Voluntariado para a confección de corazóns solidarios- AECC


 

O cancro de mama é o tumor máis frecuente entre a poboación feminina. En España diagnostícanse cada ano 26000 novos casos, dos cales aproximadamente un 64% acaban sometidos a unha mastectomía. 

 O coxín de corazón é de suma importancia para aliviar o sufrimento de pacientes sometidas a cirurxía mamaria, especialmente naquelas pacientes que ademais se lles tivo que extirpar os ganglios linfáticos. O coxín ten forma de corazón, presenta unha fenda pronunciada para que se poida encaixar debaixo do brazo ao lado operado. 

 

Beneficios do uso do coxín:  

    • Impide que o brazo roce a ferida.  
    • Sostén o brazo e os músculos do ombreiro.  
    • Impide que o brazo se inflame por causa das glándulas linfáticas.  
    • Permite durmir de noite, mesmo sobre o lado operado.  
    • Diminúe a dor, en caso de tose e/ou esbirro.

 

Por todos estes motivos desde a ANPA decidimos lanzar esta iniciativa solidaria.  

O noso obxectivo é confeccionar un mínimo de 25 coxíns de corazón, un por cada clase, representando así a todo o alumnado do colexio. Estes coxíns serán entregados á Asociación Española contra o Cancro. Ademais de axudar a paliar as molestias tras a operación, levarán unha mensaxe de apoio e solidariedade para que as persoas que os reciban sintan que non están soas. 

 

 

 

Aínda estamos a recoller materiais, tanto teas como recheo de coxín ,que poidades ter por casa. É importante que as teas sexan suaves para ofrecer maior comodidade ás persoas que usen os coxíns.  

Se estades interesados en participar neste voluntariado, agradecemos moito que nos volvades a confirmar a vosa dispoñibilidade a través do e-mail: milnenos@gmail.com  

O patrón necesario para a confección está á vosa disposición en conserxería. 

Agradecemos de antemán a voas xenerosidade e o tempo dedicado a este proxecto solidario.

Publicacións populares deste blog

APERTURA PREINCRICIÓNS AAEE, RENOVACIÓN FAMILIAS SOCIAS E COMEDOR 2023/24