Estimadas familias, Tedes a disposición un banco de kimonos de judo, no que podedes donar e facer peticións. O prazo para solicitalos esta aberto dende o 11 ata o 15 de setembro do 2022.
No momento da entrega vaise facilitar un documento onde constará o kimono que se entrega e o compromiso de devolvelo ao fin do curso. O Kimono entregarase lavado.
As bases para establecer a repartición do banco de Kimonos serán:
1- Terán prioridade as familias que doen.
2 - O resto da repartición, irá en función da orde de solicitude.
BANCO DE LIBROS
O prazo para solicitar os libros do BANCO DE LIBROS DA ANPA, para o curso 2024/2025 PENDENTE DATA. Para o correcto rexistro das solicitudes, precisamos que se envíen as mesmas ao mail milnenos@gmail.com1. O asunto do mail ten que ser: SOLICITUDE BANCO DE LIBROS. 2. Deben detallarse os datos do alumno: Nome e apelidos + curso para o que os solicita. 3. Nome do titor responsable. No momento da entrega vaise facilitar un documento onde constarán os libros que se prestan e o compromiso de devolvelos ao fin do curso. 4. Listado dos libros solicitados. As bases para establecer o reparto do banco de libros serán: 1 - Repartiranse entre o alumnado non beneficiado có fondo solidario da Xunta. 2 - Terán prioridade as familias que donen. 3 - O resto do reparto, irá en función da orde de solicitude. (Se fuches familia donante e non fixeches devolución dos libros, a túa solicitude estará pendente de valoración, non sendo aplicables os criterios anteriores) 4- De existir libros sobrantes despois deste reparto inicial, estes poderanse entregar ás familias beneficiadas co fondo solidario da Xunta, sempre que coincidan cos libros que lles falten. Recordamos a todas aquelas familias que dispoñades de libros actualizados de 4º de primaria (non conseguidos co fondo solidario da Xunta) e poidades e queirades doar, por favor, poñédevos en contacto con nós, a través do mail milnenos@gmail.com para facer entrega deles, e igualmente seguiremos admitindo libros durante todo o curso.
|