venres, 24 de xaneiro de 2014

CONCURSO DE CARTEIS DO ENTROIDO 2014

PRIMEIRO CONCURSO DO ENTROIDO
PARTICIPA CREANDO O TEU PROPIO CARTEL


BASES DO CONCURSO DE CARTEIS DO ENTROIDO 2014.- ANPA MILNEN@S
1.- O OBXECTO desta convocatoria é seleccionar un cartel para promocionar a festa de Entroido que a ANPA Milnen@s organizará este ano.
2.- PARTICIPANTES: Poderán participar todos os nenos e nenas de Educación Infantil e Primaria escolarizados no centro. Cada un deles poderá presentar un único traballo, sendo condición indispensable que as obras sexan orixinais e inéditas, é dicir, que anteriormente non fosen presentadas noutros concursos, non sexan reproduccións totais ou parciais doutras obras nin utilicen plantillas preexistentes.
3.- REQUISITOS DOS CARTEIS:
·         Tema: O Entroido
·         Formato: Folio ou cartulina tamaño DIN-A4
·         Técnica: libre (pintura, cera, óleo, acuarela…)
·      Será requisito imprescindible para a admisión dos carteis que neles figure a lenda “ENTROIDO EMILIA PARDO BAZÁN 2014”.
·         Cada participante poderá facer constar de forma diferente a dita lenda sen necesidade de reproducila textualmente ou na misma orde.
·         Nos traballos presentados aparecerá o nome do alumno, idade e clase á que pertence.
4. PRAZO DE PRESENTACIÓN: O prazo de entrega dos traballos finalizará o día 4 de febreiro.
5. LUGAR DE PRESENTACIÓN: Os carteis deberán presentarse no local da ANPA, no horario de apertura deste, ou na caixa de correos do local.
6.- XURADO: O xurado estará composto polo director do Centro, unha mestra e a presidenta da Anpa.
7. O Xurado valorará a orixinalidade dos traballos e a súa elaboración, sempre tendo en conta a idade dos autores.
A resolución do xurado darase a coñecer o día 6 de febreiro e expoñerase o resultado no taboleiro de anuncios da Anpa e no seu blog.
8. PREMIOS: serán premiados tres carteis. Os premios consistirán en:
·         3º premio: un lote de libros
·         2º premio: un MP 4
·         1º premio: unha tablet.
O cartel que obteña o primeiro premio será utilizado como póster promocional da festa do Entroido que organizará a ANPA Milnen@s.
A Coruña, 24 de xaneiro de 2014


ANIMÁDEVOS… E PARTICIPADE!!!!!!!!!!!

xoves, 16 de xaneiro de 2014

Camisetas

Xa chegou o último pedido de camisetas da marea verde, se tedes camisetas encargadas podedes pasar polo local para recollelas a partir do luns no noso horario.


Comunicado do grupo municipal de Esquerda Unida - Os Verdes na Coruña



xoves, 9 de xaneiro de 2014

mércores, 8 de xaneiro de 2014

Actividades extraescolares - Primeiro trimestre

O día 18 de decembro tivemos no cole unha exhibición das distintas actividades extraescolares que organiza Axiña, onde @s nen@s amosaron todo o que aprenderon ata agora. Aquí tedes unhas fotos:











Ao final rematamos cunha chocolatada para os participantes preparada pola empresa Jardanay:

Seguir por correo electrónico