xoves, 17 de decembro de 2015

Normas exhibicións 18 decembro e CESTA NADAL

Boas tardes,

Mañá día 18 celebraranse exhibicións de cociña, baile e teatro. Comezarán as 16:30 pero os nenos/as deben estar no colexio as 16:00 horas.

Os de baile e teatro que asistan a comedor irán ao SUM directamente, pero os de cociña irán ao colexio azul para preparar o seu "prato" 

Do mesmo xeito, os alumnos que veñan dende casa deberán dirixirse ao SUM se son de baile moderno ou teatro, e ao colexio azul se son de cociña.

Ao finalizar as exhibicións entregarase a cesta de Nadal que nos regalou ao Anpa a empresa Axiña e que se regalará ao socio cuxo número coincida co do sorteo da ONCE de hoxe xoves 17 de decembro: o Nº 342




Tamén vos indicamos que recibimos lotería de Nadal da empresa Jardanay,que se toca, evidentemente, se ingresará na conta do Anpa

luns, 14 de decembro de 2015

Novas clube Deportivo 12-13 de decembro

Deixámosvos o cadro de resultados do Clube deportivo desta fin de semana xunto coa ligazón a unha breve reseña do I Torneo de Futbito de colexios públicos da Coruña publicada na web do Anpa O Trisquel do Ceip Concepción Arenal:

http://www.anpaotrisquel.es/2015/12/i-torneo-de-futbito-colegios-publicos-a-coruna-2015/









Baloncesto
CategoríaEncontroDíaHoraPavillónResultados
BenxamínEPBazán-Rosales – Liceo La Paz1312:30Agra II (pista 3)2-52
Alevín FemininoObradoiro – EPBazán-Rosales139:30Agra II (pista 1)0-2
Alevín MasculinoMontrove “B” - EPBazán-Rosales1311:00Agra II (pista 1)45-42
Infantil FemininoCulleredo – CD Los Rosales1319:00Culleredo80-46
Infantil MasculinoBasquet Coruña 03 – CD Los Rosales1317:00Ventorrillo38-61
Cadete FemininoCD Los Rosales – Calasancias1212:00Los Rosales39-58
Cadete MasculinoCB Arteixo – CD Los Rosales1216:00Arteixo Pazo dos Deportes53-46
Fútbol Sala
CategoríaEncontroDíaHoraPavillónResultados
PrebenxamínAcademia Red Blue “A” - EPBazán-Rosales1318:00Labañou9-2
Benxamín “A”Liceo La Paz “B” - EPBazán “A”1317:00Liceo La Paz5-4
Benxamín “B”Ex-Alcohólicos-Morás “B” - EPBazán “B”1320:00Agra II4-8
Alevín “B”EPBazán-Rosales “B” – Ex-Alcohólicos-Morás1216:00Los Rosales0-3
InfantilCD Los Rosales – Ex-Alcohólicos-Morás “B”1319:00Labañou5-1
Cadete “A”Troula FS- CD Los Rosales “A”1320:00As Moas4-0
Cadete “B”CD Los Rosales “B” – Ex-Alcohólicos-Morás “B”1320:00Labañou0-10
Torneo Calasanz
CategoríaEncontroDíaHoraPistaResultados
PrealevínEPBazán-Rosales – Liceo La Paz1519:402

Campamento de vacacións de Nadal. Derradeiras prazas

Aínda quedan 2 prazas para a semana do 21 ao 24 de decembro e 7 prazas para a semana do 28 ao 30. 


Os días 31, 4 e 5 de xaneiro non se celebrará o campamento por non existir solicitudes suficientes.

Nesta entrada publicaremos mañá día 17 de novembro a información do campamento de Nadal que se celebrará no colexio azul do CEIP Emilia Pardo Bazán entre os días 21 de decembro de 2015 e 5 de xaneiro de 2016, ambos incluídos (10 días "hábiles": 21-24, 28-31, 4-5).

O formato será "parecido" ao do Campamento de Verán pasado, pero mellorando (cremos) aquelas cuestións que puideron supoñer maiores queixas (servizo de madrugadores garantido, etc) e incluíndo outras melloras que a curta duración deste campamento permite (posibilidade de inscrición por días soltos, etc).


A información completa e "matrícula" remitiranse por mail e publicaranse na web como xa fixemos no verán:


1.- Convocatoria: https://drive.google.com/file/d/0B-wdvITiY1S0ek1fekt2d005OW8/view?usp=sharing


2.- Dúbidas e consultas


a) ¿Hai desconto para familias con varios fillos/as inscritos?



Efectivamente hai un desconto para 2º irmán e seguintes do 10% do prezo por actividades que é o que nós xestionamos

Desta forma o 1º pagaría 7 euros/día, e o 2º e seguintes 6,30 euros/día

b) ¿Cal é o prezo do seguro/día?

1 euro/día por cada un dos nenos/as inscritos
-------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------

Aos efectos do campamento consideraranse socios/as a aqueles que estean dados de alta con data 16/11/2015

venres, 11 de decembro de 2015

Cambio menú. Luns 14/venres 18

Para a semana do 14 ao 18 de Decembro o menú viuse modificado. O dito cambio só afecta ao primeiro prato, intercambiándose entre si o 1º prato do Luns 14 co do Venres 18.
-          1º Prato do Luns 14: SOPA DE CUS CUS CON PICADO

-          1º Prato do Venres 18: ARROZ CON ATUN

mércores, 9 de decembro de 2015

Poe e Deporte no centro. Xaneiro 2016

Dende a federación de Anpas comunican que, no mes de decembro os nenos que están inscritos nas escolas do programa Deporte no centro e no Programa de Ocio Educativo(P.O.E) deberán facer os pagos das cotas correspondentes a cada un dos programas para a súa continuidade no mes de xaneiro.

O prazo para que nos enviedes a documentación é o día 17 de decembroA estos efectos deberá pasarse ata esa data polo local del Anpa no seu horario de xoves e luns para pagar a cota correspondente ou para indicar o número de conta ao que debe cargarse o cobro correspondente.

As cotas do programa Deporte no centro de xaneiro a maio/xuño 2016 son as seguintes:

FAMILIAS DE…..
COTAS  (xaneiro a maio/xuño 2016)
1 Fillo/a
20,00 €  por cada actividade
2 Fillo/as
16,00 €  por cada actividade e fillo/a
3 Fillo/as
14,00 €  por cada actividade e fillo/a
Máis de 3 fillo/as
12,00 € por cada actividade e fillo/a

As cotas trimestrais do P.O.E  (xaneiro a marzo 2016):

Segundo o nº asistencia días á actividade
COTAS (xaneiro a marzo 2016)
5 días/semán
30,00 €
4 días/semán
25,00 €
3 días/semán
20,00 €
2 días/semán
15,00 €
1 día/semán
10,00 €

No POE manterase as becas do POE para os nenos que teñan concedida a beca municipal de comedor escolar, como no período de outubro a decembro de 2015 (75% beca POE se teñen concedida ata 75 € na beca de comedor e o 100% da cota do POE se a beca comedor é de 98 €.

martes, 8 de decembro de 2015

Aviso. Foto oficial clube deportivo Los Rosales

O Clube infórmanos de que, como en anos anteriores, farán a Foto Oficial do Clube, para o que se pediu permiso ao Concello para o devandito acto no pavillón dos Rosales.

Día:  Venres 11 de Decembro de 2015
Hora: 18:00
Presentación: 17:30 (rógase puntualidade)
Equipamento: Os nen@s virán xa vestidos co equipamento oficial dos partidos.

Os paise nais poderán estar nas bancadas do pavillón mentres esperan a que remate o acto.

Cambio no menú día 9

A empresa comunica o seguinte menú:

-          1º Plato: Lentellas caseiras
-          2º Plato: Paella mixta de polo e gambas

domingo, 6 de decembro de 2015

Información sobre a proba de Avaliación final de 6º Primaria

Na seguinte ligazón podedes comprobar o contido da normas pola que se regulan as características xerais da proba de avaliación final de 6º de Primaria (BOE de 28 de novembro)

https://www.boe.es/diario_boe/txt.php?id=BOE-A-2015-12894

venres, 4 de decembro de 2015

xoves, 3 de decembro de 2015

Actividades Muncyt 12-13 de decembro

Chegounos a seguinte comunicación do Muncyt: 

A atención do profesorado, alumnado e ANPA do centro

Igaciencia e o Muncyt de A Coruña convídavos a disfrutar da Ciencia e a Tecnoloxía da Luz o sábado 12 e o domingo 13 de decembro no mesmo Muncyt. Unha oportunidade única pois é a primeira vez que estará ao completo para o público xeral. Hai que ter en conta que a exposición está orientada para os xoves.

Ten unha serie de obradoiros técnicos e lúdicos adaptados a determinadas idades nas que vos podedes inscribir aquí
http://www.igaciencia.eu/drupal7/?q=node/207

Pero están limitados a 20 asistentes por taller. Inscribidevos o antes posible para non perder o voso posto.

mércores, 2 de decembro de 2015

Resultados Clube deportivo 28-29 de novembro









Baloncesto
CategoríaEncontroDíaHoraPavillónResultados
BenxamínCalasancias - EPBazán-Rosales2817:30Agra II (pista 3)46-18
Alvín FemininoEPBazán-Rosales – Compañía de María299:30Agra II (pista 2)Aprazado
Alevín MasculinoEPBazán-Rosales – Vales Villamarín Betanzos2812:30Agra II (pista 2)37-34
Infantil FemininoCD Los Rosales – Costa da Morte2912:00Los Rosales38-48
Infantil MasculinoCD Los Rosales – CB Arteixo2910:00Los Rosales67-49
Cadete FemininoSta Mª del Mar – CD Los Rosales2816:00Sta Mª del Mar50-45
Cadete MasculinoMontrove – CD Los Rosales2812:00Canide- Mera57-65
Fútbol Sala
CategoríaEncontroDíaHoraPavillónResultados
PrebenxamínEPBazán-Rosales – Ex-Alcohólicos Morás2916:00Los Rosales0-9
Benxamín “A”EPBazán-Rosales “A”– Ex-Alcohólicos Moras “A”2917:00Los Rosales0-4
Benxamín “B”Calvo Sotelo – EPBazán-Rosales “B”2810:00Calvo Sotelo4-3
Alevín “A”EPBazán-Rosales”A” – Hércules F.S. “A”2910:00Agra II5-3
Alevín “B”O Tarreo – EPBazán-Rosales “B”2916:00Agra II4-1
InfantilEx-Alcohólicos Morás “A” - CD Los Rosales2919:00Agra II7-1
Cadete “A”CD Los Rosales”A” – Colegio Obradoiro319:10Labañou
Cadete “B”Club del Mar “A” - CD Los Rosales”B”2820:00Los Rosales7-1

Fotos actividade cociña (27/11/2015)





domingo, 29 de novembro de 2015

Convocatoria Asamblea Xeral Ordinaria: luns 30 de novembro

ASEMBLEA XERAL ORDINARIA DA ANPA MILNENOS

DÍA: Luns 30 de novembro de 2015
LUGAR: Salón de Usos Múltiples do C.E.I.P. Emilia Pardo Bazán
HORA: 18:15 en primeira convocatoria
18:30 en segunda convocatoria


ORDE DO DÍA:
1.- Información da Xunta directiva sobre actividades realizadas e proxectos (campamento de verán - campamento de Nadal).
2.- Información sobre os recortes de persoal de AL e PT.
3.- Información sobre subvencións solicitadas e recibidas.
4.- Comedor, madrugadores e actividades extraescolares.
5.- Estado das contas da ANPA.

6.- Rolda de intervencións.

Fotos da actividade de cociña






luns, 23 de novembro de 2015

Resultados Clube Deportivo 22-23 de novembro

Baloncesto
CategoríaEncontroDíaHoraPavillónResultados
BenxamínEPBazán-Rosales – Culleredo Burgo2116:00Agra II (pista 2)7-57
Alvín FemininoCulleredo – EPBazán-Rosales2110:00O Burgo53-2
Alevín MasculinoSta Mª del Mar – EPBazán-Rosales2109:30Agra II (pista 2)53-43
Infantil FemininoCD Los Rosales – Basquet Coruña Leyma 022210:00Labañou59-23
Infantil MasculinoSta Mª del Mar – CD Los Rosales2210:00Colegio Sta Mª del Mar41-69
Cadete FemininoCB Arteixo – CD Los Rosales2212:00Arteixo Pazo dos Deportes56-29
Cadete MasculinoCD Los Rosales – Maristas Coruña2212:00Los Rosales40-81
Fútbol Sala
CategoríaEncontroDíaHoraPavillónResultados
PrebenxamínEPBazán-Rosales – Anpa Mencer2220:00Labañou4-3
Benxamín “A”EPBazán-Rosales “A” – Hérucles F.S. “A”2112:00Calvo Sotelo1-17
Benxamín “B”Ex-Alcohólicos Morás “B” - EPBazán-Rosales “B”2216:00Los Rosales4-5
Alevín “A”Club del Mar “A” - EPBazán-Rosales”A”2220:00Club del Mar5-2
Alevín “B”EPBazán-Rosales”B” – Club del Mar “B”2219:00Club del Mar0-21
InfantilCD Los Rosales – O Tarreo2118:00Los Rosales5-5
Cadete “A”Maristas “A” - CD Los Rosales “A”2211:30Maristas2-5
Cadete “B”CD Los Rosales “B” – Liceo “A”2220:00Liceo la Paz1-2

martes, 17 de novembro de 2015

Aviso. Traslados entre actividades

Nos cambios de hora de actividades lémbrase aos pais e nais (ou acompañantes no seu caso dos nenos) que non está permitido permanecer no parque infantil do colexio azul, porque iso retrasa a apertura e peche de portas e non permite continuar co normal funcionamento da actividades extraescolares e do colexio.



venres, 13 de novembro de 2015

Domiciliación outubro 2015

Hoxe cargouse a domiciliación correspondente as actividades de outubro polo que se "formalizará" entre luns/martes da próxima semana

mércores, 11 de novembro de 2015

Subvencións. 2ª convocatoria de axudas para material escolar

Na seguinte ligazón podedes acceder a 2º convocatoria de axudas para comprar material escolar publicada no DOGA de onte (a 1ª publicouse o 1 de setembro):

http://www.xunta.es/dog/Publicados/2015/20151110/AnuncioG0164-041115-0002_gl.html

sábado, 7 de novembro de 2015

Fotos Magosto 2015

Onte, venres día 6, celebrouse o Magosto do colexio coa colaboración do ANPA. Aproveitamos todos un bo día sen choiva que permitiu que todo saíse perfectamente.



Temos que agradecer sobre todo a colaboración de 6 voluntarias (con "A" maiúscula porque non houbo ningún voluntariO...), a colaboración de directivos do Anpa e como sempre a implicación dos e das docentes e demais persoal do CEIP.

Ademais, contamos tamén coa axuda desinteresada dun membro do Consello Escolar e do Club Deportivo (Angel) que cedeu as grellas para facer as castañas. Por último, a empresa Jardanay tamén nos axudou asando as castañas para os nenos e nenas de Educación Infantil.

Deixámosvos dúas ligazóns con algunhas fotos do Magosto celebrado (do Anpa e da Dirección do Centro) :

https://goo.gl/photos/AzMf37wX6fsrLNCX8

http://www.edu.xunta.es/centros/ceipemiliapardobazancoruna/galeria/displayimage.php?album=101&pid=3804&slideshow=5000

LOPD: Todas as persoas que aparecen nas fotos deron a súa autorización para o uso da súa imaxe ou a dos seus fillos/as ao centro e ao Anpa. En caso de erro nalgunha das fotos mostradas, enviade un email a milnenos@gmail.com e eliminaremos inmediatamente dita foto do album.

martes, 3 de novembro de 2015

MAGOSTO 2015

O vindeiro venres celebrarase en Magosto no colexio.

Aqueles que poidades colaborar como voluntarios no Magosto, en particular para colaborar na preparación de castañas e actividades a partires das 9:30 hs, solicitámosvos que o confirmedes por mail a milnenos@gmail.com

Moitas grazas por adiantado,

luns, 2 de novembro de 2015

AMPLIAMOS PRAZO!!! PT e AL: Recollida de sinaturas

PARA FACILITAR A ENTREGA DE SINATURAS LOGO DA PONTE, AMPLIAMOS O PRAZO ATA O XOVES 5 DE NOVEMBRO (INCLUIDO) 

Estimad@s pais/nais,

O NOSO CENTRO E OS NOSOS  NEN@S PRECISAN MÁIS MESTRES DE APOIO!!!!!

Como moitos de vos xa sabedes, o noso colexio precisa máis persoal especializado para poder atender aos nen@s con necesidades educativas especiais.
Nestes momentos temos 63 alumnos con necesidades importantes e 30 que necesitan máis apoio.
Por todo isto, dende a ANPA solicitamos a vosa colaboración facendo un pequeno esforzo: ASINADE ESTA PETICIÓN e entregade as sinaturas que recollades no local do Anpa os próximos días:

-         Xoves 22/10/2015 de 9 a 10
-         Luns 26/10/2015 de 4 a 5
-         Xoves 29/10/2015 de 9 a 10

Ademais, membros da directiva do Anpa e todos aqueles que queiran colaborar como voluntarios solicitarán a vosa sinatura a entrada e saída do centro.


A nosa intención é entregar copia das sinaturas xunto co escrito coa reclamación oportuna na Inspección Educativa, e nas Administracións Públicas competentes (Xefatura Territorial da Consellería de Educación, Valedor do Pobo, etc)

Deixámosvos a ligazón ao documento de recollida de sinaturas:



venres, 30 de outubro de 2015

Cambio menú comedor día 3/11/2015

A empresa de comedor comunica que para o día 3 de Novembro de 2015 o menú viuse modificado, polo que os nenos/as comerán:

-          1º Prato: Sopa de espinacas
-          2º Prato: Milanesa de polo con patacas

-          Postre: Iogur

luns, 26 de outubro de 2015

Novas normas traslados (a partires do 3 de novembro)

Normas de entrada e saída de actividades extraescolares (A partir do  3/11/2015)

Aos efectos de atender as peticións dos usuarios de comedor e de actividades extraescolares, establécese un novo sistema de entradas/saídas e traslados de alumnado.

Actividades Extraescolares (Colexio azul)
Apertura/peche das portas
15:50-16:10
Cambio de actividade
16:50-17:10
Fin da actividade
17:50-18:10
Os/As monitores/as deberán estar presentes en cada actividade puntualmente
Os/As pais/nais entrarán/sairán todos pola porta situada na rúa Alfonso Rodríguez Castelao. Fóra dos horarios establecidos as portas permanecerán pechadas e o acceso ás instalacións deberá facerse pola porta principal de educación primaria avisando ao persoal de conserxería


Comedor Escolar (Novo aulario infantil)
Apertura/peche das portas turno (extra)
15:25-15:35
Apertura/peche das portas turno (normal)
15:45-16:15
Zona de saída do alumnado infantil
Porta principal aulario infantil
Zona de saída do alumnado de primaria
Patio cuberto de primaria
Os/As pais/nais entrarán/sairán todos pola porta situada na Travesía de Los Rosales (porta principal colexio).
O alumnado de primaria de comedor sairá pola porta traseira do patio cuberto de primaria que da ao SUM. Antes de comer, deixará alí as súas mochilas ben organizadas para recollelas á saída antes de abandonar o colexio
O alumnado de comedor que faga actividades será acompañado polos monitores de comedor ata o patio cuberto do colexio azul e de forma separada ata o pavillón de deportes para aqueles que asistan a actividades deportivas, onde fará o cambio de custodia aos respectivos monitores de actividades extraescolares e deportivas permenecendo co alumnado no caso de  ausencia/retraso dos monitores e avisando da situación ao ANPA

Por último, no cambio de horario das 17:00 horas, os monitores de actividades deportivas do pavillón (ximnasia, balonmán e clube deportivo) levarán aos nenos que asistan a actividades de 5 a 6 no colexio azul, atravesando as escalerias que dan acceso do pavillón á pista deportiva e directamente ao colexio azul, onde recollerán aos alumnos que dende o colexio azul se dirixan ao pavillón para actividades de 5 a 6


Por último, reiteramos que os nen@s que vaian directamente dende casa a actividades no pavillón ou saian de unha actividade no pavillón para casa non teñen que pasar polo interior das instalacións do CEIP



Seguir por correo electrónico