xoves, 31 de outubro de 2013

Comeza a liga de fútbol

A partir de esta semana comeza a liga de fútbol. Aquí está o calendario desta semana:

Fútbol – Sala
CategoríaEncontroDíaHoraPavillón
PrebenxamínAnpa Mencer - E.P.Bazán Rosales “A”316:00Cocheras
PrebenxamínE.P. Bazán Rosales “B” – Troula F.S.316:00Rosales
BenxamínE.P. Bazán Rosales “B” – Colegio Obradoiro317:00Rosales
BenxamínMarenostrum – E.P.Bazán Rosales “A”318:00Rosales
AlevínE.P. Bazán Rosales “A” – Anpa Cubela Victoria316:00Agra II
InfantilNoso Oleiros “A” - Los Rosales317:00As Moas

Lembrámosvos que, a parte da camiseta e o pantalón, xa proporcionados, @s nen@s terán que levar obligatoriamente medias negras, caneleiras e unha botella de auga. Terán que presentarse media hora antes da hora marcada para o inicio do partido. Prégase moita puntualidade. Por favor, avisade os adestradores se non van acudir ao partido. 

xoves, 24 de outubro de 2013

Seguimento da folga

Segundo os datos recollidos pola Dirección do colexio, o seguimento da folga de hoxe no noso centro foi do 64,60% do profesorado e o 81,20% do alumnado. 

mércores, 23 de outubro de 2013

Non recortes, non

Vídeo contra os recortes en educación creado por mestres e alumnos de primaria de Valderrobles (Teruel).



Folga 24 de outubro - Información do Colexio

Nesta ligazón podedes ver a información do colexio sobre a folga de mañá.

Actividades, Comedor e Madrugadores - 24 outubro

Ante a folga de mañá, funcionarán con normalidade tanto as actividades extraescolares como madrugadores e comedor. 

Haberá un intercambio entre o menú de comedor do xoves e o venres, de tal forma que quedará así:

-          Xoves:
o   Crema de verduras
o   Hamburguesa caseira con ensalada
o   Froita
-          Viernes
o   Feixóns con chourizo
o   Carne guisada con pasta
o   Iogur

Xustificación de ausencias do alumnado na folga do vindeiro 24 de outubro

Información da Federación Provincial de Anpas sobre a xustificación da ausencia dos alumnos na folga:

XUSTIFICACIÓN AUSENCIA ALUMNOS/AS NA FOLGA DO VINDEIRO DÍA 24 DE OUTUBRO.

Con relación á inasistencia a clase por parte do alumnado, o vindeiro día 24 de outubro, é de aplicación a Disposición final primeira da LOE, que no seu punto 5 modifica o artigo 8 da LODE e o deixa coa seguinte redacción, que está plenamente vixente:

"Co fin de estimular o exercicio efectivo da participación dos alumnos nos centros educativos e facilitar o seu dereito de reunión, os centros educativos establecerán, ao elaborar as súas normas de organización e funcionamento, as condicións nas que os seus alumnos poden exercer este dereito. Nos termos que establezan as Administracións educativas, as decisións colectivas que adopten os alumnos, a partir do terceiro curso da educación secundaria obrigatoria, con respecto á asistencia a clase non terán a consideración de faltas de conduta nin serán obxecto de sanción, cando teñan sido resultado do exercicio do dereito de reunión e sexan comunicadas previamente á dirección do centro. "

Para os alumnos de cursos inferiores ao terceiro da ESO será de aplicación a falta de asistencia e a necesidade de xustificala. Para xustificar as devanditas faltas serven os modelos adxuntos, que foron revisados por un asesor xurídico. O párrafo "a decisión familiar que pertenece..." deixa claro que é unha decisión da familia.

Saúdos
Xunta Directiva Federación Provincial

--------------------------------------------------------------------------------------------

XUSTIFICACIÓN DE AUSENCIA DE ALUMNADO AO CENTRO EDUCATIVO

D. /Dna. _______________________________________________________, pai/nai/titor-a do alumno/a
______________________________________________________ do grupo _____, comunico mediante o presente escrito que a ausencia do meu fillo-a/tutelado-a do pasado día ____ de ____________________ de ______, foi motivada por causas alleas á súa vontade, baseadas nunha decisión familiar que pertence ao ámbito privado e que, se fose necesario, será explicada ante as instancias oportunas que teñan
capacidade e dereito a coñecer esta.

Asinado en __________________ a ____ de ____________________ de ____

O/a pai/nai/titor-a


Asdo.: _________________
DNI: _________________

Á atención do Director/Directora do centro educativo
____________________________________________

Traslado do alumnado de educación infantil (Madrugadores e Comedor)

A coordinadora da empresa de comedor e madrugadores suxeriu que, en lugar de paraugas, @s nen@s traian ao colexio ponchos ou capas de auga para os traslados entre o edificio de infantil e o de primaria ás horas de Madrugadores e Comedor, xa que é máis cómodo e menos perigoso.

luns, 21 de outubro de 2013

Folga xeral no ensino e Venres verdes


Con motivo da folga xeral no ensino, esta semana abriremos o local o día 23 de 9 a 10 da mañá e e pecharemos o 24. Podedes recoller os vosos encargos de camisetas verdes ou de chándal. Ao final de novembro faremos un novo pedido de camisetas verdes. Animámosvos a unirvos aos venres verdes:



                                 

Chándal, fotos e videos



Xa chegou o novo pedido de chándales ao local da ANPA. Podedes pasar para recoller os vosos encargos de chándal ou para pedir novos.








Foto
Tamén queremos informarvos de que no local da ANPA temos imaxes e vídeos de varias actividades do curso pasado:
- Educación infantil 5 anos (María José, Vicky e Mar) do curso 2012-2013
- Vídeo da actuación da graduación de infantil 2013
- Vídeos da obra de teatro "O crebanoces"
- Fotos da graduación de 6º de Educación Primaria
- Fotos das actividades extraescolares...

Podedes pasar polo local da anpa cun pendrive para copiar as que vos interesen.







venres, 18 de outubro de 2013

mércores, 16 de outubro de 2013

Sobre a LOMCE

Comunicado da Plataforma en Defensa do Ensino Público, relacionado cos recortes e a LOMCE, a folga xeral no ensino do día 24 de outubro e as manifestacións organizadas na Provincia.







Neste enlace analízase a LOMCE que, como sabedes, xa pasou o trámite parlamentario: 

http://soypublica.wordpress.com/2013/10/09/la-lomce-se-radicaliza-en-el-tramite-parlamentario/

venres, 11 de outubro de 2013

Talleres gratuítos da Asociación Xuvenil de Cruz Vermella



Cruz Vermella Cruz Roja pon en marcha talleres gratuítos para os sábados pola mañá, de 10:30 a 13:30, para nenos e nenas nacidos entre 2003 e 2005. A partir do 19 de outubro.



xoves, 10 de outubro de 2013

sábado, 5 de outubro de 2013

Actividades extraescolares

Polo momento non quedan máis prazas disponibles para as actividades de Playing Xogos, Hockey e Ximnasia rítmica. Se queredes inscribir @s vos@s fill@s, avisádenos para facer unha lista de espera.

Podedes encargar no local da ANPA ou por mail os chándales para @s nen@s que participen nas actividades federadas.