Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Febreiro, 2023

ADMISIÓN ALUMNADO CURSO 2023/24

Empeza o proceso de admisión de alumnado para o vindeiro ano académico 2023-2024. Pódese consultar toda a información no seguinte documento: ADMISIÓN ALUMNADO CURSO 2023/24 Acceso web da Xunta

XORNADAS DE PORTAS ABERTAS

O vindeiro luns 6 de marzo faranse  as Xornadas  de Portas Abertas para o alumnado de nova incorporación en 4º de infantil en dúas quendas a primeira de 16:00 a 17:00 e a segunda de 17:00 a 18:00. Rogamos cheguen con algo de antelación á hora prevista de inicio, non é necesario pedir cita.

NACEMENTO ROSALÍA DE CASTRO

Mañá xoves día 23 de febreiro desde Jardanay van conmemorar o nacemento de Rosalía De Castro, unha muller referente para a nosa terra e a nosa literatura, con varias actividades. Por unha banda, únense á iniciativa “Caldo de Gloria”, posta en marcha pola Fundacion Rosalía de Castro, que promove que establecementos de restauración, xa sexan restaurantes ou comedores colectivos, homenaxeen á autora servindo o caldo galego que ela mesma describiu no seu poema “Miña casiña meu lar”, incluído no libro Follas Novas. Trátase dun poema precioso, no que unha muller de poucos recursos narra un momento difícil da súa vida diaria, cando chega a casa con fame e frío e, a pesar de que non ten case nada para comer e de non poder contar con axuda dos seus veciños, consegue prepararse un humilde caldo de gloria e un bolo de pote que lle reconforta enormemente. Con algo tan sinxelo, Rosalía consegue reflectir como só ela sabe a capacidade do ser humano de sobrevivir e de ser feliz sen ter demasiado, ta

FESTA DO ENTROIDO

Xa chega o entroido e ímos celebralo cunha gran FESTA! Día : Venres 17 de febreiro  Lugar: Pavillón dos Rosais Hora : 16:00 horas a 19:00 horas  A entrada será de 1€ por persoa adulta e de 0'50€ por cada cativa e cativo. (É obrigatorio que a cativada estea acompañada dunha persoa adulta. Unha persoa pode estar ao cargo de varios nenos e nenas). As entradas mercaranse directamente alí, no pavillón. Está totalmente prohibido comer e beber dentro do recinto. Serviremos chocolate e biscoito nunhas mesas que habilitaremos fora do pavillón. Non está permitida a entrada ao recinto sen calzado deportivo. O alumnado de sexto terá un posto con cousiñas para vender e recadar fondos para a súa excursión de fin de curso, polo cal animamos a todas as familias a colaborar. Por mor da festa de entroido do vindeiro día 17 de febreiro, cancélanse as actividades extraescolares previstas ese día no pavillón.  Se algunha familia precisa por conciliación que nos fagamos cargo das súas crianzas, serán a