Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Decembro, 2018

Nova sesión da Escola de Nais e Pais sobre acoso escolar

O mércores 9 de xaneiro comezamos o novo ano con unha charla sobre acoso escolar. Apuntádevos coma sempre a través da aplicación. PREVENCIÓN DO ACOSO ESCOLAR (BULLYING, CIBERBULLYING, ...) Datos das sesións 09/01/2019 18:00-20:00 no SUM (Salón de Usos Múltiples) do colexio Inscrición: só para socios/as. A través da  aplicación do ANPA .  Servizo de canguros para os nenos: alta a través da  aplicación do ANPA . Poñente Patricia Gómez Salgado

Participación de lotería entregada por Jardanay

Informámosvos que coma cada Nadal Jardanay entrega ao ANPA unha participación de Lotería de Nadal de 10 euros do número este ano 47.808. O premio no seu caso integraríase nos fondos do ANPA Moita sorte!

Mercadillo de Nadal o domingo 16 de decembro

O 16 de decembro, de 11:00 a 17:00, na Praza Elíptica do barrio celebrarase o mercadillo de Nadal. Coincidindo ademais coa carreira popular do barrio, haberá música e baile para todos. ¡Animádevos a participar!

3 de decembro, día internacional de persoas con discapacidade

O 3 de decembro é o Día internacional de Persoas con Discapacidade. COGAMI (confederación galega de persoas con discapacidade) e os Bolechas visitaron o noso colexio para continuar sensibilizándonos neste tema e presentarnos á Unidade Didáctica: " Os Bolechas e a discapacidade ". Os nenos e as nenas de 1º e  2º de primaria participaron en obradoiros dende circuitos con obstáculos en cadeiras de rodas ata actividades cos ollos tapados para descubrir os obxectos polo tacto e polo olfacto e tamén facendo chapas e debuxos dos Bolechas. Ligazón á noticia completa