Publicacións

Mostrando publicacións desta data: novembro, 2018

URXENTE: Cambios e cancelacións nas actividades do pavillón xoves e venres

Comunicámosvos que as seguintes actividades ven afectadas polo peche do pavillón este xoves e venres, debido a que se usará para un torneo deportivo. Indicamos xunto con cada actividade o lugar onde se deberá desenvolver. Tédeo en conta para as recollidas e entregas de nenos, xa que en todos os casos realizaranse no patio cuberto do colexio azul. 29 NOVEMBRO (Xoves) Derívase ao patio cuberto do CEIP -  Vóleibol 16:00-17:00 - Fútbol iniciación (2011/12) 16:00-17:00 Cancélase: - Fútbol  benxamín (2009/10) 17:00-18:00 Derívase a actividade ao  SUM (Salón de Usos Múltiples) do CEIP: -  Ximnasia rítmica (1º) 16:00-17:00 -  Ximnasia rítmica (2º a 6º) 17:00-18:00 30 NOVEMBRO (venres) Derívase a actividade ao  SUM (Salón de Usos Múltiples) do CEIP: - Bádminton (6º) 16:00-17:00 Derívase ao patio cuberto do CEIP -  Básket iniciación (2011/12) 16:00-17:00 Cancélanse: -  Básket  benxamín (2009/10) 17:00-18:00 -  Básket alevín (2007/08) 17:00-18:00

Campamento de Nadal 2018 (actualizado)

Debedes pasar polo local do ANPA para encher o díptico de  Fedapas (tamén dispoñible no local), O persoal contratado pola Federación de Anpas (Fedapas) que acudiu a recoller as inscricións "esixe" que o pagamento da inscrición se realice no local en efectivo, polo que debedes ter a dita previsión en conta para evitar ter que pasar dúas veces polo local . As datas e horas de apertura do local son as seguintes: Luns 3 de decembro de 09:00 a 10:00 e 16:00 a 17:00 Martes 4 de decembro de 09:00 a 09:30 e 16:00 a 16:30 Mércores 5 de decembro de 09:00 a 09:30 e 16:00 a 16:30 Dispoñemos de tres períodos de campamento, que podedes seleccionar nas actividades filtrando por “CAMPA” 26,27 e 28 de decembro 2, 3 e 4 de xaneiro 7 de xaneiro Os prezos de todos os servizos están indicados no díptico. Díptico de  FEDAPAS, formulario e información adicional

Mobile Week Coruña

Xuntamos programa da Mobile Week Coruña que vaise celebrar na Coruña e outras localidades. Unha actividade interesante para os nenos, xóvenes e adultos, relacionada coas novas tecnoloxías. https://drive.google.com/open?id=1FfJ449KOGuBIKKgmpbTeV39zc_yl6Enu

Escola de nais e pais do CEE Nosa Señora do Rosario

Desde o Colexio de Educación Especial Nosa Señora do Rosario nos informan da creación da Escola de Nais e Pais do seu centro. Debido a que o colexio tamén funciona como centro de recursos de educación especial da zona, convidamos a participar a aquelas familias interesadas en coñecer o Programa de inclusión social Patios e Parques Dinámicos, na que contaremos coa presencia da súa autora, Gey Lagar. A charla será venres 23 de novembro. Documento informativo  (PDF)

Candidaturas de pais/nais ao consello escolar

Recordamos a todos os pais e nais que o prazo para a presentación de candidaturas ao consello escolar remata o venres 16 de novembro ás 14:00 h. Moitas grazas.

Formación: atención a urxencias sanitarias para familias

A Consellería de Educación, a través da Rede de Formación, están a desenvolverse actividades dirixidas ás familias do alumnado con diversas temáticas e formatos. Entre elas vai levarse a cabo o curso “Atención a urxencias sanitarias para familias”. A temporalización está establecida para levalo a cabo nas datas do 26-27-28 do mes de novembro. En documento adxunto especifícanse todos os datos e características do mesmo. Carta atención urxencias sanitarias nais e pais

Escola de Nais e Pais: menores e internet (22 de novembro)

O vindeiro xoves, 22 de novembro, de 18:00 a 20:00 faremos no colexio unha nova sesión da Escola de Nais e Pais. A temática será " Menores e internet ". Nesta sesión Santiago Reboyras, Inspector do Corpo Nacional de Policía e Xefe do Grupo de Delincuencia Económica e Tecnolóxica, presentará de forma amena as ameazas ás que os nosos fillos están expostos na rede e no uso das novas tecnoloxías. O uso do móbil, internet, as redes sociais, os videoxogos, o ciberacoso, o sexting ou as novas formas de pederastia na rede, supoñen un escenario verdadeiramente incerto e complicado que fai que ás veces non sexamos conscientes de determinados riscos ou, simplemente, que non saibamos ben como responder ante determinadas situacións. A nosa obriga como pais é coñecer as ameazas existentes e as recomendacións para evitar que se materialicen nos nosos menores. A xornada, coma sempre, é gratuita para socios, e teredes á vosa disposición servicio de canguros (tamén gratuíto). Datas: 22/11/20