Información sobre renovación e inscricións

Este ano pola situación actual decidimos atrasar a data como mínimo ata o 10 de agosto. Ao longo do mes de xullo enviarase correo coa data de inicio de inscricións, o cadro de actividades e toda a información relacionada.

As inscricións e trámites, como o ano pasado, serán online.

Simplificación de cotas e trámites de inscrición

Tal e como se acordou na Asemblea Xeral Ordinaria do 27 de novembro de 2019, acórdase simplificar as cotas e os trámites nas inscricións. Por iso,

- A renovación de socios será automática. As familias que abandonan o colexio porque os seus fillos cursaron 6º este ano non teñen que facer nada, xa os eliminamos da asociación de forma automática tamén. Os únicos que ten que facer algún trámite son aqueles socios que o curso que vén non desexen seguir séndoo. Para iso débennolo comunicar por correo electrónico entre o 1 e o 20 de xullo.
A cota de socio é igual que outros anos, 15 euros por todo o curso.

- Unifícanse as diferentes modalidade de matrícula (1, 2 e 3 ou máis actividades) nunha única cota de matrícula e seguro. Esta cota única dá dereito a participar en todas as actividades extraescolares que se desexe e ten un custo de 16 euros por todo o curso.

AAEE

Seguiremos os mesmos criterios que o ano pasado coas listas inscricións e listas de espera en actividades, que son a rigorosa orde de preinscrición online.

É posible que os grupos máximos en todas as actividades véxanse reducidos para garantir as recomendacións de seguridade que poidan ser indicadas pola Consellería. A día de hoxe descoñecemos devanditos criterios, polo que quedamos á espera unha vez se achegue o comezo de curso.

Este ano eliminaremos a posibilidade de preinscribirse para comezar en outubro nas actividades. A inscrición na actividade será efectiva desde o inicio do curso e o mes de setembro será facturado asista ou non o alumno.

Comedor


Os trámites co comedor serán iguais que o ano pasado, a través da web de Jardanay. A data de apertura de inscricións probablemente atrasarase como mínimo ata o 15 de agosto.

Poderá haber cambios no comedor con motivo do COVID. Para garantir a separación dos alumnos, están a estudarse diferentes alternativas, como son derivar certos alumnos a comedores portátiles nas aulas e/ou habilitar dúas quendas de comedor en lugar da quenda única actual. En calquera caso, o obxectivo destas medidas será manter o número de prazas ofertadas con respecto a outros anos.

Publicacións populares deste blog

APERTURA PREINCRICIÓNS AAEE, RENOVACIÓN FAMILIAS SOCIAS E COMEDOR 2023/24

FESTA ENTROIDO 2024