Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Maio, 2018

Actividade "A educación a debate"

O mércores 6 de xuño, no Centro de Formación e Recursos (CFR) desenvólvese a actividade de formación do profesorado "A educación a debate", aberta a nais e pais. Carta do director

Comunicado de CONFAPA sobre as reválidas

Remitimosvos no arquivo adxunto o modelo de xustificante de ausencia a clase no día de celebración das reválidas, así como o comunicado de CONFAPA coa valoración e posicionamiento sobre estas probas. Comunicado de CONFAPA Xustificación de ausencia

Evento en la biblioteca: BARRIO OS ROSALES, TI VALES

Prepárate para facernos gozar das túas habilidades artísticas en 5 minutos + 2 minutos para preparación da actuación e escenario! Onde e cando? Biblioteca Municipal Os Rosales 25 de maio ás 18 h Quen pode participar? Calquera membro da familia de todas as idades. Se queres mostrar as túas habilidades en grupo, máximo 3 persoas. Como participar? Cubrir unha “folla de habilidades”, a partir do 2 de maio ata o 12 de maio, dispoñible nos mostradores da biblioteca. Esperámoste!

Solicitude de postos no mercadillo do 27 de maio

A continuación detallámosvos a información sobre o mercadillo que se celebrará o 27 de maio no barrio dos Rosales. DATA. domingo 27 de maio LUGAR: no mesmo parque!  (esperemos que non chova!) Achegamos as bases e o modelo de solicitude, que debedes enviar cuberto en caso de estar interesados. Indicade a lonxitude do voso posto e enviaranvos a localización. DIFERENZA CON ANOS ANTERIORES: Non podemos marcar os postos ata que limpen a zona porque a noite anterior hai concerto, Non se poderá acceder ata as 10.00, que será cando se remate de marcar onde vai cada número de posto. A cambio vos  podeis quedar máis tempo durante o día. Bases do rastrillo 2018 Formulario de solicitude Ligazón a Facebook: https://www.facebook.com/rosales.asociaciondevecinos/photos/a.819839861457116.1073741831.812129775561458/1656522077788886/?type=3&theater

Data de fin de natación escolar

O Servizo municipal de Deportes informa que na semana do 28 ao 31 de maio finalizarán as actividades de NATACIÓN ESCOLAR, polo que esa semana será de portas abertas, para que os pais que desexen, poidan ir presenciar as clases de natación no horario habitual.