luns, 30 de xuño de 2014

Campaña de Unicef - Pacto pola infancia

Nos últimos 25 anos conseguimos avances incribles para a infancia no noso país, pero os retos que nos quedan son enormes. Así o reflicte o informe A Infancia en España 2014, de UNICEF Comité Español, que recolle datos preocupantes sobre a situación dos nenos no noso país:

POBREZA E DESIGUALDADE: un 27,5% dos nenos vive en risco de pobreza.

FRACASO E ABANDONO ESCOLAR: en ambos os dous casos, por enriba do 23%.

Ademais, no informe analízase outro gran problema: cada vez nacen menos nenos, de maneira que en dez anos pode haber un millón de nenos menores de 10 anos menos que agora.

Estamos convencidos de que outros escenarios son posibles. Por iso esta vez queremos chegar moito máis lonxe facendo un chamamento ao conxunto da sociedade para realizar un Pacto de Estado pola Infancia. Nenos, nenas, familias, empresas, sindicatos, administracións públicas e partidos políticos: todos debemos implicarnos para avanzar na aplicación dos dereitos do neno.

OS NENOS IMPORTAN, o seu valor social vai moito máis alá do ámbito doméstico; son un asunto das súas familias, pero tamén de todos. Porque sen eles non hai futuro.

Asina a nosa petición en www.unicef.es/pactoinfancia

Construamos xuntos un Pacto de Estado pola Infancia!

xoves, 19 de xuño de 2014

Listen & Speak

Aberto prazo de inscrición do Programa "LISTEN & SPEAK" - Curso 2014/15




Información en www.edu.coruna.es

Festa de fin de curso

Mañá, se o tempo o permite, os nenos e nenas poderán gozar da festa de fin de curso organizada pola Anpa coa empresa Axiña e coa colaboración económica de algunhas empresas do barrio (podedes velas en "Colaboran coa Anpa").



Os nenos e nenas de educación infantil sairán de 9.30 a 11 h e os de Primaria de 11 a 13. A programación é a seguinte:

EDUCACION INFANTIL – 9,30 A 11,00H 
inchables pequenos
Taller de maquillaxe
Xogos con Paracaídas
8 Monitores especializados

EDUCACIÓN PRIMARIA -11,00 a 13,00h.
Vaquilla ou táboa de surf
trickers
Zona Aerobic - Steps
Safari Paintball
Zona deportiva: bicicletas e patíns
Disco Móbil
8 Monitores Especializados

mércores, 18 de xuño de 2014

Banco solidario de libros de texto

A Anpa Milnen@s vai poñer en marcha o BANCO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO, cos libros que de xeito gratuíto nos entreguen os alumnos e as súas familias. 

Para iso pedímosvos que doedes os vosos libros desinteresadamente, mesmo se non necesitades outros novos. Lembrade que os libros teñen unha vixencia curta e probablemente pronto non se poderán reutilizar.

A recollida de libros farase no colexio os seguintes días:
-      Día 26 de xuño, dende as 10,00 h. ata as 13,00 h.
-      Día 27 de xuño, dende as 10,00 h. ata as 13,00 h.


Os libros que se poden entregar / solicitar son:
- 1º de Primaria: libros de lectura en castelán e galego
- 3º, 4º, 5º, 6º de Primaria: libros de texto (agás aqueles nos que se escribe, como os de actividades de inglés) e libros de lectura (por exemplo, os da actividade de inglés).

Podedes entregar os libros vós mesmos ou pedirllo a alguén, xa que a bolsa levará o nome da familia que fai a doazón.

Temos un acordo coa Anpa do IES Salvador de Madariaga para enviarlles a listaxe de alumnos de 6º que fagan doazón dos seus libros no CEIP Emilia Pardo Bazán, de xeito que se beneficien do banco de libros do Instituto.

Lembrade que este ano as axudas para a adquisición de libros de texto non se poderán usar para outros materiais, polo que se recibides axudas debedes telo en conta ao solicitar os libros do banco. 

Esperamos que este sistema dea bo resultado, xa que o facemos de forma experimental ao ser o primeiro ano e coa nova normativa de axudas.

Animádevos a participar para chegar a tod@s!!

FUNCIONAMENTO DO BANCO SOLIDARIO DE LIBROS
1. As familias entregarán nunha bolsa pechada os libros dos seus fillos/as e o impreso de doazón cuberto.
2. Os impresos de doazón e solicitude poden descargarse na web, na pestana "Impresos".
3. Os libros deben estar en bo uso, de terceiro de primaria en adiante. Tamén podense recoller libros de lectura obrigada. Deben estar vixentes para o curso 2014-2015. Deben ser libros de texto nos que non se escriba.
4. A ANPA non pode garantir que os libros que se reciban estean no mesmo estado de conservación que os que se entreguen. Por favor, entregade os libros en bo estado.
5. Os libros entregaranse no Salón de Usos Múltiples. As datas de entrega dos libros serán o 26 e o 27 de xuño, de 10 a 13 h.
6. As familias entregarán ou enviarán a folla de solicitude por correo electrónico antes do 10 de xullo.
7. En xullo A ANPA comunicará ás familias por correo electrónico os libros que lles foron adxudicados.
8. Poderedes recollelos os días 4, 5, 8 e 9 de setembro, de 10 a 12 h.

Criterios de adxudicación: 
1. Familias cun maior número de libros vixentes doados. Por cada libro 1 punto.
2. Número de fillos. Por cada fillo 1 punto.
3. Socios da ANPA: 1 punto. 
4. O resto repartirase entre as familias que resten. Poderase solicitar o préstamo aínda que non puideran aportar libros. Repartiránselles en caso de que sobrara algún.

Necesitamos pais e nais voluntarios para axudar en todo o proceso. Se podedes botar unha man, contactade coa Anpa.

Grazas!



BANCO DE LIBROS DE TEXTO DO IES SALVADOR DE MADARIAGA

Información da Anpa IES SALVADOR DE MADARIAGA:
A ANPA IES SALVADOR DE MADARIAGA vai poñer en marcha, por segundo ano no Instituto, o BANCO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO, cos libros que, de xeito gratuíto, nos entregan os alumnos e as súas familias. O ano pasado, varios alumnos procedentes do CEIP EMILIA PARDO BAZAN, beneficiáronse de libros gratuítos, grazas o banco.
Para ser beneficiario do BANCO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO, é necesario ser doante de libros (salvo 1º ESO), ser socio/a da ANPA e cubrir o impreso de solicitude (*) dos libros.
A recollida de libros por a ANPA faráse no ximnasio do Instituto, os seguintes días:
-      Día 25 de xuño, dende as 10,30 h. ata as 13,00 h.
-      Día 26 de xuño, dende as 10,30 h. ata as 13,00 h.
-      Día 27 de xuño, dende as 10,30 h. ata as 13,00 h.
(*) Os impresos de doación e solicitude estarán dispoñíbeis no mesmo momento da recollida dos libros.
 IMPORTANTE: Membros da ANPA estaremos no local os martes, de 11,00 a 12,30 h. e de 17,30 a 19 h.
 ¡FÁITE SOCIO E COLABORA CA ANPA, XA ESTÁ ABERTA A INSCRICIÓN PARA O CURSO 2014/2015!
 Máis información na páxina web: www.anpa-iessalvadordemadariaga.es
 Un saúdo.


martes, 10 de xuño de 2014

Fotos da Mostra de actividades no Forum

Xa temos fotos da mostra de actividades de Forum. Podedes enviarnos un correo para solicitar o enlace ao álbum completo.







luns, 9 de xuño de 2014

Recollida de sinaturas para solicitar a regulación do tráfico no colexio

Por suxestión dunha nai do colexio, a Anpa vai recoller sinaturas para solicitar ao Concello a presenza da Policía local diante do colexio na entrada e saída da xornada escolar

O texto é o seguinte: 

SOLICITUDE DE PRESENZA DA POLICÍA LOCAL NA ENTRADA E SAÍDA DA XORNADA ESCOLAR NO CEIP EMILIA PARDO BAZÁN (A CORUÑA)
Os abaixo asinantes solicitamos a presenza diaria da Policía Local para regular o tráfico na entrada e na saída da xornada escolar diante do CEIP Emilia Pardo Bazán,  do mesmo xeito que acoden a colexios concertados da zona, como os colexios Calasanz e Esclavas.  

Se estades interesados, temos os impresos de recollida de firmas no local.

xoves, 5 de xuño de 2014

Clausura das actividades extraescolares

Clausura das actividades extraescolares

As clases continuarán ata o 20 de xuño incluído. As actividades de clausura serán nas seguintes datas, no horario habitual da clase:

  • Cociña: Degustación de produtos, 13 de xuño ás 16.45 no patio cuberto
  • Informática e Artes: Mostra de traballos dende o 16 ata o 19 de xuño
  • Judo: Xornada de portas abertas, pais/nais contra fillos/as, 16 de xuño
  • Ximnasia: Exhibición no pavillón deportivo, 17 de xuño
  • Xogos de taboleiro e tradicionais: Xogos de pais/nais contra fillos/as, 17 de xuño
  • Teatro: Representación no Salón de Usos Múltiples, 18 de xuño. A partir das 16.45.
  • Playing Xogos: Actuación no Salón de Usos Múltiples, 18 de xuño. A partir das 16.20.
  • Fútbol sala: Partidos de pais/nais contra fillos/as
    • Alevín: 9 de xuño, de 16 a 18 h (os prebenxamíns non terán adestramento ese día)
    • Benxamín: 11 de xuño, de 16 a 18h (os alevíns non terán adestramento)
    • Prebenxamín: 12 de xuño, de 16 a 18h (os benxamíns non terán adestramento)
  • Baloncesto: Partidos de pais/nais contra fillos/as: todas as categorías, 20 de xuño de 16 a 18 h (na hora normal de clase).
  • Hockey: Partido de nais/pais contra fillos/as, 19 de xuño
  • Zumba: Exhibición no Salón de Usos Múltiples do colexio, 19 de xuño

INSCRICIÓNS PARA O CURSO 2014-2015

Durante o mes de xuño, o local da Anpa estará aberto nas seguintes datas:

  • Semana do 9 ao 13 de xuño: de luns a venres, de 9 a 11 da mañá; luns, de 16 a 17 h

  • Semana do 16 ao 19 de xuño: de luns a xoves, de 16 a 18 da tarde; xoves, de 9 a 10 h

Neses horarios podedes comprar o chándal ou facer as inscricións como socios, nas Actividades extraescolares, Madrugadores e Comedor para o próximo curso. Podedes descargar na web (pestana "Impresos")todas as follas para traelas cubertas ou envialas por mail.

Como informamos na asemblea xeral ordinaria do 26 de marzo de 2014, para o vindeiro curso 2014-2015, ademais das actividades extraescolares xestionadas pola ANPA teremos actividades dos programas municipais Programa de Ocio Educativo (POE) e Deporte no Centro. Os impresos deben recollerse no local da Anpa.


Seguir por correo electrónico