domingo, 31 de maio de 2015

Campamento de Verán Anpa Milnenos - EPB

O ANPA Milnenos do CEIP Emilia Pardo Bazán preparou un campamento de verán para o período 22 de xuño o 31 de xullo e 1 de setembro ao 8 de setembro.

Na seguinte ligazón podedes acceder ás bases da convocatoria.

https://drive.google.com/file/d/0B-wdvITiY1S0QlhZRmcwUldHcms/view?usp=sharing

Ademais, aproveitamos para respostar ás dúbidas xa plantexadas polos socios do ANPA aos que xa se lles remitiu a convocatoria o pasado venres, en concreto:

- ¿Poden participar non socios do ANPA e incluso alumnos/as de outros centros? Sí, pero os socios do ANPA terán preferencia na obtención de praza
- ¿Pódese obter praza para días soltos do campamento? Non, o formato por semanas é o único posible coa particularidade de que xuño e setembro son períodos de 6 días.
- ¿Cales son os horarios de saída? 14:00 ou 15:30 horas sen horarios intermedios de saída.
- ¿A entrada en madrugadores pode realizarse entre as 7:30 e as 9:00? sí
(iremos completando este apartado con dúbidas posteriores)

Agardamos que sexa do voso interese.

xoves, 21 de maio de 2015

Bolsas de picnic para excursións

Ao longo das próximas semanas faranse excursións no CEIP.

Cando hai excursións nas que @s nen@s teñen que levar a comida, para @s que acoden normalmente a comedor a empresa Jardanay prepara unhas bolsas de pícnic e lévaas ao colexio pola mañá. 

Lembrade que só leva bolsa de picnic para aqueles que son usuari@s de comedor de semana completa. Para os que non asisten a comedor todos os días, só se lles preparará picnic se o día de excursión coincide co día de semana que van a comedor

O pícnic consiste nun bocadillo, peza de froita, lácteo, auga e un pasteliño(ou algo doce).

martes, 19 de maio de 2015

Contacontos en "Librería Clunia" (Colaborador Anpa)

Un dos nosos colaboradores remítenos unha proposta para o sábado 23 de maio Mostrando cuentacuentos mayo 23 2015.jpg

Graduación 6º E.Infantil e Colaboradores do ANPA

Onte celebrouse a festa de graduación de 6º curso de educación infantil. Houbo unha representación teatral da obra "A voda do piollo e a pulga". Como en anteriores ocasión contamos coa colaboración de algún dos nosos colaboradores. Neste suposto o supermercado Eroski (Emilio Gonzalez, 18 15011 A Coruña - A Coruña) tamén colaborou con nós
Logo-in-menu-es

Aproveitamos esta ocasión para agradecer a súa colaboración, así como a dos demais colaborares do ANPA (http://milnenosgalego.blogspot.com.es/p/colaboran-con-el-anpa.html).


martes, 12 de maio de 2015

Torneo 3x3 de Baloncesto e fútbol sala (CD Los Rosales)

O "Club Deportivo Los Rosales" remítenos información sobre os seus torneos 3x3 de Baloncesto e Fútbol Sala.

Nas ligazóns que figuran de seguido podedes consultar a información da convocatoria e os formularios de inscrición.

O Baloncesto será o 30 de Maio no pavillón de Cocheras:
Data tope de inscrición 26 de maio

MAÑÁ_  10:00 a 14:00 horas:  - Benxamín  - Alevín  -Infantil           
TARDE______ 16:00 a 21:00 horas:   - Cadete   - Xunior  

O Fútbol Sala ten dous días; sábado 6 e domingo 7 de xuño
Data tope inscrición 2 de xuño
SÁBADO 6___TARDE____ 16:00 a 21:00 horas:    - Xuvenil  - Sénior
DOMINGO 7 _ MAÑÁ_ 10:00 a 14:00 horas:   - PreBenxamín- Benxamín  -  Alevín
TARDE ______ 16:00 a 21:00 horas:   - Infantil     - Cadete