Colares de Zonchos

      Zoncho é unha palabra galega que designa ás castañas cocidas.

    Na nosa cultura a vida e a morte sempre foron da man festexando a memoria dos que xa non están a través de rituais que nos conectan co noso pasado.

    O día 1 de novembro, Día de Todos Os Santos, a tradición en Galicia adquire un maiz especial coa celebración en honra aos defuntos. É aquí onde adquire protagonismo o colar de zonchos, a tradición cóntanos que cada unha dsas castañas comidas do colar representaba unha alma que fora liberada do purgatorio.

    É unha tradición moi arraigada que acompaña ao Samaín e ao Magosto e que nos lembra a profunda conexión que temos en Galicia co noso pasado.

    Aquí vos deixamos unha pequena mostra do traballo que fixeron os nosxs pequenxs de primaria cos seus marabillosos colares de zonchos.

 



Publicacións populares deste blog

APERTURA PREINCRICIÓNS AAEE, RENOVACIÓN FAMILIAS SOCIAS E COMEDOR 2023/24

Campamentos SEROCIO VERANO 2024