Saltar ao contido principal

Trámites

Alta de nova familia socia

Descrición: alta de novos familias socias 
Apertura das inscricións.
Prezo: 16 euros

Presentación telemática (obrigatoria)

Renovación de familias socias.

Descrición: renovación de familias socias.
Apertura de inscricións: non aplica, a renovación é automática
Prezo: 16 euros

As familias que abandonan o colexio porque os seus fillos e filas cursaron 6º este ano non teñen que facer nada, xa os eliminamos da asociación de forma automática tamén. Os únicos que ten que facer algún trámite son aquellas familias socias  que o curso que vén non desexen seguir séndoo. Para iso débennolo comunicar por correo electrónico antes do inicio do curso.

 

Alta en actividades extraescolares

Descrición: alta en actividades
Apertura de inscrición: 26 de Xullo de 2023
Máis información: os cadros de actividades e toda a información sobre as actividades están no apartado de actividades extraescolares do blog.
É necesario facer a presentación exclusivamente de forma telemática usando o voso usuario para garantir o correcto orde de preinscripción. Nas instruccións tendes a forma de realizalo.

Presentación telemática (obrigatoria)
  • A través da aplicación da ANPA
  • Instruccións e axuda
  • Axuda rápida: Ir a Asociados, Familias, “Lupa”, Despregar “Realizar preinscripción”, seleccionar a actividades e premer  “Realizar preinscripción”
  • Recordade seleccionar o curso correcto na parte superior da aplicación
  • Para cada neno que asista a algunha actividade extraescolar debedes inscribirvos adicionalmente na actividade "MATRÍCULA E SEGURO DE ACTIVIDADES", sendo un único cobro por neno para todo o curso

Autorizacións saídas actividades extraescolares 

Cando a recollida non a realicen as persoas titoras que están cargadas na aplicación (por favor, revisade na aplicación que este dato esté actualizado e están engadidos todos/as os/as titores/as) poden autorizarse un máximo de dúas persoas para que realicen a recollida de forma habitual. Esta autorización debe facerse a través deste formulario: https://forms.gle/YaGJFp7ViRSy1HA19
Se xurde algún imprevisto e ningunha das persoas autorizadas pode recoller á crianza, debe chamarse á coordinación de actividades ao teléfono: 637764388 e indicar o nome e o DNI da persoa que recollerá, así como a crianza e a actividade. Este trámite debe intentar facerse antes do horario de comenzo de actividades (16:00h) na medida do posible.


Alta en campamentos, festas e outros eventos

O proceso é idéntico ao de alta en actividades extraescolares.

 

Baixa de actividades extraescolares

Descripción: baixa en actividades
Prazos para cambios: as baixas ou modificacións do alumnado na actividade serán notificadas á ANPA Milnen@s antes do 26 do mes anterior a causar baixa,  cubrindo o impreso de baixa/modificación ou enviando un correo con toda a información. Do contrario pagarase a mensualidade.
Máis información: no apartado correspondente do blog.

Presentación telemática (obrigatoria)
  • Enviar un correo a milnenos@gmail.com cos datos de alumno/a que cursa a baixa e o nome completo da actividade ou actividades. A conta de correo desde a que se debe enviar o correo deberá ser a dun dos titores do alumno dados de alta na aplicación

 

Alta, baixa e modificación no servizo de comedor, mañanceiros ou servido de cambiadores.

Descripción:  solicitude de alta no comedor, madrugadores ou servizo de cambiadores, así como as solicitudes de baixas, renuncias ou variacións no servizo realizaranse por parte dos titores legais dos alumnos/as, mediante o cumprimento dos formularios electrónicos facilitados por Jardanay a través da súa web.
Apertura de inscripcións: Do 1 de agosto o 31 de agosto 
Prazos para cambios: o prazo para producir altas e baixas dos servizos contratados será o día 26 do mes anterior ao comezo dos servizos.

Presentación telemática (obrigatoria)

Publicacións populares deste blog

APERTURA PREINCRICIÓNS AAEE, RENOVACIÓN FAMILIAS SOCIAS E COMEDOR 2023/24

  O vindeiro 26 de xullo faremos apertura de inscricións das actividades extraescolares. Coma sempre, a preinscrición será para familias socias e debe facerse a través da aplicación. Non esquezades marcar tamén o seguro e a declaración responsable. Atoparedes toda a información das AAEE ofertadas no noso blog e RRSS con anterioridade a abrir o prazo para poder organizarvos. Coma en anteriores anos, a renovación como familia socia será automática, excepto para o alumnado de sexto que xa promocionou. Neste caso non tedes que facer nada, darásevos de baixa de forma automática. Aquelas familias que, non sendo de 6º, non queiran seguir sendo socias da ANPA, deberán enviar un escrito a milnenos@gmail.com antes do 15 de agosto expresando este desexo. Por favor, revisade a información para asegurarvos de que todos os menores están rexistrados no curso que lles corresponde e os datos de contacto das familias están correctos. A alta en comedor, madrugadores e servizo de cambiadores, farase a tr

ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES 2022/23

 APERTURA INSCRICIÓNS 0 26 DE XULLO! Preme en cada actividade e terás máis información ( horarios, ubicación, prazas, prezos) Toda a información na páxina do blog de  actividades extraescolares .

APERTURA INSCRICIÓN COMEDOR 2022/23

O vindeiro día 15 ábrese o prazo para a inscrición en comedor das nosas crianzas e rematará o 30 de agosto.  Tramitarase coma sempre a través da aplicación online de Jardanay , e deberedes utilizar : USUARIO: emilia CONTRASINAL: comedores2022 E como novidade, deberedes introducir o voso número de socio da ANPA (dato que ven reflexado na aplicación, ao lado do nome da familia) Poderedes apuntarvos a mañanceiros, comedor e o novo servizo de cambiadores. Achegamos a información Jardanay  onde ven reflexado o detalle de todos os servizos e custos dos mesmos.