Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Abril, 2016

Charla en Santiago sobre acoso escolar

Deixámosvos as ligazóns ao programa e cartel do Conversatorio "Accións contra acoso escolar", organizado polo Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia e que terá lugar na Sede Afundación de Santiago de Compostela (Rúa Vilar, 19), o vindeiro xoves 28 de abril ás 19:00 horas. A entrada é libre ata completar aforamento. Esperamos que resulte do voso interese https://drive.google.com/file/d/0B-wdvITiY1S0UkxJLUFHdl9DNzNJelVoZVZzbkFxd1NWSWhz/view?usp=sharing https://drive.google.com/file/d/0B-wdvITiY1S0MkJRdmIxRnpfMllTcGprUGEzOFVDcnlRclo0/view?usp=sharing

Clube deportivo: Novas e partidos da fin de semana

O clube inscribiuse con 3 equipos (2 alevíns do clube e o benxamín do Anpa), para o DÍA DO MINIBASQUET ( http://www.fegaba.com/actualidade/item/2085-xiii-dia-autonomico-do-minibasquet )en Santiago o día 4 de xuño, e tamén con equipo de iniciación do Anpa para o Pequebasket de Carballo o día 17 de maio ( http://www.diapequebasket.es/ ). Baloncesto Categoría Encontro Día Hora Pavillón Alevín Feminino Jesuitinas “A” Fem. - EPBazán-Rosales 17 11:00 Agra II (pista 2) Alevín Masculino EPBazán-Rosales – Calasancias 16 9:30 Agra II (pista 3) Infantil Feminino CD Los Rosales – Centro Veterinario Eume 17 12:00 Los Rosales Infantil Masculino Liceo La Paz - CD Los Rosales 17 10:00 Liceo La Paz Cadete Feminino CD Los Rosales – CB Arteixo 17 10:00 Los Rosales Cadete Masculino ACB Costa Da Morte – CD Los Rosales 17 12:00 Cee Fútbol Sala Categoría Encontro Día Hora Pavillón Benxamín “A” copa Troula F.S. - EPBazán “A” 17 18:00 Los Rosales Benxamín “B” copa EPBazán-Rosales “B” – Anpa Menc

Aplicación informática de xestión para o Anpa

A directiva do Anpa Milnenos ten previsto poñer en marcha unha web que inclúa un aplicativo informático "en liña" antes do 1 de xuño para as actuacións para o curso 2016/2017. Deberá incluír os seguintes "contidos/módulos" de acordo cos formularios que emprega actualmente o Anpa e que constan no blogue: - alta, renovación e baixa de socios/as - altas, modificacións e baixas en actividades extraescolares - altas, modificacións e baixas no servizo de comedor - acceso e modificación de datos persoais dos socios/as - formulario de queixas e suxestións - Xeración de listaxes de asistentes a actividades e a comedor - Xeración de listaxes para cobro mensual de actividades - Pasarela de pagamento con tarxeta/TPV virtual - outras melloras O "contrato" incluirá a programación e posta en funcionamento da web/aplicativo así como o soporte e mantemento durante un período dun ano, prorrogable por outro ano máis. O contrato incluirá a adquisición polo Anpa do

A Xunta convoca os campamentos de verán

http://www.xunta.es/dog/Publicados/2016/20160408/AnuncioG0425-010416-0002_gl.pdf Idades:  poderán participar os mozos e mozas que teñan entre 9 e 17 anos. -Os/as nacidos/as no ano 1998 non poderán cumprir 18 anos antes da finalización do campamento. -Os/as nacidos/as no ano 2007 deberán ter cumpridos 9 anos ao inicio do campamento. O prazo de presentación de solicitudes será de 15 días naturais contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Convocatoria Bolsas comedor Concello A Coruña

Hoxe martes 5 de abril de 2016, publícanse no BOP da Coruña as bases que rexerán a nova convocatoria do Programa de Bolsa comedor do Concello da A Coruña para o curso 2016-2017. O prazo para solicitalas é  do 6 ao 22 de abril , ambos os dous incluídos, e realizarase preferentemente nos Rexistros municipais. Na propia convocatoria, que se achega en pdf, figuran os Anexos 1 e 2 que se deben presentar, debidamente cubertos e asinados, xunto co resto da documentación xustificativa que se recolle na Base 8 da convocatoria. Achéganse por separado por se son de interese. Aínda que gran parte dos requisitos e condicións manténse como en convocatorias anteriores, cómpre sinalar a principal, que é que  tódolos centros públicos  de infantil e primaria (CEIP), secundaria (IES) e de educación especial (CEE, sexa cal sexa a súa titularidade), teñen cobertura TOTAL do coste do seu comedor escolar . Inclúese polo tanto o IES Elviña (o único con comedor) e o CEE Ntra. Sra. de Lourdes-As

Actividade gratuita. Magic the Gathering (12 de abril)

O martes 12 de abril terá lugar unha iniciación a Magic, en dúas quendas, o primeiro de 16.00  a 17.00 e o segundo ao terminar este ata as 18.00. Actividade dirixida aos alumnos, pero que poden asistir pais e nais interesados, a idade mínima é de 8 anos e poden vir sós (imprescindible entregar o consentimento cuberto).  Magic é un xogo de cartas coleccionable no que nos poñemos na pel dun Camiñante de Planos para vencer a outros Camiñantes usando unha serie de feitizos.  Durante esta iniciación ensinarase o básico e necesario para introducirse nos  planos deste xogo. Os puntos que se tratarán durante cada quenda (repetirase o mesmo) son: 1) Explicación básica do xogo:  - Tipos de cartas.  - Como funciona a quenda.  - Diferentes formas de gañar a partida 2) Partidas de mostra. Para iso entregaráselle a cada asistente  un mazo de mostra gratuíto, polo que non é necesario traer ningunha carta nin coñecer o xogo con anterioridade. 3) Quenda de preguntas e

IMPORTANTE: Débedas por actividades co Anpa

Ao longo desta semana a directiva do Anpa chamará ás persoas que teñen cotas pendentes por actividades do Anpa e/ou cotas de "POE/Deporte non centro", para que regularicen a súa situación nas dúas primeiras semanas do mes ou non se permitirá a participación en actividades a partir do venres 15 de abril de 2016, nin o alta como socio/a para o curso 2016/2017 ata regularizar a situación DIRECTIVA ANPA MILNENOS

Menú comedor 3º trimestre

Achegamos a ligazón ao menú de comedor do 3º Trimestre https://drive.google.com/file/d/0B-wdvITiY1S0TDNUYkhMdzBIWl9oMEVjQW1Ybm9nSDJLRExz/view?usp=sharing