En lugar de caldo galego, servirase ensalada variada (leituga, tomate, cenoria, millo e olivas). O segundo prato seguirá sendo o mesmo (pizza artesá de tomate, xamón e mozarella). Para os alérxicos, servirase sopa de letras.
Desculpade as molestias.
xoves, 19 de decembro de 2019
Boletíns de actividades xaneiro - maio 2020 do CC Labañou e CC Rosales
Bos días, achegamos boletíns informativos de actividades socioculturais da convocatoria de decembro relativa ao período de xaneiro a maio, dos centros cívicos arriba indicados, para a súa difusión e información.
A preinscrición será o 19, 20 e 21 de decembro.
Boletín Labañou
Boletín Los Rosales
A preinscrición será o 19, 20 e 21 de decembro.
Boletín Labañou
Boletín Los Rosales
Circular informativa para as familias non beneficiarias da bolsa comedor do Concello da Coruña
Enviámosvos unha circular de Jardanay para informarvos do procedemento que se vai a seguir para efectuar as cobranzas pendentes polo uso do comedor aos pais que solicitaron a bolsa comedor do Concello da Coruña e finalmente non foron beneficiarios dela.
Como sabedes, debido ao atraso na publicación das bolsas por parte do Concello, en Jardanay decidimos axudar de forma extraordinaria ás familias financiando o comedor aos solicitantes, cunhas condicións (presentación da copia da solicitude da bolsa) e ata a publicación das diferentes listaxes. Lembrámosvos que cada caso é diferente e que estamos a estudar cada situación en particular.
Efectuaremos as eventuais cobranzas de dúas maneiras:
1) Débeda de setembro e outubro - mediante unha carta de pago enviada ás familias pagadera ata o 28 de febreiro.
2) Débeda de novembro - mediante a factura domiciliada habitual de novembro, xa emitida.
Circular de Jardanay

luns, 16 de decembro de 2019
Cancelación do campamento de nadal
Por motivos de non ter alcanzados os mínimos de inscricións nas dúas semanas de campamento, procedemos á cancelación dos mesmos en ambas semanas.
mércores, 11 de decembro de 2019
Cambios de data para as inscricións do campamento de nadal do ANPA
Por razóns loxísticas vémonos obrigados a pechar listas dos campamentos
de nadal do ANPA esta semana, polo que se modifica a data tope para
inscribirse a este domingo 15 de decembro.
Grazas!
Grazas!
martes, 10 de decembro de 2019
Local do ANPA pechado o luns 16
O luns 16 de decembro o local permanecerá pechado no seu horario habitual de 16:00 a 17:00 dado que ningún membro da directiva pode acudir ese día.
Desculpade as molestias.
Desculpade as molestias.
xoves, 5 de decembro de 2019
Mercadillo solidario do barrio o 22 de decembro
A Asociación Veciñal Cultural e Deportiva Os Rosales retoma o mercadillo con moitas novidades!!
Será o domingo 22 de decembro NO CENTRO COMERCIAL ROSALES (planta superior).
Necesitan coñecer a vosa participación para ir colocando os postos ao longo dos corredores e no interior dalgún local baleiro.
Achegamos as bases dos postos e as follas de inscrición.
Documento de solicitude
luns, 2 de decembro de 2019
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)