Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Novembro, 2016

Resultados Consello Escolar

SECTOR PAIS/NAIS: Dona Miriam Rodríguez Garrapucho Dona Ana María Vázquez Fernández Don Isaac Manuel González Gutiérrez REPRESENTACIÓN ANPA MILNEN@S: Dona Eva González Souto SECTOR PROFESORADO: Dona Mª Isabel Rodríguez López Dona Mª Luisa Domínguez Pérez Dona Raquel López Manteiga PERSOAL DE ATENCIÓN COMPLEMENTARIA (PAC): Dona Mery Eliana Aliaga Bonilla REPRESENTANTE MUNICIPAL: Pendente designación

Cambios menú comedor

O menú da próxima semana viuse modificado: -           Mércores 7 Decembro * 1ºPrato: Lentellas vexetais (sen cambios) * 2ºPrato: Pizza de xamón e queixo en lugar de Lasaña de atún * Sobremesa: Froita (sen cambios) -          Venres 9 Decembro * 1ºPrato: Crema mixta de verduras (sen cambios) * 2ºPrato: Pescada á romana con patacas en lugar de Tenreira en porcións con pataquiñas * Sobremesa: Petit suisse (sen cambios)

Asamblea Xeral Ordinaria: Luns 12 de decembro

ASEMBLEA XERAL ORDINARIA ANPA MILNENOS DÍA:  Luns 12 de decembro do 2016 LUGAR:  Salón de Usos Múltiples do CEIP Emilia Pardo Bazán HORA:  18:15 en Primeira convocatoria 18:30 en Segunda convocatoria ORDE DO DÍA: 1.- Información da Xunta directiva sobre actividades realizadas e proxectos  2.- Valoración da actividade da directiva 2015/2017. Información da convocatoria de eleccións en Asemblea Extraordinaria e data de celebración. 3.- Información de eleccións ao Consello  Escolar  4.- Información sobre subvencións solicitadas e recibidas. 5.- Programa de inmersión en inglés. Recollida de sinaturas. Queixa ao Valedor 6.- Comedor, madrugadores e actividades extraescolares. 7.- Estado das contas do ANPA. 8.- Rogos e preguntas

Programa de inmersión. RECOLLIDA DE SINATURAS

Estimad@s pais/nais, O NOSO CENTRO E OS NOSOS  NEN@S QUEREN O PROGRAMA DE INMERSIÓN EN INGLÉS !!!!! Como moitos xa sabedes, o Anpa este ano puxo en marcha un programa de inmersión lingüística para Educación Primaria  financiado de xeito exclusivo  con fondos que obtivo o Anpa dun convenio cunha entidade sen ánimo de lucro e coas aportacións dos pais e nais do anpa. Este programa compensa a imposibilidade actual do noso centro de participar no programa de auxiliar de conversa da Xunta. A nosa proposta e máis ambiciosa que o dito programa e resulta  GRATIS  para todos os alumnos/as (e para a Xunta).  Logo do permiso inicial da Inspección educativa, recibimos a comunicación da paralización do programa cando só levábamos unha semana de actividade. En tres semanas non tivemos outra comunicación da Consellería en relación a nova solicitude que trasladamos, polo que entendemos que é fundamental demostrar o interese da comunidade educativa do CEIP no dito programa.  Por todo isto

ECO HORTAS. CONCELLO CORUÑA

Onte algúns directivos do Anpa asistiron á reunión no C.C. Mallos que convocaran os encargados de Eco Hortas, dirixida ás ANPAS das zonas onde quérense implantar os novos hortos urbanos do Concello. Propuxéronnos unha visita guiada a Feáns para ver e coñecer como funcionan os hortos que teñen alí montados os membros da asociación "Imos De Hortas", modelo de funcionamento autogestionado que se pretende seguir coas Eco Hortas do Concello. O Anpa considera unha boa oportunidade estas visitas dirixidas nesta ocasión a membros, socios e demais persoas que se apunten a través das ANPAS que estabamos convocadas á reunión, Aqueles que estean interesados nas visitas só teñen que apuntarse enviando un mail a  milnenos@gmail.com    indicando data e hora que queren ir. As visitas programadas son o sábado 19 de novembro ás 16:30 e sábado 03 de decembro ás 11:30 ou ás 16:30. + INFO: Cartel   VISITAS FEANS  

URXENTE. SUSPENSIÓN ACTIVIDADE DE PISCINA

Desde o Servizo Municipal de Deportes esta mañá comunícanos a través de FEDAPAS o responsable da Campaña de Natación escolar, D. Antonio Pedraz Pito que na tarde de onte luns, a cuberta da Piscina Municipal de Riazor sufriu serios danos con motivo da rotura dos tensores que a sustentan, circunstancia que obrigou á suspensión, ata nova orde, de todas as actividades programadas no vaso. Por todo a campaña de natación escolar dos centros educativos que realizan dita actividade en Riazor, non poderán asistir nun prazo de tempo por agora sen determinar. Devandito prazo comunicarásevos no momento en que os técnicos avalíen o estado no que se atopa a cuberta, e se determinen as obras que será preciso levar a cabo antes de reiniciar as actividades.  Desde o Servizo Municipal de Deportes xa se está traballando para que devandito período de tempo sexa o menor posible. Sentimos as molestias que todo iso poida ocasionar ás familias

MAGOSTO 2016. Xoves 10 de novembro

Por mor da previsión de choiva que fixo o centro, o Magosto está previsto celebralo o vindeiro XOVES, día 10 de novembro despois do recreo (11:30 h.). O asado das castañas polo método artesanal farase a continuación da entrada do alumnado no colexio, ao redor das 9:15 h.  Precisariamos a axuda de varias persoas, contando que haberá dúas directivas do Anpa que tamén axudarán e será preciso contar con máis axudantes para o momento do reparto das castañas asadas ao alumnado. Lembrade que non está autorizada a realización de fotografías cos móbiles persoais nen con cámaras, salvo ás que realice o profesorado Para aquelas/aqueles que poidan colaborar lembrade enviar un mail cos vosos datos de contacto a  milnenos@gmail.com  

EcoHorta na Cidade. Proposta do Concello

INFORMACIÓN CONCELLO CORUÑA: Dende o Concello da Coruña, a través da colaboración das Concellerías de Rexeneración Urbana e Dereito á Vivenda; de Medio Ambiente; e de Participación e Innovación Democrática, poñémonos en contacto coa vosa entidade para invitarvos a participar no proceso de activación de 3 Hortas Urbanas Autoxestionadas na cidade. Estes novos equipamentos denominaranse  ecoHortas  e inicialmente estarán localizadas nas seguintes zonas: -                 Os Rosais – San Pedro de Visma – Agra do Orzán -                 Mesoiro – Novo Mesoiro -                 Oza – Castrillón – Os Castros Esta semana realizaranse 3  presentacións públicas , unha en cada unha destas tres zonas onde se materializarán as  ecoHortas .  As presentacións son abertas a toda a cidadanía que queira asistir e coñecer máis en detalle este proceso. Por isto, agradecemos a difusión desta información a todas as persoas que consideredes lles poida ser de interese. As datas e lugare

Cambios nos accesos ao CEIP por obras na fachada

Deixámosvos o acceso a información publicada na web do Colexio: http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipemiliapardobazancoruna/?q=node/551

Enquisa inicio do curso Defensor del Pueblo

Animámosvos a participar na enquisa que propón a oficina da "defensora do pueblo" sobre o comezo do curso na seguinte ligazón: https://www.defensordelpueblo. es/encuesta-sobre- satisfaccion-de-inicio-del- curso-escolar