Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Decembro, 2014

Festival de Nadal

O día 17 tivemos o Festival de Nadal das actividades creativas e lúdicas: @s nen@s de informática e TICS fixeron a postal de Nadal da Anpa e os carteis para decorar: @s de cociña prepararon unhas deliciosas receitas de Nadal: @s de maxia sorprendéronnos cos seus trucos: @s de teatro representaron unha función moi divertida e de Nadal e @s de Deseño de complementos realizaron parte da decoración e o atrezzo da obra: Para rematar, tod@s puidemos tomar un chocolate quentiño invitados pola empresa Jardanay. Bo Nadal para tod@s!!!

Balonmán no colexio

Clases de balonmán 2º e 3º ciclo de Primaria Xoves de 17 a 18 horas  no Pavillón A partir do  8 de xaneiro (participantes noutras actividades extraescolares)  ou 15 de xaneiro (nov@s inscrit@s) Se estás entre 3º e 6º de Primaria, apúntate para probar as clases de balonmán que empezarán no cole no mes de xaneiro... O primeiro mes é de proba: o único requisito é pasar polo local da Anpa para pagar 5€ de seguro de accidentes. Se xa vas a outra actividade extraescolar, non tes que pagar seguro. Animádevos a probar!! Para inscribirvos podedes enviar un mail a milnenos@gmail.com.

Bases do II Concurso de carteis de Entroido

BASES DO II CONCURSO DE CARTEIS DO ENTROIDO 2015.- ANPA MILNEN@S Cartel gañador do concurso 2014 1.- O OBXECTO desta convocatoria é seleccionar un cartel para promocionar a festa de Entroido que a ANPA Milnen@s organizará este ano. 2.- PARTICIPANTES: Poderán participar todos os nenos e nenas de Educación Infantil e Primaria escolarizados no centro. Cada un deles poderá presentar un único traballo, sendo condición indispensable que as obras sexan orixinais e inéditas, é dicir, que anteriormente non fosen presentadas noutros concursos, non sexan reproduccións totais ou parciais doutras obras nin utilicen plantillas preexistentes. 3.- REQUISITOS DOS CARTEIS: ·         Tema: O Entroido ·         Formato: Folio ou cartulina tamaño DIN-A4 ·         Técnica: libre (pintura, cera, óleo, acuarela…) ·      Será requisito imprescindible para a admisión dos carteis que neles figure a lenda “ENTROIDO EMILIA PARDO BAZÁN 2015”. ·         Cada participante poderá facer constar
Educación cambiará as cubertas dos colexios María Barbeito e Pardo Bazán Ver noticia en La Opinión

Teatro en inglés

A semana pasada os nenos de 6º de  Infantil , 2, 4º e 6º de  Primaria  puideron gozar no  cole  dunhas funcións de teatro en inglés moi divertidas e participativas. A  Anpa  fíxose cargo do pagamento das funcións de  Primaria , grazas á subvención que nos concedeu a Deputación da  Coruña  para actividades culturais e creativas. Podedes ver máis fotos en  http://rosenglish.blogspot.com.es/2014/12/circus-life.html

Campaña de esquí 2015

A Deputación pon en marcha a súa  campaña de esquí 2015 , o prazo está aberto ata o día 19 de decembro.  Tedes toda a información nesta  ligazón .

ASAMBLEA XERAL ORDINARIA DA ANPA MILNENOS

ASEMBLEA XERAL ORDINARIA DA ANPA MILNENOS DÍA: Martes 2 de decembro de 2014 LUGAR: Salón de Usos Múltiples  HORA: 18:15 en primeira convocatoria   18:30 en segunda convocatoria ORDE DO DÍA: 1.- Información da Xunta directiva sobre actividades realizadas e proxectos. 2.- Información sobre os recortes de persoal de AL e PT. 3.- Situación das obras do edificio novo. 4.- Información sobre as eleccións ao Consello escolar e as próximas eleccións para a Directiva da ANPA. 5.- Información sobre subvencións solicitadas e recibidas. 6.- Comedor, madrugadores e actividades extraescolares. 7.- Estado das contas da ANPA.  8.- Rolda de intervencións.

Receitas de Magosto

A modo de agradecemento pola colaboración prestada polas familias do colexio na elaboración de receitas do Magosto, na web do colexio publican unha reportaxe coas receitas dos participantes. SOBREMESAS DE CASTAÑAS