Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Xaneiro, 2022

DÍA DA PAZ

FELIZ DÍA DA PAZ Fomentar a paz e a convivencia non é labor dun día, e por iso, desde a biblioteca realizarán esta próxima semana actividades que resulten motivadoras e fagan reflexionar ao alumnado sobre a importancia de coidar estes aspectos. Este curso, con motivo do proxecto PDI Mergúllate! están a investigar sobre os mares e océanos, e queren  lembrar que cada ano rexístranse miles de traxedias no mar con persoas que foxen de conflitos desde os seus países tentando un futuro mellor. Durante a próxima semana acudirán ao centro persoas que viviron en persoa estas traxedias, en primeira persoa ou como membros de organizacións que tratan de axudar a estas persoas que foxen dúas os seus países. A frase de Emilia Pardo Bazán segue acollendo a todos/ as na entrada da biblioteca "Detesto a violencia...", rexeitamos todos a violencia. BIBLIOTECA EPB Un pouco de historia... Dende o ano 1964, veuse conmemorando o Día Escolar da Paz e a Non Violencia ( DENYP), cada 30

RESERVA DE PRAZA NO IES SALVADOR DE MADARIAGA

Lembrámosvos que as familias do alumnado de 6º de primaria que desexedes matricular aos vosos fillos/ as no IES Salvador de Madariaga, deberedes entregar ao voso fillo/a para que o entregue ao seu titor/a entre o 11 de xaneiro ao 8 de febreiro, o modelo de solicitude debidamente cuberto que se adxunta. DOCUMENTO DE INSCRICIÓN CIRCULAR INFORMATIVA

CORUÑA CORRE

  CORUÑA CORRE CIRCUITO DE CARREIRAS POPULARES O concello de A Coruña celebra o evento CORUÑA CORRE co seguinte circuíto de carreiras populares: Inscrición  e bases no seguinte enderezo web:  https://corunacorre.com/

MERGÚLLATE NA INFORMACIÓN

A nosa biblioteca reanuda o concurso de procura de información relacionado co PDI Mergúllate!!  Cada semana proporanse varias preguntas relacionadas cos mares e océanos para que participen as clases é así poder recibir como  recompensa algúns dos recursos que teñen  dispoñibles na biblioLab. Mergúllate na información    Ánimo!!

ESCOITA EMILIA NA ONDA.

Estimadas familias, lembrade que podedes acceder á canle de Emilia na Onda e oír os podcast que se acaban de publicar e lembrar algunhas  das actividades que se desenvolveron durante o primero trimestre. Novidades da canle.

MENÚ COMEDOR SEGUNDO TRIMESTRE

Estimadas familias, A por o segundo trimestre!! Deixámosvos o menú de comedor deste trimestre na seguinte ligazón. Menú comedor segundo trimestre