Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Agosto, 2022

Convocatoria de actividades socioculturais nos centros cívicos. Setembro 2022

-Preinscrición: 1, 2 e 3 de setembro Realizarase en liña, no seguinte formulario . Este formulario estará dispoñible desde as 8:00 h. do dia 1 de setembro ata as 23:59 h. do dia 3 de setembro. Cada persoa poderá solicitar un máximo de tres actividades por orde de preferencia e tres clubs (non se poderán pedir clubs e actividades no mesmo formulario, terase que abrir outro diferente.). Terán preferencia as persoas empadroadas no concello da Coruña. -Publicación das listas de preinscrición nos centros cívicos: 7 de setembro. -Reclamacións ás listas de preinscrición: 8 de setembro - Sorteo público: 8 de setembro ás 10:00h. - Publicación das listas de admisión e de espera:19 de setembro - Prazo de inscrición e pago de taxas: 20, 21 e 22 de setembro Programación de actividades  Toda la información na  Páxina do concello

BANCO DE LIBROS 2022-23

Ao igual que o pasado curso escolar e trala participación activa das familias do Emilia, aquelas familias que queirades doar os libros de cuarto de primaria podedes contactar connosco para posteriormente poder doalos a outras familias. Por cuestións ororganizativas, admitiremos doazóns ata o vindeiro mércores 31 de agosto , e posteriormente abriremos o prazo para a petición dos mesmos.

APERTURA INSCRICIÓN COMEDOR 2022/23

O vindeiro día 15 ábrese o prazo para a inscrición en comedor das nosas crianzas e rematará o 30 de agosto.  Tramitarase coma sempre a través da aplicación online de Jardanay , e deberedes utilizar : USUARIO: emilia CONTRASINAL: comedores2022 E como novidade, deberedes introducir o voso número de socio da ANPA (dato que ven reflexado na aplicación, ao lado do nome da familia) Poderedes apuntarvos a mañanceiros, comedor e o novo servizo de cambiadores. Achegamos a información Jardanay  onde ven reflexado o detalle de todos os servizos e custos dos mesmos.