Achegamos a resolución das consellerías de Educación e Sanidade pola que se aproba o protocolo de adaptación ao contexto da COVID-19 para o curso 2020/2021.
Protocolo Consellerías (versión 22/07/2020)
Protocolo Consellerías (versión 14/07/2020)
Achegamos asimesmo a comunicación de CONFAPA-Galicia na que se expoñen as críticas ao mesmo.
Comunicado CONFAPA
Por parte do ANPA Milnenos, estamos a traballar, xunto coas empresas que xestionan cada servizo, no noso propio protocolo de cara ás actividades extraescolares, comedor e madrugadores, do cal seredes informados puntualmente.
Aproveitamos para pedir voluntarios que nos axuden tanto na revisión do protocolo coma nos intercambios de actividades para garantir o seu cumprimento. Se estades interesados en colaborar enviade un correo a milnenos@gmail.com e vos engadiremos ao grupo de traballo.
Moito ánimo a tod@s!
O vindeiro 26 de xullo faremos apertura de inscricións das actividades extraescolares. Coma sempre, a preinscrición será para familias socias e debe facerse a través da aplicación. Non esquezades marcar tamén o seguro e a declaración responsable. Atoparedes toda a información das AAEE ofertadas no noso blog e RRSS con anterioridade a abrir o prazo para poder organizarvos. Coma en anteriores anos, a renovación como familia socia será automática, excepto para o alumnado de sexto que xa promocionou. Neste caso non tedes que facer nada, darásevos de baixa de forma automática. Aquelas familias que, non sendo de 6º, non queiran seguir sendo socias da ANPA, deberán enviar un escrito a milnenos@gmail.com antes do 15 de agosto expresando este desexo. Por favor, revisade a información para asegurarvos de que todos os menores están rexistrados no curso que lles corresponde e os datos de contacto das familias están correctos. A alta en comedor, madrugadores e servizo de cambiadores, farase a tr