Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Agosto, 2020

Comunicado de atraso do inicio das actividades extraescolares

En reunión da directiva do día 29/08/2020, decidimos por unanimidade atrasar o inicio das actividades extraescolares a outubro . Os servizos de comedor e de madrugadores, se non hai novidades, comezarán o primeiro día de clase. Toda a información sobre esta complicada decisión tédela no informe adxunto. Comunicado de atraso do inicio das actividades extraescolares Dado que as inscricións non terán efectos económicos en setembro, agradeceriámosvos realizar as inscricións nas actividades extraescolares para outubro canto antes . Moitas actividades ofertadas aínda non conseguiron mínimos, polo que necesitamos pechar os grupos antes do 15 de setembro para formalizar cos provedores o seu inicio e poder confirmarvos as inscricións. Como sempre, iremos mantendo informados no blogue. Pedímosvos que leades o apartado COVID, onde atoparedes a información detallada de todo. Apertas e moito ánimo!

Recordatorio de inscrición na DECLARACIÓN RESPONSABLE

Tal e como vos indicamos en numerosos correos e no blogue, para poder participar nas actividades é obrigatorio inscribirse canto antes na actividade "DECLARACIÓN RESPONSABLE", despois de ler dita declaración e os protocolos publicados no blogue no apartado COVID ( https://milnenosgalego.blogspot.com/p/covid.html )  En caso de non dispoñer da inscrición antes do 1 de setembro , data na que empezaremos a confirmar as inscricións, verémonos obrigados a poñer en lista de espera aos que non a aceptaron (poderíase perder a praza en caso de haber lista de espera). Se o 5 de setembro non dispoñemos da aceptación procederemos a cancelar todas as actividades en curso da familia afectada , xa que entenderemos que non aceptan as normas e responsabilidades establecidas.

Primeira versión do protocolo COVID da ANPA Milnenos

Grazas á axuda das 26 familias voluntarias, ademais do traballo da directiva, hoxe publicamos a primeira versión do borrador do Plan de adaptación á situación COVID-19 no curso 2020/2021 da ANPA  Milnenos . Este protocolo irase actualizando periodicamente con nova información ou cos cambios que sexan necesarios para adaptarse a calquera nova normativa autonómica que chegará (esperamos) en breve. Ademais está dispoñible a Declaración responsable , que todos os socios/as deben ler e coñecer, para tentar entre todos minimizar os riscos neste curso tan complicado. Lembrámosvos que é obrigatorio inscribirse á actividade "DECLARACIÓN RESPONSABLE" a través da aplicación da ANPA como requisito para participar en comedor e actividades extraescolares. Por favor, dedicádelle uns minutos para ler o plan, é imprescindible para o bo desenvolvemento das actividades. Toda a información no apartado do blogue adicado ao COVID https://milnenosgalego.blogspot.com/p/covid.html

ANPA Milnenos na Voz de Galicia

Hoxe publicouse unha pequena entrevista realizada a Eva. https://www.lavozdegalicia.es/noticia/coruna/2020/08/21/colegios-preparan-turnos-comedor-comienzo-curso/0003_202008H21C3991.htm

Abertas as inscricións en AAEE

Informámosvos que xa están abertas as inscricións para as AAEE do próximo curso. Comedor estará dispoñible en canto Jardanay abra a súa aplicación, pero nestes momentos aínda non se pode. Temas importantes a ter en conta este ano: Case todo está no aire pola alerta por COVID. Esperamos ter todo claro por parte das consellerías competentes e poder arrincar todos os nosos servizos con garantías. Este ano será obrigatorio “asinar” unha declaración responsable antes de asistir ás actividades. A forma de asinala será lela no blogue e aceptala a través da preinscrición nunha actividade “DECLARACIÓN RESPONSABLE”. Aos que xa vos apuntastes a esta actividade… mellor esperade a tela dispoñible para poder lela e ter claro todo o que implica. Non se trata de que neste punto deleguedes ou confiedes plenamente nos nosos criterios. Este ano será fundamental que todos coñezades os protocolos e responsabilidades compartidas de obrigado cumprimento. O protocolo e a declaración, xunto con toda a info