Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Xullo, 2021

BOLSAS COMEDOR 2021/22

Hoxe 29 de xullo de 2021 publicáronse no enderezo web do taboleiro de anuncios e edictos do Concello da Coruña, os listados provisionais de concesión e denegación das solicitudes da convocatoria de bolsas municipais de comedor para o curso 2021-2022.Pódense consultar en: -Taboleiro de edictos https://sede.coruna.gob.es/opensiac/action/infopublica;jsessionid=A7386C97F4239D7765902DD2303CE4A2?method=view&id=13754 - Páxina web de servizos sociais https://www.coruna.gal/serviciossociales/es/noticias/detalle-noticias/beca-comedor-2021-2022-publicacion-del-listado-provisional-de-personas-beneficiarias-y-puntuacion/suceso/1453770385277 - Taboleiros dos centros cívicos municipais Os listados identificarán as solicitudes atendendo ao código de asento de rexistro da solicitude inicial e ao número de expediente asignado. O prazo para a presentación das alegacións é de 10 días hábiles, do 30 de xullo ao 12 de agosto, ambos incluídos, e poderá presentarse, previa cita (010, citaprevia.coruna.gal

BOLSAS DO COMEDOR MUNICIPAL 2021/22

Hoxe 02 de xullo de 2021 publicáronse no enderezo web do taboleiro de anuncios e edictos do Concello da Coruña, os listados de requirimento de emenda de documentación das solicitudes da convocatoria de bolsas municipais de comedor para o curso 2021-2022. Pódense consultar en: - Taboleiro de edictos  https://sede.coruna.gob.es/opensiac/action/infopublica?method=enter&edictos=true - Páxina web de servizos sociais  https://www.coruna.gal/serviciossociales/es?argIdioma=es Os listados cos requirimentos de emenda de documentación, identificarán as solicitudes atendendo ao código de asento de rexistro da solicitude inicial e ao número de expediente asignado. O prazo para a presentación da documentación requirida é do 5 ao 16 de xullo, ambos incluídos, e poderá presentarse, previa cita (010,citaprevia.coruna.gal), nos rexistros municipais (Praza de María Pita, Fórum Metropolitano, Centro Ágora, Franxa e do CCM Mesoiro), no rexistro telemático da sede electrónica municipal (https://sede.co

O QUE APRENDIMOS

As aulas de 6º de Educación Infantil, 1º, 2º, 5º e 6º de Educación Primaria prepararon uns vídeos nos que presentan o que aprenderon sobre Emilia Pardo Bazán ao longo do curso. Paga a pena entrar no blog da nosa biblioteca EPB. Biblioteca EPB

CAMPAÑA DE CAPTACIÓN DE NOVOS SOCIOS.

 Estimadas familias, Axudádenos a ser máis, queremos facer máis. Grazas!

Seguimos de celebración

 Despois das novas do premio para o alumnado de 2º de primaria seguimos celebrando no noso cole, esta vez co alumnado de 6º A de primaria , que participaron nun concurso organizado polo grupo de rock vallisoletano " Happening ".  Este grupo promoveu un concurso que consistiu en escribir un conto para unha das cancións do seu disco "Vivan las manos de colores".   O curso de 6ºA escolleu a canción "Lo importante es intentarlo", e o seu conto "Lukas y las matemáticas", aparece no libro do grupo ! Se pinchades  aquí  veredes a web do grupo, e o ránking do concurso, co máis que merecido tercer premio de 6ºA do Emilia!  Ademáis ao final da páxina podedes escoitar e ver todas as cancións do seu disco.  A disfrutar familias e parabéns!!!

Premio no concurso EMALCSA

O noso cole está de celebración!! O alumnado de 2º de Educación Primaria gañou o terceiro premio nun concurso promovido pola Fundación EMALCSA polo Día Mundial da Auga.  E cómo? Pois, dentro vídeo! Noraboa polo traballo tan ben feito! Se premes aquí  tes todas as novas de actualidade do noso centro.  Saúdos!