Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Setembro, 2019

Bolsas/becas de comedor de Jardanay e ANPA Milnenos

Na seguinte ligazón podedes acceder á información das 6 bolsas de comedor que convoca o ANPA Milnenos en colaboración con  Jardanay: Bases da convocatoria Supoñerán para as familias beneficiarias ter gratis o importe de comedor todo o curso para algún dos seus fillos/as

Actualizacións de estado nas actividades (24/09/2019)

Actualizamos o estado das inscricións nas actividades extraescolares no que respecta a setembro. Actividades CANCELADAS de forma definitiva por falta de inscritos Fun English 1 e 2 primaria Percusión Robótica infantil Bádminton 6 infantil e primaria Baile galego Baile moderno 2 a 6 primaria Ioga Musica 1 e 2 primaria Clube de idiomas luns Clube de idiomas mércores Clube de idiomas xoves Actividades DUDOSAS Fútbol alevín 5 e 6 primaria (3 preinscritos) Actividades con listas de espera Outras actividades xa teñen lista de espera, polo que se algunha familia ten claro que vai cancelar algunha inscrición debedes comunicalo canto antes para dar aviso ao seguinte na lista de espera. Podedes consultar o documento coas listas de espera en actividades coas iniciais de cada alumno, para coñecer o posto que ocupades na mesma: Listas de espera en actividades

Nota informativa sobre bolsas de comedor 2019-2020

Listaxe provisional: http://www.coruna.gal/servizossociais/gl/detalle-contido/lista-provisional-de-bolsas-comedor-curso-2019-2020/suceso/1453704377024?argIdioma=gl As listaxes provisionais publicadas teñen a función de requirir a documentación que falta ou a que sexa aclaratoria para emendar a solicitude.  Para as solicitudes que aparecen denegadas abrirase un prazo para presentar as alegacións que se consideren por parte das persoas interesadas, coa publicación da segunda listaxe (listaxe predefinitiva). As alegacións que non se presenten neste prazo, non se admitirán por consideraranse fóra de prazo. No caso de que algunha persoa solicitante queira acceder ao seu expediente e valoración deberá solicitalo mediante escrito presentado no rexistro municipal. No caso de precisar asesoramento sobre calquera destes trámites poden poñerse en contacto coa educadora social do centro cívico que lle corresponda indicando que se trata dunha consulta sobre as bolsas comedor. Informaci

VI Carreira ENKI Galicia (sábado 19 de outubro)

O profesorado e o ANPA do Emilia Pardo Bazán , así coma os representantes da ANPANEE, animanvos a participar na VI Carreira ENKI Galicia Terá lugar o vindeiro 19 de outubro. Se vos animades, inscribidevos na seguinte ligazón, poñendo como nome do equipo “ Os piratas do Emilia ”: http://www.enkiproyecto.com/index . Iremos contando mais cousas pola web do colexio e o polo blogue do ANPA. O Emilia é todo un exemplo de integración e inclusión, así que temos que estar na ENKI. ANIMADEVOS!!!

Inscricións na actividade de Natación escolar (Concello)

Información para as inscricións e os impresos de Natación escolar para 3º e 4º de primaria, actividade xestionada polo Concello e FEDAPAS. Aquí detallámosvos todo o que tedes que facer se estades interesados. Horario da actividade Luns de 17:00-17:45 Desde o 01/10/2019 ata o 29/05/2020 Cotas A cota será un pago único anual de 53.47 € por participante, que inclúe transporte gratuíto para os participantes desde o centro educativo. A cobranza pasarase por cargo na conta dada de alta na aplicación o día 20 de setembro aproximadamente. Preinscrición online (obrigatoria) Prazo de preinscrición: desde o día 13 ás 22:00 ata o 18 de setembro ás 22:00. As preinscricións débense realizar como sempre online na aplicación do ANPA . A orde de confirmación de prazas será a rigorosa orde de preinscrición. Formalización de inscricións (presencial)  Aos que vos vaiamos confirmando as inscricións debedes imprimir, encher e asinar os impresos que vos facilitaremos por correo electróni

Información de ANPANEE (Asociación de Nais e Pais de Alumnos con Necesidades Educativas Especiais)

Procedemos á difusión dunha nova asociación de nova creación ANPANEE (Asociación de Nais e Pais de Alumnos con Necesidades Educativas Especiais) e vos animamos a inscribirvos e colaborar neste proxecto tan interesante e necesario. Achegamos os folletos informativos e as fichas de inscrición. Carta de presentación Ficha de inscrición

Posta en marcha das rutas A.N.C.A.S.

Achegamos a información da posta en marcha do camiño escolar seguro A.N.C.A.S, coa finalidade de que o alumnado poda desfrutar dun camiño á escola saudable e sostible e, como non, en compañía de outros/as nenos/as. Descargar documento informativo en PDF 

Preinscripción Listen and Speak Primaria

Xa está aberta a primeira ronda do prazo de preinscrición do programa Listen and Speak, que como sabedes faise a través da páxina web do Concello. A inscrición, al igual que outros anos, débese facer de forma online. O prazo da inscripción é do 3 ao 18 de setembro. As prazas adxudicaranse por orde de inscricion. A páxina web para a inscrición neste programa é a seguinte: https://www.coruna.gal/educacion/es/actualidad/noticias/detalle-noticia/inscripcion-listen-and-speak-primaria-primera-ronda/suceso/1453704150753 A lista de persoas admitidas para a primeira ronda publicaranse na web educativa do Concello o 23 de setembro.

Listaxes provisionais do programa de bolsas de comedor 2019/2020

Hoxe 4 de setembro de 2019, publícanse nas oficinas dos rexistros municipais, taboleiros de anuncios dos centros cívicos municipais, no enderezo web do taboleiro de anuncios e edictos do Concello da Coruña, na páxina web municipal da área dos servizos sociais e no teléfono de información cidadá 010 do Concello da Coruña, as listaxes provisionais de admitidas/os e excluidas/os da convocatoria do Programa de bolsas de comedor do Concello da Coruña para o curso 2019-2020. Nesta listaxe indícanse as causas de exclusión e concédese un prazo de 10 días hábiles para emendar a documentación as persoas que teñan un requerimento dela  que será do 5 ó 18 de setembro de 2019, ambos os días incluídos. A información pódese obter na web municipal de servizos sociais ( www.coruna.es/serviciossociales ), no teléfono 010 de información cidadá e nos centros cívicos municipais.