Atom)