luns, 23 de abril de 2018

Pandeireta e baile moderno o 2 e 3 de maio

Cara a celebración da XXII Mostra de Actividades Culturais do Fórum Metropolitano, como xa vos avisaron os monitores, as actividades nas que participamos na mostra son as seguintes:
  • Pandeireta e baile tradicional: mércoles 2/05/2018, 18:15-19:15
  • Baile moderno infantil e primaria: xoves 3/05/2018, 17:00-18:00
Ese día as dúas actividades indicadas non se imparten, xa que o monitor e os alumnos estarán na Mostra facendo gala das súas dotes artísticas. Polo tanto, tende en conta:
  • Serán as nais e pais os que deben levar aos nen@s ao Fórum Metropolitano
  • Haberá que estar no recinto media hora antes da representación
  • En baile moderno non hai ningunha vestimenta especial
Normas xeráis
  • O público non poderá entrar ou saír do auditorio até a finalización do bloque, xa que o que se pretende é ver as actuacións que presentan outras ANPAS cos seus nenos e nenas, non só as do noso centro.
  • Por razóns de seguridade e en cumprimento da normativa vixente, non se permite a entrada dos carros de bebés ao auditorio, quedando na área de camerinos a cargo dos responsables da organización.
  • Cumprir os horarios establecidos en cada bloque, tendo en conta que cada ANPA ten que estar no vestíbulo do Forum 30 minutos antes do comezo da actuación.
  • Únicamente accederán aos camerinos os monitores e responsables das ANPAS
  • Os nenos e nenas non sairán do recinto de camerinos ata que finalice o bloque. Estarán acompañados da ANPA e o/a monitor/a correspondente, e serán entregados ás súas familias no vestíbulo de entrada.
Grazas a todos e esperamos que disfrutedes

venres, 20 de abril de 2018

Actividade "A educación a debate"

No Centro de Formación e Recursos (CFR) da Coruña continúan có desenvolvemento da actividade de formación do profesorado “A educación a debate”. Esta actividade está aberta para nais e pais dado o interese que para eles teñen as temáticas que se tratan.
A vindeira sesión será:
"RELACIÓN FAMILIA E ESCOLA, UNHA COMUNICACIÓN NECESARIA"
  • Lugar: Salón de Actos no edificio da UNED, r/ Educación, 3
  • Data e hora: Luns, 24 de abril, de 18:30 a 20:30.
  • Relatores:
    • Santiago Sobrino Josenje (Inspector de Educación)
    • Marta Peña Area (Orientadora IES Miraflores - Oleiros)
    • María Victoria Suárez Taibo (Directora CEIP Recimil - Ferrol)

mércores, 4 de abril de 2018

Plantacións de árbores dirixidas a familias con nenos e nenas entre 6-12 anos

Dende a Concellería de Medioambiente do Concello da Coruña nos informan das plantacións de árbores dirixidas a familias con nenos e nenas entre 6-12 anos, que se celebrarán nos próximos días, por se fora de interese.

Nas plantacións farase un pequeno obradoiro coas familias participantes de 45 min de duración, e cada familia adoptará algunha das árbores que se planten.

Para participar, só hai que enviar cumprimentando a inscrición que se achega adxunta ao correo medioambiente@coruna.es

É importante que se indique a zona verde onde queren participar.
  • Parque de San Diego - Xoves, 5 de abril – ás 17.00
  • Praia das Lapas - Venres, 6 de abril – ás 17.00
  • O Ventorrillo - Sábado, 7 de abril – ás 12.00
  • Labañou - Xoves 12, de abril – ás 17.00
  • Xardíns Maestranza – Venres, 13 de abril – ás 17.00
  • Paseo do Parrote. Peirao das Ánimas - Sábado, 14 de abril – ás 12.00
Moitas grazas pola vosa participación